Identifying Data 2021/22
Subject (*) Chiropody 1 Code 750G02125
Study programme
Grao en Podoloxía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Second Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias da Saúde
Coordinador
Janeiro Arocas, Julia Maria
E-mail
julia.janeiro@udc.es
Lecturers
Janeiro Arocas, Julia Maria
E-mail
julia.janeiro@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
General description A materia de Quiropodología I forma parte do plan de estudos do título de Grao en Podoloxía como materia obrigatoria. Impártese no primeriro cuadrimestre e consta de 6 créditos (4 Cr. teóricos e 2 Cr. prácticos).
Proporciona ao alumnado coñecementos sobre: Técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento das feridas, úlceras e procesos infecciosos que afectan ao pé. Mecanismos de reparación e cicatrización. Apósitos e vendaxes. Técnicas e tratamentos quiropodológicos e de administración de fármacos. Características do servizo de Quiropodoloxía: Aparataxe e Instrumental. Protocolo de traballo no servizo de Quiropodoloxía Diagnóstico e tratamento dos procesos vasculares e neurolóxicos periféricos susceptibles de tratamento quiropodológico. Métodos de reanimación cardiopulmonar e resucitación en casos de emerxencia. Lesións térmicas: complicacións secundarías a tratamentos quiropodolóxicos.
Contingency plan 1.Modificacións nos contidos, Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías. Metodoloxías docentes que se manteñen: Proba mixta presencial, traballos tutelados. Metodoloxías docentes que se modifican atendendo no seu momento ás directrices sanitarias derivadas da situación covid-19 e segundo normativa da Facultade ( https:// udc.es/é/ fep/coronavirus/.)e a UDC: Sesión maxistral, Seminarios, presentación e exposición de traballos tutelados, para estas actividades o alumno ou parte do grupo de alumnos que en caso de motivos de corentena ou confinamento, non poidan acudir á sesión presencial terá que acreditalo adecuadamente e comunicalo por correo electrónico ao profesorado; neste caso e si as circunstancias son adecuadas , permitirase a súa participación en directo por Teams . Nestas mesmas circunstancias( corentena ou confinamento), previa acreditación xustificada e notificación ao profesorado, permitirase ao alumno recuperar a práctica mediante o cambio excepcional de grupo de prácticas, sempre que isto sexa factible tendo en conta o tipo e operatividade da práctica, atendendo ao nº de alumnos, dispoñibilidade de aparataxe utilizado, instrumental e material necesarios para a realización de dita práctica; en caso de confinamento total substituiranse por sesións en teams e análises de vídeos . 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Realizarase a través dos medios telemáticos institucionais da UDC. 4. Modificacións na avaliación: * Observacións de avaliación: Proba mixta, no caso de que se dean as circunstancias de apartados anteriores (corentena ou confinamento) previa comunicación e acreditación xustificada ao profesorado e sempre en modalidade presencial permitirase realizar unha proba mixta atendendo á normativa da UDC, antes da data de peche de actas. En caso de confinamento total a realización da proba mixta, clase maxistral, prácticas, seminarios, presentación e exposición de traballos realizarase vía telemática mantendo as porcentaxes. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha.


