Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos. |
A4 |
Obter, manexar, conservar e observar especímenes. |
A5 |
Analizar e caracterizar mostras de orixe humana. |
A11 |
Identificar e analizar material de orixe biolóxica e as súas anomalías. |
A29 |
Impartir coñecementos de Bioloxía. |
A30 |
Manexar adecuadamente instrumentación científica. |
A31 |
Desenvolverse con seguridade nun laboratorio. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B6 |
Organizar e planificar o traballo. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo. |
B8 |
Sintetizar a información. |
B11 |
Debater en público. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
-Coñezan e manexen as fontes de información dispoñibles (bibliografía básica e complementaria), as metodoloxías propias da materia e adquiran a capacidade de emprego dalgunhas ferramentas informáticas básicas para a procura de información e de imaxes en internet, co fin de preparar diversos aspectos da materia.
|
A1 A4 A30 A31
|
B1 B3 B4 B6 B8
|
|
-Adquirisen a suficiente capacidade de síntese para poder analizar a relación entre a estrutura e a función dun organo, desde unha perspectiva integradora dos coñecementos adquiridos. Tamén, para recoñecer a influencia do ambente nas adaptacións estructurais que sofren os vexetais e animais a o medio, e poidan aplicar os coñecementos teóricos adquiridos á práctica experimental. |
A1 A5 A11
|
B1 B3 B6 B8
|
|
-Ao final do curso espérase que os alumnos coñezan a estrutura anatómica básica dos distintos órganos de vexetais e animais superiores e recoñezan a importancia dos niveis de organización na súa constitución
|
A1 A5 A11 A29
|
B1 B3 B4 B8
|
|
- Identifiquen, diferencien e describan, empregando a terminoloxía propia da materia, os compoñentes e a estrutura dos órganos, aparatos e sistemas do corpo dos vexetais e animais superiores, utilizando para elo a observación microscópica.
- Desenvolvan unha capacidade de analise e interpretación das imaxenes observadas nas clases prácticas en preparacións microscópicas de organos, e das imaxes obtidas en distintas páxinas web de Internet e traballadas nas sesions de grupos reducidos.
|
A1 A5 A11 A30 A31
|
B1 B3 B4 B6 B7 B8 B11
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Temario de teoría (Parte de organografía microscópica vexetal)
|
Temario de teoría (Parte de organografía microscópica vexetal)
|
Tema 1.- A raíz: Xeneralidades. Histoxénesis. |
- Estrutura primaria: organización interna da raíz. Orixe e desenvolvemento das raíces laterais.
- Estrutura secundaria. Crecemento secundario anómalo.
|
Tema 2.- O tallo: Caracteres xerais. Orixe. |
- Estrutura primaria: Organización interna do talo en angiospermas e gimnospermas. Diferenciación e distribución do sistema vascular.
- Estrutura secundaria típica (dicot-e gimnospermas). Crecemento secundario en monocotiledóneas. Crecemento secundario anómalo |
Tema 3.- A folla: Xeneralidades. Orixe e desenvolvemento da folla vexetativa.
|
- Organización das follas de angiospermas e gimnospermas: Epidermis, mesófilo e sistema vascular. Estrutura do pecíolo. Abscisión foliar.
-Adaptacións estruturais das follas ao medio ambiente. |
Tema 4.- A flor. Organización xeral. Orixe. Estrutura histolóxica: sépalos e pétalos. Vascularización.
|
-Flor masculina. Estrutura e histoloxía do androceo. Microsporoxénese en anxiospermas. Tubo polínico
- Flor feminina. Estrutura e histoloxía do xineceo. Placentación. Macrosporoxénese. Fecundación
|
Temario de teoría (Parte de organografía microscópica animal) |
Temario de teoría (Parte de organografía microscópica animal) |
Tema 5.- Tegumento de mamíferos (pel). Caracteres es- tructurais. Epidermis. Dermis. Hipodermis. Irrigación. Inervación.
|
- Anexos cutáneos: Glándulas dsebáceas e sudoríparas da pel. Formacións cutáneas de revestimento: estructura de los pelos e uñas. |
Tema 6.- Aparello dixestivo de mamíferos. Xeneralidades e organización do tubo dixestivo.
|
- Parte I. Cavidade bucal: Beizos, padal, lingua. Farínxe. Organización histolóxica da parede do tubo dixestivo. Esófago. Estómago: estructura y tipos celulares das glándulas gástricas (cardiales, fúndicas e pilóricas)
- Parte II. Intestino delgado: Organización xeral. El epitelio intestinal: caracteres de sus tipos celulares. Estructura das vellosidades e criptas. Especializacións rexionais (duodeno, yeyuno e ileon). O intestino groso (apéndice, colon, recto e ano): Organización histolóxica. |
Tema 7.-. Aparello respiratorio de mamíferos. Organización anatómica.
|
- ParteI. Estrutura das vías aéreas condutoras superiores: Fosas nasais, senos paranasais, nasofaringe, laringe, traquea e árbore bronquial (até bronquíolos terminais).
