A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:
1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder ao aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamiento de información.
2. Identificación do estudante: O estudante acreditará a súa personalidade de acordo coa normativa vigente.
B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:
1. Para superar a materia será necesario alcanzar unha cualificación dun mínimo de 5 sobre 10.
2. A avaliación continua realizada durante o curso constitúe o 30% da cualificación. Non obstante, se nas probas obxectivas obtivérase un mínimo de 5 sobre 10 non sería necesario realizar o exame final.
3. Nas probas oficiais darase a oportunidade de recuperar esta avaliación continua. Desta maneira, en calquera destas probas sería posible alzancar o 100% da cualificación.
4. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da nota alcanzada.
5. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que aos alumnos a tempo completo.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
1. Primeira oportunidade: poderase alcanzar o 100% da cualificación cunha proba obxectiva da temática impartida na clase ao longo do curso, no que poderase incluir preguntas conceptuais, resolución de problemas e/ou casos.
2. Segunda oportunidade: poderase alcanzar o 100% da cualificación cunha proba obxectiva da temática impartida na clase ao longo do curso, no que poderase incluir preguntas conceptuais, resolución de problemas e/ou casos.
3. Convocatoria adiantada: realizarase un único exame que supoñerá o 100% da cualificación. Para aprobar deberase obter unha cualificación dun mínimo de 5 sobre 10.