Study programme competencies
Code Study programme competences
A113 CE49 -Coñecer, diagnosticar e tratar as dermatopatías e queratopatías, o tratamento dos helomas e das súas causas. *Onicoloxía, patoloxía e tratamento conservador do aparello ungueal
A114 CE50 -Coñecer e utilizar as técnicas e tratamentos quiropodolóxicos e de administración de fármacos
A115 CE51 - Coñecer e aplicar as técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento das feridas, úlceras e procesos infecciosos que afectan ao pé. Coñecer os mecanismos de reparación e cicatrización
A117 CE53 - Coñecer e empregar o instrumental de Quiropodoloxía e cirurxía podolóxica, as técnicas e procedementos en prevención da infección: métodos de limpeza, desinfección, esterilización e os seus controis
A118 CE54 - Coñecer e empregar os métodos da toma de mostras para cultivos a súa derivación e interpretación
A119 CE55 - Coñecer, diagnosticar e tratar os procesos vasculares e neurolóxicos periféricos que afectan ao pé e susceptibles de tratamento quiropodolóxico
A120 CE56 - - Coñecer e aplicar os métodos de estudo, probas complementarias e valoración do paciente candidato a tratamento quiropodolóxico
A121 CE57 -Coñecer e aplicar os protocolos diagnósticos e de catalogación de risco cirúrxico
A123 CE59 - Coñecer e empregar a historia clínica, valorar e aplicar o protocolo preoperatorio e o consentimento informado
A124 CE60 - Coñecer e aplicar a Farmacoloxía especifica de uso podolóxico e a farmacoloxía pre e post cirúrxica
A128 CE64 -Coñecer e aplicar de métodos de reanimación cardiopulmonar e resucitación en casos de emerxencia
B24 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B25 CB3 -- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B26 CB4 -Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B29 CG02 - Coñecer a estrutura e función do corpo humano en especial da extremidade inferior, semioloxía, mecanismos, causas e manifestacións xerais da enfermidade e métodos de diagnóstico dos procesos patolóxicos médicos e cirúrxicos, interrelacionando a patoloxía xeral coa patoloxía do pé.
B30 CG03 - Obter a capacidade, habilidade e destreza necesarias para diagnosticar, prescribir, indicar, realizar e/ou elaborar e avaliar calquera tipo de tratamento podolóxico, ortopodolóxico, quiropodolóxico, cirurxía podolóxica, físico, farmacolóxico, preventivo e/ ou educativo, baseado na Historia clínica
B34 CG07 - Coñecer, deseñar e aplicar programas preventivos relacionados coa podoloxía e o fomento da atención podolóxica na poboación
C9 CT01 - - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C11 CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C14 CT06 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables
C16 CT08 - V- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C17 CT09 -Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer o concepto e ámbito de aplicación da Quiropodología e empregar as técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento das feridas, úlceras, queimaduras, reaccións cutáneas ao frío e procesos infecciosos que afectan ao pé, así como os mecanismos de reparación e cicatrización tisular. A115
A117
A118
A119
A120
A121
A123
B24
B25
B29
B30
B34
C9
C11
C14
C16
Coñecer e utilizar as técnicas e tratamentos quiropodolóxicos e de administración de fármacos. A114
A124
B26
B29
C11
C14
C16
C17
Coñecer e empregar o instrumental en quiropodología e a toma de mostras para cultivos. A117
A118
B24
B29
B30
B34
C9
C11
C14
C16
C17
Coñece, diagnostica e trata as dermatopatías bacterianas e os procesos vasculares e neurolóxicos periféricos que afectan ao pé e susceptibles de tratamento quiropodológico. A113
A114
A115
A118
A119
A120
A121
A123
B24
B25
B29
B30
B34
C9
C11
C14
C16
C17
Coñece e aplica os métodos de reanimación cardiopulmonar e resucitación en casos de emerxencia. A123
A128
C9
C11
C16
C17

Contents
Topic Sub-topic
UNIDADE DIDACTICA I Introdución á materia.
- Partes de que consta a materia
· Módulo teórico
· Módulo práctico
- Avaliación
- Bibliografía recomendada
UNIDADE DIDÁCTICA 2 Tema 1: Concepto de Quiropodoloxia. Historia e evolución da quiropodoloxía.
UNIDADE DIDÁCTICA 3 Tema 2: Organización e acreditación dunha consulta de Quiropodoloxía. Aparataxe. Instrumental.
UNIDADE DIDÁCTICA 4 Tema 3: Probas diagnósticas, constantes vitais e Hª Clínica.
UNIDADE DIDÁCTICA 5 Tema 4: Vendaxes. Concepto, clasificación e utilización.
Tema 5: Feridas e curas en quiropodoloxia, concepto, tipos e tratamento. Hemorraxia e Hemostasia.
Tema 6: Reaccións cutaneas ao frito: Perniosis; Conxelación; Pé de Trincheira. Concepto; Tipos e
tratamento.
Tema 7: Estudo das Queimaduras: Concepto; Etiología; Clasificación; Tratamento. Tratamento avanzado.
UNIDADE DIDÁCTICA 6 Tema 8: Recordo Anatomo-fisiológico da pel e os seus anexos.
Tema 9: Estrutura da pel. Funcións. Tipos de pel. Modificacións biolóxicas.
Tema 10: Pel senil. Efectos do sol e os raios UV sobre a pel. Pel do neno e da embarazada.
UNIDADE DIDÁCTICA 7 Tema11: Ulceras e Mal Perforante Plantar. Concepto; Etioloxía; Clasificación; Características;
Tratamento. Técnicas de terapia avanzada.
Tema12: Dermatopatias bacterianas. Concepto; Clínica, Evolución, Tratamento do : Absceso.
Furúnculo. Foliculitis. Antrax. Panadizo. Impétigo. Erisipela. Flemón., Fascite necrotizante.
Linfanxite. Adenite. Celulite. Gangrena.
UNIDADE DIDÁCTICA 8 Tema 13: Procesos vasculares e neurolóxicos periféricos que afectan ao pé.
Tema 14: Situacións especiais na clínica de quiropodoloxía. Soporte vital básico.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A113 A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 B25 B26 B29 B30 B34 C9 C11 C14 C16 C17 21 29 50
Seminar A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 C9 C11 C16 C17 7 7 14
Laboratory practice A113 A114 A115 A117 A118 A123 A124 A128 B24 B26 C9 C14 C16 C17 18 18 36
Supervised projects A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 B26 B29 B34 C9 C11 C16 C17 0 26 26
Mixed objective/subjective test A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 B26 B29 B30 B34 C9 C11 C14 C16 C17 2 20 22
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech As sesións maxistrais consisten en clases expositivas-participativas dos contidos básicos da materia, con apoio de imaxes, graficas, esquemas, etc. As sesións maxistrais centraranse nos contidos principais do temario
Facilitarase a o alumnado o temario cos contidos teóricos básicos da materia (sesión maxistral,seminarios e prácticas)
Todo o material estará accesible o alumnado na plataforma Moodle
https:// campusvirtual. udc.es/ moodle/.