- Parte II. Estrutura microscópica da porción respiratoria dos pulmóns: bronquíolos respiratorios, condutos alveo- lares, sacos alveolares e alvéolos. Tabique alveolar e o complexo alvéolo-capilar. Pulmón: irrigación e inervación. |
Tema 8.- Aparello excretor de mamíferos. Organización anatómica do ril. Estrutura da nefrona: partes e constitución histolóxica.
|
- Parte I. O corpúsculo renal e a barreira de filtración. O sistema tubular: Túbulo proximal. Asa de Henle. Túbulo distal. Caracteres estructurais do Complexo yuxtaglomerular. O mesanxio.
- Parte II. Intersticio renal. Túbulos e condutos colectores. Vías urinarias: Organizacióm microscópica da pelvis renal, uréter, vejiga urinaria e uretra. Inervación e irrigación |
Tema 9.-. Aparello reprodutor masculino de mamíferos. Histoloxía do testículo: Estructura microscópica dos túbulos seminíferos e do tecido intersticial .
|
- Parte I. Os condutos excretores xenitais: estrutura dos túbulos rectos, rede testicular, conductillos eferentes, epididimo, conduto deferente, conduto eyaculador.
- Parte II. Glándulas sexuais accesorias: Estrutura das vesículas seminales, próstata, e glándulas bulbouretrales. Organización histolóxica do pene e tecido eréctil |
Tema 10.- Aparello reprodutor feminino de mamíferos. Estrutura microscópica do ovario. Desenvolvemento dos folículos ováricos, corpo lúteo, corpo blanco e tecido intersticial
|
- Parte I. Os condutos xenitais: estrutura das trompas uterinas, útero e vagina. Cambios cíclicos na mucosa uterina
- ParteII. Os órganos xenitais externos (vestíbulo, clítoris e vulva). |
Tema 11.- O sistema nervioso central.
|
- Parte I. Histoxénesis e organización xeral do sistema
nervioso central de vertebrados. Placas alar e basal. Sustancia gris e branca. As vesículas e ventrículos encefálicos. Meninxes. Estructura microscópica dos plexos coroideos. O liquido cefalorraquídeo.
- Parte II. Estudo da cortiza cerebelosa e da médula espinal.
|
Tema 12.- O sistema endocrino de mamíferos. Introdución.
|
- Parte I.Glándulas endocrinas. Hipófise: Histoxénesis. organización e tipos celulares da adenohipófisis). Estructura da neurohipofise (sistemas neurosecreto- res). Glándula pineal (Histoxénesis, organización).
- Parte II. Glándulas suprarrenais (histoxénesis, orga- nización estructural de la corteza y médula). Glándulas tiroides y paratiroides. |
Temario de clases prácticas
|
- Observación e identificación de tecidos e órganos vexetais en preparacións microscópicas de raíces, talos, follas e flores. Interpretación de micrografías e esquemas
- Observación, identificación e interpretación de diferentes órganos animais en preparacións microscópicas e micrografías |
Prácticas de Organografía Microscópica Vexetal:
|
- A raíz. Estudo das adaptacions das raíces ao medio no que viven: raíz de plantas hidrófitas (Elodea) e de plantas epífitas (orquídea). Estudo da raíz secundaria de ximnospermas (piñeiro).
- Estudo da estrutura secundaria do talo: Observacion da sección transversal dun talo secundario de vide. Sección transversal de talo secundario de cucurbita.
-A folla. Estudo das adaptacións foliares en seccions transversais de follas de plantas hidrófitas, mesófitas e xerófitas. Follas de plantas C3 e C4.
|
Prácticas de Organgrafía Microscópica Animal: |
- Estudo do Sistema Nervioso Central: Estructura en corteza neural do Cerebelo.
- O sistema endocrino: Estudo da Hipófisis. Glandulas suprarrenais. A glandula tiroides.
