Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e entender a realidade económica internacional e española, as súas transformacións no longo prazo, os sectores produtivos, e as institucións económicas e a súa evolución |
A5 A11
|
|
C2 C8
|
Asimilar que as realidades económicas son complexas, interrelacionadas con variables sociais, políticas e culturais, e inmersas nun contexto dinámico |
A4
|
|
|
Apreciar o papel desempeñado polos factores económicos e os factores institucionais nos procesos de desenvolvemento económico |
A3 A4
|
|
|
Análise das variábeis que determinaron o liderado occidental no proceso de crecemento económico contemporáneo |
A4 A7
|
|
|
Axudar a entender as orixes e persistencia das desigualdades socioeconómicas entre países |
A6 A7
|
|
C5 C8
|
Aplicar conceptos básicos da economía a diferentes contextos históricos |
A3 A7
|
|
|
Coñecer as distintas formacións económicas xurdidas na evolución histórica recente, e os factores que condicionaron as súas formas de crecemento |
A4
|
|
C2
|
Potenciar o emprego de técnicas e instrumentos cuantitativos básicos que impliquen o uso de material estatístico e gráfico |
A10 A12
|
|
|
Capacidade analítica e sintética |
A9
|
|
|
Capacidade crítica e autocrítica |
A13
|
|
C4
|
Capacidade de expresión, oral e escrita |
|
|
C1
|
Reforzar a capacidade de comprensión lectora |
A7 A10
|
|
|
Elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas |
A4 A5
|
|
|
Resolver problemas sobre as cuestións económicas, facendo uso dos coñecementos sobre as teorías, os modelos e os métodos científicos da economía e a empresa |
A3
|
|
|
Capacidade de percura, selección e elaboración de información |
A2 A7
|
|
|
Capacidade de aplicación dos coñecementos adquiridos á interpretación do material estatístico, gráfico e documental |
A3 A7
|
|
|
Destreza na aplicación de técnicas cuantitativas para o tratamento de repertorios estatísticos |
A3 A4
|
|
|
Capacidade para o traballo autónomo |
|
|
C7 C8
|
Capacidade de aplicar o coñecemento na práctica |
A6 A12
|
|
|
Analizar e interpretar datos básicos da conxuntura económica |
A4 A12
|
|
|
A materia aporta valores humanísticos e culturais importantes para desenvolver o liderado en empresas e Administración pública ao que están chamados os futuros Graduados en Economía |
|
|
C7 C8
|
Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía. |
A8
|
|
|
- Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo.
- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
- Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico
- Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora
Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce.
-Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9
|
|
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
|
C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1.
A evolución da economía española no longo prazo, 1789-2019 |
1.1. As grandes etapas da economía española desde a historia económica
1.2. Indicadores de desenvolvemento económico: unha panorámica cuantitativa
1.3. Converxencia e diverxencia respecto de Europa occidental
1.4. A crise económica en España: Leccións desde a Historia. |
Tema 2.
A crise do Antigo Réxime e a revolución Liberal (1789-1840) |
2.1. A revolución liberal en España: novo marco xurídico e institucional
2.2. A Reforma Agraria Liberal
2.3. O colapso do comercio colonial
2.4. A quebra da Facenda e o establecemento da Facenda Pública liberal
2.5. A economía española durante ou o Antigo Réxime |
Tema 3.
O difícil arranque da industrialización (1840-1880) |
3.1. Ritmos de crecemento e pautas de transformación estrutural
3.2. A expansión agraria e os seus límites
3.3. Letargo e esplendor da minería e déficit enerxético
3.4. Desenvolvemento industrial endóxeno e limitado
3.5. Creación e crise da banca moderna |
Tema 4.
Crise e recuperación económica (1880-1913) |
4.1. A integración dos mercados mundiais de produtos agrarios: A depresión finisecular
4.2. A lenta continuidade da industrialización
4.3. A perda dos últimos mercados coloniais e a Facenda pública
4.4. O auxe intersecular. A formación da gran empresa moderna e o arranque da Segunda Revolución Industrial
|
Tema 5.
A economía española entre a I Guerra Mundial e a Guerra civil (1914-1936) |
5.1. A conxuntura da I Guerra mundial (1914-1922)
5.2. Crecemento e cambios estruturais durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930)
5.3. A economía española durante a Segunda República e a Gran Depresión (1931-1936) |
Tema 6.
A Guerra civil e a ditadura franquista ata o Plan de Estabilización (1936-1959) |
6.1. La guerra civil española: economía de guerra
6.2. El primer franquismo: intervención de los mercados y políticas autárquicas (1939-1949)
6.3. El segundo franquismo: la transformación de los planteamientos iniciales (1949-1959)
6.4. El Plan de Estabilización
|
Tema 7.
“Desenvolvismo”, crise económica e transición política (1960-1985) |
7.1. Industrialización acelerada: crecemento económico e cambio estrutural (1960-1972)
7.2. Problemas estruturais do modelo de crecemento a longo prazo
7.3. Crise económica e transición política (1973-1985) |
Tema 8.