Seminar Nos seminarios abordaranse temas específicos das unidades didácticas do temario da materia, sobre os cales se desenvolverán actividades en grupo.

Laboratory practice A asistencia á totalidade das prácticas é obrigatoria e ás mesmas cada alumno/a deberá ir provisto de EPIS: máscara, lentes de protección, bata. Así mismo deberá portar un cuaderno, bolígrafo y tesoiras multiusos de uso individual.
Nas prácticas, cada alumno/a debe ser capaz de alcanzar os seguintes obxectivos:
· Coñecer o instrumental, aparataxe e mobiliario necesarios para a práctica da quiropodoloxía.
. Adestrarse no funcionamento, utilización e manexo do instrumental e aparataje.
· Confeccionar unha historia clínica quiropodolóxica.
· Coñecer e realizar distintos tipos de vendaxes e curas de feridas, úlceras e lesions térmicas.
· Realizar técnicas de quiropodia.
· Realizar técnicas de exploración e diagnóstico quiropodolóxico.
· Aplicar métodos de reanimación e resucitación cardiopulmonar.
· Realizar técnicas de tratamentos quiropodolóxicos e de administración de fármacos.
Ao finalizar todas as prácticas cada alumno/a deberá entregar unha memoria de prácticas no prazo fixado ao comezo da materia.
Ao finalizar todas as prácticas cada alumno/a deberá entregar unha memoria de prácticas seguindo unas directrices determinadas marcadas o inicio da materia e nun prazo de entrega fixado o comenzó do curso.
Supervised projects Realizarase un traballo en grupo dun tema relacionado coa materia cuxos requisitos e prazo de entrega comunicaranse ao comezo da docencia da materia.
Mixed objective/subjective test Exame de preguntas test relacionadas cos contidos da materia tanto das sesións maxistrais como dos seminarios, prácticas de laboratorio e traballos. O día do exame facilitarase información sobre a puntuación das preguntas.

Personalized attention
Methodologies
Guest lecture / keynote speech
Seminar
Mixed objective/subjective test
Supervised projects
Laboratory practice
Description
A atención personalizada desenvolverse de maneira programada mediante acordo previo entre o alumnado e a profesora nun horario planificado de atención o alumnado, ou de forma virtual por correo electrónico, teléfono ou Teams.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Seminar A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 C9 C11 C16 C17 A avaliación dos seminarios realizarase en función da presencialidade e da participación de cada alumno/a nas actividades realizadas nos mesmos. 8
Mixed objective/subjective test A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 B26 B29 B30 B34 C9 C11 C14 C16 C17 Exame de preguntas test relacionadas cos contidos da materia tanto das sesións maxistrais como dos seminarios, prácticas de laboratorio e traballos tutelados. O día do exame facilitarase información sobre a puntuación das preguntas.
Para superar a proba será necesario obter o 60% de respostas correctas do test. Cada 3 respostas incorrectas da próba test, restan 1 resposta correcta.