- Aparello Dixestivo: Observación da parede do estómago a nivel do fundus. Estudo das especializacións da parede do Intestino delgado (duodeno, yeyuno e ileon). O Intestino groso (colon).
- Aparello Excretor: Estudo do ril (Estructura microscópica da corteza e medula renal).
- Aparello Reprodutor Masculino: Observacion da estrutura dos túbulos seminíferos para o estudo do epitelio seminífero.
-Aparello Reprodutor Feminino: Observación da estrutura microscópica dos folículos ováricos. Corpo lúteo, corpo branco.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Discusión dirixida |
A1 A5 A11 A29 B1 B3 B4 B6 B7 B8 B11 |
8 |
17.5 |
25.5 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A4 A5 A11 A30 A31 B3 B4 B7 B8 |
15 |
21 |
36 |
Sesión maxistral |
B8 |
28 |
56 |
84 |
Proba obxectiva |
A1 B8 |
4 |
0 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
0.5 |
0 |
0.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Discusión dirixida |
- Realizaranse 7 sesións de discusión dirixida, de 50 minutos de duración cada unha. Están dirixidas a 7 grupos reducidos de alumnos e supervisadas polo profesor. Nelas realizaranse diversas actividades, computables dentro do sistema de avaliación:
-A) Clarificación das dúbidas presentadas polo alumno sobre os contidos da materia explicada nas clases maxistrais.
-B) Durante cada semana das sesións de grupos reducidos, os alumnos realizarán un cuestionario, cuxa temática se relaciona cos contidos da materia abordados previamente en la sesión magistral correspondiente y tratados en cada sesión específica de grupos reducidos, que traballarían empregando a bibliografía recomendada. Os cuestionarios estarán a disposición do alumno na plataforma Moodle 2.5 e serán contestados nela.
-C) Interpretación de imaxes microscópicas de órganos animais e vexetais obtidas en diversas páxinas web de histología especial/organografía, onde tratarán de identificar distintos aspectos da anatomía dos órganos estudados
- Estas sesións permitirán coñecer de forma directa o grao de asimilación do alumno. Irán intercaladas entre as clases maxistrais de teoría e sempre se relacionarán cos contidos abordados nelas, explicados previamente.
En caso de darse circunstancias que impidan a asistencia ás sesións de discusión dirixida, estas deberán ser comunicadas con anterioridade ao profesor, e terán que ser justificadas documentalmente.
O calendario dedicado a esta actividade indicarase a principio do curso.
|
Prácticas de laboratorio |
-Realizaranse 15 horas obrigatorias de prácticas de laboratorio, distribuídas nunha sesión de 1 hora e 7 sesións obrigatorias de 2 horas de duración cada unha. Organizaranse 7 grupos, en quendas de mañá (3) e tarde (4). O calendario das prácticas e o horario de cada grupo publicaranse durante o curso. Nelas o profesor exporá os obxectivos de cada práctica, orientará as observacións do alumno, e aclararalles as dúbidas que se lle expoñan sobre a identidade das estruturas observadas.
- Observarán diferentes preparacións microscópicas de órganos animais e vexetais a microscopio óptico. Nelas identificarán os distintos tipos celulares e tecidos para poder coñecer a estrutura dos órganos obxecto de estudo. Para iso, disporán de microscopios e terán acceso a atlas, textos e a páxinas específicas de internet.
- En ocasións, resolverán un cuestionario relacionado coas súas observacións.
- Tamén se abordarán aspectos teóricos concernentes á metodoloxía experimental que se emprega na materia, para que o alumno adquira as destrezas manuais propias das técnicas anatómicas.
- En caso de darse circunstancias que impidan a asistencia ás prácticas, estas deberán ser comunicadas con anterioridade ao profesor, e terán que ser debidamente justificadas documentalmente.
|
Sesión maxistral |
-Ao longo do cuadrimestre impartiranse 28 leccións maxistrais de 50 minutos de duración a un grupo amplo de alumnos, a razón de 2 sesións por semana, en grupos de mañá e tarde. As leccións tratarán sobre os contidos teóricos básicos do programa, que o profesor explicará axudándose de debuxos, imaxes e de medios audiovisuais (presentacións con ordenador). Tamén se resolverán cuestións puntuais expostas polos alumnos. Para un maior aproveitamento destas sesións, aconséllase que o alumno repase os coñecementos de Bioloxia celular e da materia Histología adquiridos no curso anterior e lea previamente os aspectos fundamentais das leccións nos textos bibliográficos recomendados
Desenvolveranse segundo o calendario aprobado pola Xunta de Facultade.
|
Proba obxectiva |
Realizarase un exame final sobre os contidos teóricos e prácticos da materia, na data oficial fixada pola Xunta de Facultade.
