É obrigatoria a asistencia a todas as actividades presenciais.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A puntuación máxima é de 10 puntos.
Para aprobar a materia é necesario un mínimo de 5 puntos (en total).
Requírese
un mínimo de 4 sobre 10 puntos en cada unha das partes avaliables para
aprobar a materia (se non se alcanza o dito mínimo nalgunha das partes, a
nota global será "suspenso", coa puntuación numérica acadada, ata un
máximo de 4,5).
Se se inicia o traballo presencial de PRÁCTICAS DE
LABORATORIO, considérase iniciado o proceso de avaliación e a nota non
pode ser "non presentado".
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
A puntuación máxima é de 10 puntos.
Para aprobar a materia é necesario un mínimo de 5 puntos (en total).
Realízase
unha PROBA MIXTA (que computa un máximo de 2,5 puntos sobre 10) e unha
PROBA PRÁCTICA DE LABORATORIO (que computa un máximo de 7,5 puntos sobre
10).
Se se obtivo un mínimo de 4 puntos na primeira oportunidade,
estase exento de realizar a PROBA PRÁCTICA DE LABORATORIO na segunda
oportunidade.
É necesario ter realizado as "Prácticas de
laboratorio" durante o curso para poder recuperar a PROBA PRÁCTICA DE
LABORATORIO na segunda oportunidade.
A PROBA DE PRÁCTICA DE
LABORATORIO consiste na preparación e execución dunha práctica de
laboratorio, seguindo os mesmos criterios detallados na sección
"Metodoloxía", pero a preparación previa non será tutelada. Se a
preparación previa se fai de xeito inadecuado, a nota será "suspenso"
antes de comezar o traballo experimental.
Só se poderá optar á
matrícula de honra (MH) na segunda oportunidade se non se esgotara o
número máximo de MH para o curso correspondente na primeira
oportunidade.
EN CURSOS ACADÉMICOS SUCESIVOS:
O proceso de
ensino-aprendizaxe (incluída a avaliación) refírese a un curso académico
e, polo tanto, comeza de novo cun novo curso académico, incluíndo todas
as actividades e procedementos de avaliación programados para o novo
curso.
RECOÑECEMENTO DA DEDICACIÓN A XORNADA PARCIAL e RENUNCIA
ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA: Tanto para a primeira como para a
segunda oportunidade, para os alumnos nesta situación:
A PARTE
EXPERIMENTAL (Prácticas de laboratorio, Traballos tutelados, Resumen
Presentación oral) é obrigatoria e conta como para os estudantes con
dedicación total.
Están exentos de asistir ás clases de "ensino expositivo".
IMPORTANTE:
“A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida para a
avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na
convocatoria correspondente” (Artigo 35.1 do Estatuto do Estudantado da
UDC).