Queda terminantemente prohibido acudir ao exame con calquera tipo de dispositivo electrónico (incluíndo teléfono, computador, calculadora, tablet, auriculares, gravadora, reloxo). Durante o exame todo o alumnado deberá de manter o pelo recolleito cos pavillóns auditivos visibles.
60
Supervised projects A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 B26 B29 B34 C9 C11 C16 C17 Os traballos faranse seguindo as directices propocionadas pola profesora. Avaliarase o contido, metodoloxía e bibliografía consultada do traballo realizado.
Cada grupo de alumns realizará unha presentación e exposición do seu traballo. A asistencia e presentación dos traballos e obligatoria.Os traballos, a súa presentación e defensa serán avaliados mediante rúbrica polo resto de grupos e a profesora. A profesora proporcionará ao alumnado a rúbrica de avaliación. O alumnado fará unha acta de traballo, nela contemplarase a participación do alumnado, a asignación de tarefas, desenvolvemento, planificación dos traballos tutelados e cronograma de reunións de traballo.
E obligatorio asistir a presentación e defensa do traballo.
15
Laboratory practice A113 A114 A115 A117 A118 A123 A124 A128 B24 B26 C9 C14 C16 C17 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia. A avaliación das prácticas realizarase a través da avaliación continuada dos coñecementos, habilidades e destrezas demostrados nas prácticas e a elaboración e entrega dunha memoria final de prácticas e acta. 17
 
Assessment comments

Para superar a materia é  necesario realizar e superar a totalidade das prácticas de laboratorio así como  superar a proba mixta (nota que supón o  60 % da nota total da materia onde será preciso acadar un resultado igual ou superior ó 60% de respotas correctas do test). Unha vez superadas as prácticas e a proba mixta, para superar a materia será necesario obtener unha nota media total igual ou superior ó 50% (nota numérica de  de 5 sobre 10) da cualificación total da materia, nota  que incluirá a avaliación das metodoloxias  da  proba mixta, prácticas de laboratorio, seminarios e traballos tutelados. 

No  caso de non superar a proba mixta (resultado que supón obter menos do 60% das respostas correctas do test, sobre o 60% da nota global da materia), non se poderán sumar a esta nota, a nota resultante do resto de metodoloxías avaliadas  (prácticas de laboratorio, seminarios e traballos tutelados), mentres non se supere esta proba mixta. A nota resultante do resto de metodoloxías avaliadas supón o 40% da nota total da cualificación da materia, polo tanto a materia non se pode considerar superada. 

Para que as actividades propostas de cada metodoloxía poidan ser avaliadas o alumnado entregará estas actividades propostas en tempo e forma.

Os coñecementos a avaliar incluen os contidos tratados nas clases maxistrales, nos seminarios, nas prácticas de laboratorio, nos traballos tutelados, así como o material de traballo e as diapositivas que a profesora entrega o alumnado  e que está colgado nas plataformas telemáticas dispoñibles para a materia, e ademáis os contidos da bibliografía recomendada. Aconsellase o alumnado completar toda a información proporcionada anteriormente consultando as fontes de información para a materia. 

No caso de non presentarse ou non superar a proba mixta na primeira oportunidade, e ter superadas as prácticas, as cualificacións das prácticas, seminarios e traballos tutelados (que supoñen o 40% da nota total da materia), gardarase, e esta cualificación computarán na segunda oportunidade, sempre que nesta segunda oportunidade  se supere  a proba mixta (que supon o 60% da nota total da materia, onde será preciso acadar un resultado igual ou superior o 60% de respostas correctas do test).     

Matricula
de honra. 
As
condicións para a obtención dunha matricula de honra son: que o alumno obteña unha
nota igual ou superior a 9,5  da
cualificación numérica da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade
avaliada e a súa evolución curricular fose significativa.

Non
presentado
. O  alumnado que non realice o 100% das prácticas de laboratorio, será avaliado  como “Non Presentado”, independientemente da
sua participación noutras actividades incluindo a proba mixta.

2ª Oprtunidade: O alumnado que se presente a 2ª oportunidade, previa realización e superación das prácticas de laboratorio, e outras actividades (seminarios, traballos tutelados), aplicaraselle os mesmos criterios e porcentaxes  que na primeira oportunidade. Para que estas porcentaxes computen na nota final da materia, terá que superar a proba mixta acadando unha puntuación do 60% das respostas correctas  do examen test. 