- Os alumnos que non superasen o exame oficial da Convocatoria de Maio, ou non se presentaron á mesma poderán examinarse na Convocatoria de Xullo.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Prácticas de laboratorio |
Proba obxectiva |
Discusión dirixida |
|
Descrición |
O alumno/a pode consultar as súas dúbidas puntuais durante as sesións maxistrais, e máis cumpridamente, nas sesións de discusión dirixida. Ademais, poderá resolver calquera dúbida relacionada coa materia, ou coas súas actividades, asistindo ás tutorías personalizadas que se desenvolverán durante o curso, nun horario que especificará o profesor ao comezo do cuadrimestre. Dada a finalidade destas tutorías (coñecer e resolver as dificultades que o alumno se atopa na materia), procurarase que o horario sexa o máis conveniente para ambos, concertándoo previamente o tempo que ambos estimen necesario.
Aqueles estudantes con dedicación a tempo parcial ou exención académica só terán que realizar a parte práctica da materia dun xeito indispensable para ser avaliados.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A1 A4 A5 A11 A30 A31 B3 B4 B7 B8 |
- Valórase a asistencia, participación, iniciativa, atención, conduta e opinións desenvolvidas nas actividades realizadas durante as clases prácticas (localización, identificación e interpretación de preparacións microscópicas de órganos animais e vexetais).
|
20 |
Proba obxectiva |
A1 B8 |
- A asistencia a todas as clases prácticas é imprescindible para superar a materia. Se o alumno ten faltas de asistencia as clases prácticas sen xustificar, non poderá presentarse o examen práctico de tal modo que terá a asignatura suspensa.
- Nesta materia non se realizarán exames parciais.
- Na convocatoria de Maio, O exame final (teoría e práctica) supón un 80% da cualificación final. Desta porcentaxe o 80% corresponde ao exame teórico e o 20% ao exame práctico.
- A avaliación da parte teórica da materia, vén determinada polo exame teórico, que constará de preguntas curtas e de preguntas tipo test de elección múltiple sobre os contidos das clases maxistrais e sesións de tutoría de grupos reducidos. Tamén se poderán incluír cuestións dirixidas á interpretación de figuras teóricas. Se o exame é de tipo test, só se cualificarán as contestacións realizadas exclusivamente no persoal anexo ao exame.
- A avaliación dos contidos desenvolvidos durante as clases prácticas de laboratorio, levará a cabo mediante un exámen práctico no cal se valorará a identificación e descrición de preparacións microscópicas, iguais ou diferentes das estudadas nas clases prácticas, e que serán contestadas exclusivamente no espazo reservado para iso.
- Os alumnos que non superasen o exame oficial da Convocatoria de Maio, ou non se presentaron á mesma poderán examinarse na Convocatoria de Xullo.
_ Coa proba obxectiva, o alumno demostrará o grao de coñecemento e destrezas adquirido ao longo do curso, asi como a capacidade de síntese e abstracción desenvolvidos.
|
64 |
Discusión dirixida |
A1 A5 A11 A29 B1 B3 B4 B6 B7 B8 B11 |
- Valórase a asistencia, participación, atención e conduta do alumno en todas as actividades desenvolvidas durante as sesións de discusión dirixida (cuestionarios, interpretación de imaxes microscópicas de órganos, exposición de dúbidas).
