Para superar a materia, o alumno deberá obter unha calificación mínima de 5 sobre 10 no resultado de combinar as calificacións da proba mixta, seminarios e prácticas. Ademáis, o alumno deberá obter unha nota mínima de 4,5 sobre 10 puntos na proba mixta. Se non obtén esta nota mínima, a nota da materia será a correspondente á nota da proba mixta.
A asistencia ás clases de prácticas e seminarios é obrigatoria para aprobar a materia.
Un alumno considerarase presentado nunha convocatoria se fai a entrega de algunha práctica ou se presenta a algún seminario evaluable ou se se presenta á proba mixta.
O traballo entregado deberá ser orixinal do alumno. De acordo á normativa académica, a entrega de traballos non orixinais ou con partes duplicadas (sexa por copias entre compañeiros ou por obtención doutras fontes...) levará unha nota global de SUSPENSO na convocatoria correspondente, tanto para o/a estudante que presente material copiado como a quen o facilitase, invalidando calquera outra calificación obtida nas actividades evaluables.
Sobre a responsabilidade compartida dos traballos en grupo.
Nas actividades que se levan a cabo en grupos, tales como as prácticas, todos os membros do grupo serán responsables solidarios do traballo realizado e entregado, así como das consecuencias que se deriven do incumprimento das normas de autoría do mesmo.
Segunda oportunidade e convocatorias posteriores
Na segunda oportunidade, mantense a nota obtida nas prácticas e seminarios. Só no caso de non ter presentado as prácticas na primeira oportunidade ou que tivesen acadado a calificación de SUSPENSO, poderán presentarse novamente as prácticas na segunda oportunidade. O alumno pode voltar a facer o exame da proba mixta, sendo os criterios para obter a nota total os indicados ó principio deste apartado.
No caso de suspender la asignatura, as prácticas con nota igual ou superior a 5 gardaranse para cursos posteriores con calificación de aprobado (5). En cada curso, o alumno terá a opción de entregar unha nova práctica que sustituiría a nota da anterior. As prácticas non se gardarán máis de un ano. A nota de seminarios non se gardará para cursos posteriores, debendo o alumno realizar as actividades correspondentes a este apartado novamente.
Matrícula con dispensa académica
No caso dos alumnos con matrícula con dispensa académica elimínase a obligatoriedade de asistencia ás clases de prácticas e seminarios. As prácticas deberán entregarse nas datas establecidas. É responsabilidade destes/as estudantes poñer en coñecemento do/a profesor/a a súa circunstancia.