A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:
1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.
2. Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.
B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:
1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.
2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial serán avaliados cos mesmos criterios que os alumnos a tempo completo.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
Os alumnos teñen que aprobar a parte da materia que imparte cada profesor.
1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación pertinentes indicados anteriormente nesta sección.
2. Segunda oportunidade: constará unicamente dunha proba mixta correspondente á materia pendente da asignatura non superada na primeira oportunidade da convocatoria.
3. Convocatoria adiantada: Será avaliada por medio dunha proba mixta que suporá o 100 % da cualificación final, que comprenda todos os contidos e competencias da materia.