|
16 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación da materia baséase nun exame de contidos teóricos, un exame de contidos prácticos e unha avaliación continua de todas as actividades desenvolvidas durante as sesións dos pequenos grupos. A asistencia ás clases prácticas é unha condición esencial para ser avaliada. Na sesión de maio haberá un exame final teórico-práctico para a avaliación da aprendizaxe e todas as actividades de adestramento terán unha puntuación entre 0 e 10 puntos. Para calcular a nota final teranse en conta os seguintes criterios: 1. Avaliación da aprendizaxe teórica. A nota obtida nesta sección representará o 80% da nota final da parte de teoría. 2. Avaliación da aprendizaxe práctica. A nota obtida neste apartado será o 20% da nota final. 3. A cualificación obtida no exame do seminario será o 20% da nota final da sección teórica. Para superar a materia na sesión de maio, a suma global das seccións mencionadas debe estar entre 5 e 10 puntos, sendo necesario obter polo menos 5 puntos en cada unha das dúas seccións. Se non se cumpre este requisito, a nota final correspondería á da sección cun valor mínimo. Os estudantes que non superen a materia na sesión de maio, ou non o presentaron, poderán volver probar na proba de xullo. Neste caso, a avaliación consistirá en: 1. Nunha proba escrita sobre os contidos teóricos da materia e as sesións de discusión dirixidas realizadas polos alumnos. A nota obtida nesta sección (entre 0 e 10 puntos) representará o 80% da nota final. 2. Nunha proba práctica da mesma natureza que a mencionada. A nota obtida nesta sección (entre 0 e 10 puntos) será o 20% da nota final. Para superar a materia na sesión de xullo, a suma global das seccións mencionadas debe estar entre 5 e 10 puntos, sendo É necesario obter polo menos 5 puntos en cada unha das dúas seccións. Se non se cumpre este requisito, a nota final correspondería á da sección cun valor mínimo. A nota de NON PRESENTADO aplicarase soamente no caso de que o alumno non realice ningunha das probas obxectivas durante o semestre ou o exame final das oportunidades de maio e xullo. Os estudantes que soliciten ser avaliados na convocatoria extraordinaria de decembro, tanto os contidos teóricos como os criterios de avaliación corresponderanse aos do curso 2020-2021. A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente unha calificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Bibliografía básica Organografía Vegetal: PANIAGUA, R.; NISTAL, M.; SESMA, P.; ÁLVAREZ-URÍA, M.; ANADÓN, R.; FRAILE, B.; SÁEZ, FJ. (2007). Citología e Histología Vegetal y Animal: Histología vegetal y animal (Vol.2). Ed. McGraw Hill Interamericana. 4ª Edición. (Catalogado en la Biblioteca de la Facultad con la signatura BC-108) Organografía Animal: Ross, M. H; Wojciech, P. (2012). Histología: Texto y atlas color con Biología Celular y Molecular. Buenos Aires: Médica Panamericana. 6ª ed. (Catalogado en la Biblioteca de la Facultadc on la signatura BC-381). Welsch, U. (2008). Histología / Sobotta ; Welsch . Ed. Médica Panamericana. 2ª Edición. (Catalogado en la Biblioteca de la Facultad con la signatura BC-551a-h) . GENESER F. (2000). Histología sobre bases biomoleculares Ed. Médica Panamericana. 3ª Edición |
Bibliografía complementaria
|
|
Bibliografía complementaria BOWES, BG; MAUSETH, JD. (2008). “Plant structure. A colour guide". Ed. Manson publishing, Londres. 2ª edición. CUTLER, D.F,; BOTHA,T; STEVENSON, D.WM (2008). “Plant anatomy. An applied approach” Ed. Blackwell Publishing. (Catalogado en la Bibliotecade la Facultad con la signatura BC-545-a y 545-b). DICKISON, W.C. (2000). Integrative plant anatomy. Ed. Harcourt/Academic Press: San Diego. ESAU, K. (1987). "Anatomía de las plantas con semillas". Buenos aires: Editorial Hemisferio Sur EVERT, R.F. (2008). Esau Anatomía vegetal. Meristemas, células y tejidos de las plantas: su estructura, función y desarrollo. Ed. Omega. 3ª Edición . FAHN, A. (1990). "Plant Anatomy". Pergamon Press: Oxford. FAWCETT D, JENSH, RP. (1999). Compendio de Histología. Interamericana de España/McGraw-Hill, Madrid. (Libro catalogado en la Biblioteca de la Facultadcon la signatura BC-380). GÓMEZ SEGADE, P. (2012). “Atlas de Histología Vegetal". Lulu: Madrid. JUNQUEIRA LC, CARNEIRO J. (2006)." Histología Básica. Texto y atlas". 