 O alumnado que  non realizou e superou as prácticas de
laboratorio, para superar a materia  terá que realizar obligatoriamente e
superar estas prácticas no seguinte curso académico,
tendo en conta que
pode volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só as partes que non
realizou e as que non superou con apto, ademáis de ter que facer a proba mixta. 

Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e teñan superadas as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de apto, e o resto de actividades, gardaraselle as notas das partes superadas, e neste caso terá que facer a proba mixta, unha vez superada computará co resto de das cualificacións superadas.  Para superar a materia o estudante deberá realizar e superar as prácticas de laboratorio e a proba mixta.

Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado e todos os demáis é obrigatorio asistir o 100% da realización das prácticas de laboratorio. Este alumno/a debe ter en conta  que na sua condición  a presencialidade  e participación  nas diferentes actividades da materia e opcional,  non obstante a cualificación dos seminarios e traballos tutelados pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o alumno/a realizará de forma individual e autónoma, previo acordo coa profesora ó inicio do curso. Para poder ser avaliado o alumnado terá que entregar as actividades propostas para cada metodoloxía en tempo e forma. Neste caso o alumnado, pode  acollerse a modalidade de avaliación ordinaria, ou a de aplicación dos seguintes porcentaxes: Proba mixta computará na avaliación o 75%, prácticas de laboratorio o 15%, e  traballo tutelado o 10%. 

Dispensa académica: No caso do alumnado con condición de dispensa a asistencia ós seminarios sustituiranse pola realización de un traballo sobre un tema relacionado coa materia de Quiropodoloxía I, acordado e planificado coa profesora ó inicio do curso. Para este alumnado,  igual que todos os demáis é obrigatorio asistir o 100% da realización das prácticas de laboratorio. As porcentaxes aplicadas na avaliación serán as seguintes: A proba mixta computará o 75%, a realización das prácticas de laboratorio un 15% e o traballo tutelado o 10%. Para poder ser avaliadas o alumnado terá  que entregar as actividades propostas para cada metodoloxía en tempo e forma.

Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación : Aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos, concédaselle e teñan superadas as prácticas, poderán presentarse a proba mixta. Neste caso os criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto de alumnos. 

Plaxio: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con un suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuizo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.


Sources of information
Basic
  • HILL, MARCIA J.: Trastornos cutáneos. Mosby/Doyma UMBERT, P. Y SÁNCHEZ-REGOÑA.,
  •  M. Manual de dermatología práctica. J.R. Prous Editores (1995).MIX, 
  • GODFREY: Podología. Cuidados del pié. Paraninfo/Thomson Learning.(2001).Nuñez Samper M, Llanos Alcázar. 
  • Biomecanica, Medicina y Cirugía del Pie. Masson: Barcelona, 2000.
  • Zalacain A,Ogalla JM,Garcia-palos. Atlas y sinopsis de enfermedades cutaneas del pie. Edikamed 2008.
  • Toni Bove. El vendaje funcional. Elservier: 2007
  • Aragón/Lázaro. Atlas del manejo práctico del pie diabético. Masson 2004.
  • Arcia, A.L./ Fernandez, J.I./ Rodriguez, R. El pie diabético. Ed. Elsevier-Masson: 2004.
  • Aragón Sánchez/Ortiz. El pie diabético. Masson: 2001.
  • Comisión de Formación del Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos. Guia Práctica de protocolos quirúrgicos en Podología. Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos: 2009.
  • Comisión de Formación del Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos. Guía de protocolo del píe diabético. Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogo. 2011
  • Nuñez Samper M, Llanos Alcázar. Habilidades clínicas para el tratamiento del pie. Elsevier: 2007.
  •  Turner, W.A., Merriman, L.M. Técnicas Quirúrgicas en Cirugía del Pie. Masson, Barcelona, 2004
  • Gómez Ortiz, Santiago. Gómez Facundo, Santiago. " Guia farmacológica de utilización en podología 2010 ". Badalona Nexus Médica 2010
  • Moreno González, A. y cols. Guía farmacológica en Podología. ED Federación Española de Podólogos. Madrid: 1999.
  • Jimenez L. Medicina de urgencias y emergencias: guía diagnóstica y protocolos de actuación. Barcelona: Elsevier, 2009.
  • Moya M. Guía rápida de actuación en urgencias. Madrid: ed Médica Panamericana 2008.
  • Castillo M. D, León M.T. Signos y síntomas en urgencias y emergencias. Alcalá la Real (Jaen) 2009.
  • Prieto, J. Maestre Vera, Juan Ramón. Manual de infecciones en el pie. Madrid: Mileto DL 2003.
Complementary
- ROMO SANZ, Mª ISABEL: Tratamiento progresivo de las heridas en medio ambiente húmedo. Gráficas Cervantes S.A. (1999). - CORDERO, CABREROS, ALLEVATO Y DOMOTTI: Manifestaciones cutáneas de las enfermedades sistémicas. Panamericana (1997). - FORBES, JACKSON, HARCOURT, BRACE: Atlas de Medicina Interna. 2ª Edición.(1997). - GOLDCHER, A.: Podología. Masson S.A.(1992). - FITZPATRICK, JOHNSON, WOLFF, POLONA: Atlas de Dermatología Clínica. 3ª edición. Sursmond (1997) - KLEIN, A.R. (ED.): Enfermería de Urgencias. 4ª Edición. Vol. I, II y IV. McGraw-Hill/Interamericana (1996) - GOLDCHER, A.: Podología.. Masson S.A. (1992) REVISTAS CIENTIFICAS RECOMENDADAS. - Revista Española de Podología. Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos de España. - El Peu. Colegio oficial de Podólogos de Cataluña. - Revista Internacional de Ciencias Podológicas  - Podología Clínica - British Journal of Podiatrie Medicine, Surgery. - The Chiropodest. The Journal of British Podiatric Medicine

Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
General Human Anatomy /750G02001
Specific Anatomy of the Lower Limb/750G02104
Microbiology and Parasitology/750G02107
General Concepts of Surgery/750G02127

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
General Pathology Applied in Podiatry/750G02102
Pharmacology/750G02109

Subjects that continue the syllabus
Final Dissertation/750G02133
Practicum II/750G02135
Practicum III/750G02136
Dermatology/750G02124
Practicum I/750G02134
Preventive Podiatry/750G02114
Chiropody 2/750G02126
Pharmacological Therapy/750G02122
Podiatric Surgery 1/750G02128
Diabetic Foot/750G02131

Other comments

Adaptación de presencialidad á situación epidemiolóxica ao longo do curso. En todas as actividades que se fagan será obrigatoria a utilización de máscaras e o lugar estará provisto de ventilación, a localización e asentos estarán preasignados. Non está permitido o consumo de alimentos e bebidas, asegurarase que se cumpran as medidas de prevención e hixiene do centro establecidas e publicadas en : https: udc.es/es/ fep/coronavirus/. Cando o grupo de docencia maxistral supere as indicacións de aforo da aula, estableceranse grupos rotatorios de docencia híbrida, deste xeito os estudantes que non poidan estar na aula poderán seguir a docencia de forma telemática esa semana, á seguinte xa volven á forma presencial, segunda planificación establecida.

Gravación e fotografía. Non se poderán gravar nin fotografar, nin as clases, seminarios, talleres, exposición de traballos nin prácticas de laboratorio salvo naqueles casos excepcionais nos que a docente outorgue a a súa autorización expresa e as persoas interesadas dean o seu consentimento.

 IMPORTANTE PRÁCTICAS DE LABORATORIO Para a realizarción das prácticas de laboratorio é un requisito imprescindible acudir ás mesmas provistos de bata branca, lentes de protección, máscara, bolígrafo, caderno e tesoiras multiusos. Na primeira clase do curso, estableceranse os grupos de prácticas para configurar o cronograma e a relación de materiais necesarios para estas prácticas de laboratorio, polo que é básico asistir a esa primeira clase da materia.

 Para un mellor aproveitamento das prácticas é recomendable que o alumno/a dispoña do seguinte instrumental: Mango de bisturí do nº 3 e follas de bisturí do nº 15, pinzas de disección s/d, mosquito s/d e porta-agullas.

 Obxectivos de desenvolvemento sostible: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sostible ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol".

 • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase e entregaranse en formato dixital, sen impresión nin emprego de plásticos. No caso de ser necesario a utilización de papel a impresión será a dobre cara, empregando papel reciclado e evitando a impresión de borradores.

 • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural teniendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

• Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

• Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalo fomentando valores de respecto e igualdade. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.

Plaxio: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel que se obtén a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese dar lugar tras o correspondente procedemento.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.