Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora,
xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta
lingua.
A cualificación final consta de dúas partes:
A.-Exame: 30% da cualificación.
B.-Estudo de casos: 70% da cualificación.
A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.
Normativa de avaliación:
-En caso de realizarse probas presenciais: Condicións de avaliación:
1. Está prohibido acceder a aula do exame con calquer dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.
2. Identificación do estudantado: O estudiantado ha de acreditar a súa personalidade dacordo coa normativa vixente.
Tipos de calificación:
1. Calificación de no presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación alcanzada.
2. Estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarse ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa sua dedicación. Neste caso empregarase a plataforma virtual e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, atención personalizada e entrega de casos.
Oportunidades de avaliación:
1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.
2. Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación son os mesmos para tódalas oportunidades de avaliación.
3. Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua (solución de problemas, probas de resposta breve, intervencións durante as sesións maxistrais) mediante preguntas adicionais á proba obxetiva final.
Outras observacións da avaliación:
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.