6ªed. Masson: Barcelona. (Libro catalogado en la Biblioteca de la Facultad con la signatura BC-185; BC-186; BC-187). KIERSZENBAUM, A.L.; TRESS, LL (2011). “Histología y Biología Celular. Introducción a la AnatomíaPatológica”Ed. Elsevier.Mosby.3ªed. . RUDALL, P. (2007). “Anatomy of flowering plants: an introduction to structure and development “/ Paula J. Rudall. Cambrigde:Cambridge University Press. 3rd ed. (Catalogado en la Biblioteca de la Facultad con la signatura BC-547). Bibliografía para prácticas BOWES, B.G.; Mauseth, J.D. (2008). Plant structure: a colour guide. 2nd ed.Manson Publishing: London BOYA VEGUE, J. (2011). Atlas de histología y Organografía microscópica. 3ª ed. Editorial Médica Panamericana: Madriid. (Catalogado en la Bibliotecade la Facultad con la signatura BC-420) Gartner, L. P. (2011). Atlas en color de histología / Leslie P.Gartner, James L. Hiatt. 5ªed. Madrid: Panamericana. (Catalogado en la Biblioteca de la Facultad con la signatura BC-310). GENESER, F. (1995).”Atlas color de Histología”. Editorial Médica Panamericana.(Catalogado en la Bibliotecade la Facultad con la signatura BC-468) KÜHNEL, W. (2005).Atlas color de Citología e Histología. 11ª ed. Editorial Médica Panamericana: Madrid (Catalogado en la Biblioteca de la Facultad con la signatura BC-493). ROSS, MH; PAWLINA, W; BARNASH, T.A. (2012). "Atlas de Histología descriptiva". ed. Editorial Médica Panamericana: Buenos Aires. WHEATER, P. R. (1987). Histología funcional : texto y atlas en color/ Raul R. Wheather, H. George Burkitt, Víctor G. Daniels. Barcelona: Jims, D.L. 2ªed. Rev. (Catalogado en la Bibliotecade la Facultad con la signatura BC-14) YOUNG, B. (2000, 2010 imp). ”Wheater's histología funcional texto y atlas en color”/ Barbara Young, John W. Heath. Madrid: Elsevier Science. (Catalogado en la Biblioteca de la Facultad con la signatura BC-122). Recursos web Generales
http://books.google.es/ http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed Organografía Vegetal http://www.emc.maricopa.edu/faculty/farabee/biobk/BioBookPLANTANAT.html http://www.emc.maricopa.edu/faculty/farabee/biobk/BioBookPLANTANATII.html http://www.biologia.edu.ar/botanica/index.html http://images.botany.org/ http://www.dipbot.unict.it/tavole_es/indice.html http://atlasveg.ib.usp.br/ http://mazinger.sisib.uchile.cl/repositorio/ww/ciencias_agronomicas/anatomia-vegetal/index.html. http://www.sbs.utexas.edu/mauseth/weblab/ http://www.ujaen.es/investiga/atlas/ Organografía Animal http://www.kumc.edu/instruction/medicine/anatomy/histoweb/ http://www.meddean.luc.edu/lumen/MedEd/Histo/frames/histo_frames.html http://www.udel.edu/Biology/Wags/histopage/histopage.htm http://escuela.med.puc.cl/publ/Histologia/Indice.html http://acd.ufrj.br/labhac/fotoslistagem.htm http://www.bu.edu/histology/m/i_main00.htm https://histo.life.illinois.edu/histo/atlas/index.php http://webs.uvigo.es/mmegias/inicio.html http://virtual.ujaen.es/atlas/ |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Citoloxía/610G02007 | Histoloxía/610G02008 | Introdución á Botánica: Botánica xeral/610G02023 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Fisioloxía vexetal II/610G02028 | Zooloxía II/610G02032 |
|
Materias que continúan o temario |
Bioloxía do desenvolvemento/610G02010 | Fisioloxía Animal I/610G02035 | Fisioloxía Animal II/610G02036 |
|
Observacións |
<p> Recoméndase:A asistencia ás clases maxistrais, sesións de discusión dirixida e clases prácticas de laboratorio e a participación activa nas súas actividades ao longo do curso, para asegurar que se comprenden os termos e conceptos aos que se fai referencia. O traballo non presencial do alumno preparando previamente a clase teórica e práctica, axudándose da bibliografía recomendada e dos recursos web que se porán á súa disposición. A revisión semanal da materia impartida para comprender a información obtida en clase. Aclarar co profesor as posibles dúbidas nas tutorías individualizadas ou en grupo, o que facilitará a comprensión da materia e axudará á elaboración das actividades propostas. É importante dedicar especial atención á observación de fotos e imaxes en libros, atlas e preparacións de prácticas; tratar de recoñecer nelas o que se describe no texto ou na clase teórica. Aconséllase tapar o pé da foto e tentar facer un diagnóstico da imaxe que se observa (autoevaluación). A visita periódica á páxina web da materia (Facultade virtual: https://moodle.udc.es), onde se inserirán ligazóns e o material utilizado nas clases maxistrais. </p> |
|