A economía española, o seu proceso de integración en Europa e a primeira crise do século XXI (1986-2019) |
8.1. Recuperación económica e as etapas de integración en Europa (1986-2007)
8.2. Recesión, crise e depresión (2008-2019)
8.3. Converxeu a economía española respecto das economías máis avanzadas no longo prazo? |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A2 C7 C8 |
2 |
0 |
2 |
Estudo de casos |
A3 A4 A5 A6 A7 A9 A12 B3 B6 B7 B8 C6 |
17 |
18 |
35 |
Lecturas |
A7 A10 A11 A13 C2 C5 |
9 |
27 |
36 |
Proba de ensaio |
A3 A6 A9 A12 C1 |
3 |
0 |
3 |
Sesión maxistral |
A2 A4 A7 A8 C4 |
17 |
51 |
68 |
Proba obxectiva |
A4 A6 A9 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Planificación do curso, explicación de conceptos básicos e presentación das metodoloxías a aplicar |
Estudo de casos |
Inclúen prácticas a partir da análise desde unha perspectiva de historia económica de textos e datos estatísticos relacionados coa economía española nos séculos XIX e XX |
Lecturas |
Haberá varias lecturas de carácter obrigatorio cuxo contido se discutirá en clase. Estes contidos servirán como complemento das clases maxistrais e como material para realizar estudos de caso e análise de datos |
Proba de ensaio |
A avaliación continua consistirá na elaboración de dous exercicios prácticos (cada un valorado nun 30% da nota final) que se realizarán a través de “a entrega de tarefas” de Moodle nas datas indicadas pola profesora o primeiro día de clase e publicadas no calendario de Moodle da materia. Os exercicios propostos computarán globalmente cun máximo de 6 puntos na nota final. As datas de realización das dúas probas comunicarase ao alumnado o primeiro día de curso e engadirase ao calendario de moodle da materia. Cada práctica realizarase na data e hora fixada de forma manuscrita nunha cara. Dependendo das circunstancias da pandemia, se realizará de forma presencial ou se escaneará e enviara en formato .PDF, nun arquivo identificado con apelidos do/ da estudante, a través de "entrega de tarefas de moodle". Os detalles de estas probas se especificarán no inicio do curso no campus virtual. Cada unha destas probas consistirá nunha análise de datos históricos (cadros e/ou gráficos) da economía española. A partir destes datos os/as estudantes terán que realizar un diagnóstico económico da situación e elaborar argumentos razoados que expliquen os porqués no comportamento dos datos. A matriz de avaliación destas prácticas basearase nos seguintes Ítems (cada un puntúase cun 20% máx.): 1. Sitúa a análise no marco económico e histórico; 2. Entende os datos ofrecidos desde un punto de vista económico; 3. Identifica o problema ou cuestión a analizar; 4. Constrúe argumentos económicos para explicar o comportamento dos datos; 5. Emprega a linguaxe económica de maneira correcta |
Sesión maxistral |
Nas sesións maxistrais a profesora impartirá as pautas crave da materia que o estudante debe coñecer e preparar co seu traballo individual e en grupo utilizando o resto de instrumentos que ofrece o curso (inclúe as lecturas obrigatorias). Ao comezo de cada tema colgaranse en moodle materiais que axudarán o marco económico xeneral que se vai a analizar e os principais obxectivos a conseguir en forma de preguntas. Será responsabilidade do estudante consultar estes materiais segundo se vaia indicando no desenvolvemento do curso. As explicacións teóricas de cada tema será completadas coa realización de exercicios prácticos e estudos de caso. Estes exercicios colgaranse tamén no moodle da materia e elaboraranse, discutirán e corrixirán en común. |
Proba obxectiva |
Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa nas convocatorias oficiais cun valor de 4 puntos na nota final (40% da nota final). O exame final consistirá nunha reflexión crítica nun máximo de duas caras dun folio manuscrito. Dependendo das circunstancias da pandemia, o exame realizarase de manera presencial ou a través da plataforma do campus virtual. O exame versará sobre os contidos teóricos da materia explicados ao longo do curso. Na realización deste exercicio valoraranse principalmente os seguintes ítems: a utilización da linguaxe económica adecuada, a elaboración de argumentos económicos razoados e expostos de maneira clara e a análise crítica. Ademais, o alumnado terá a oportunidade (caracter voluntario) de facer una proba práctica similar as realizadas ao longo do curso. Se decide facer esta proba, a nota conseguida (sexa masi elevada ou non) sustituirá á nota mais baixa das dúas probas realizadas no curso. Desta maneira o alumnado ten a oportunidade de obter un máximo de 7 sobre 10 puntos na proba final (examen + proba voluntaria). |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Lecturas |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
Tanto as titorías individuais como as titorías en grupos reducidos realizaranse durante o curso académico 2020/2021 na forma que establezca a Universidade, presencial ou virtual, segundo o contexto de pandemia.
En calquera caso, o alumnado ten á súa disposición os seguintes medios:
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas ou facer correccións e/ou revisións de prácticas. A través do correo electrónico poderase concertar tamén unha titoría personalizada ou en pequeno grupo a través de TEAMS
– Moodle: Diariamente. Utilizaranse as ferramentas dispoñibles (foros temáticos...) segundo as necesidades do alumnado para resolver dúbidas sobre calquera aspecto da materia. Utilizaranse tamén os foros específicos para as discusións e debates dirixidos.
– Teams: De 1 a 2 sesións semanais (segundo demande o alumnado) en grupo pequeno (ata 10 persoas) para o seguimento dos contidos da materia e apoio na realización de prácticas. Esta dinámica permite facer un seguimento máis personalizado e axustado ás necesidades de aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. Con estas sesións reforzarase tamén a atención aos estudantes “non presenciais” ou “virtuais” que puidese haber mesmo nun escenario de presencialidad, ben porque sexan repetidores e prefiran non asistir de novo ás clases da materia, ben porque teñan dificultades para asistir á docencia presencial debido á situación sanitaria xeral ou particular. A estas titorías engadiríase o tempo das titorías individuais, onde poderían adoptar un papel máis activo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A3 A4 A5 A6 A7 A9 A12 B3 B6 B7 B8 C6 |
Inclúen as prácticas con material cuantitativo. Refírese ás análises de datos estatísticos dende unha perspectiva de longo prazo. Os estudos de caso avaliaranse a través das dúas probas de ensaio/desenvolvemento |
0 |
Lecturas |
A7 A10 A11 A13 C2 C5 |
Representan unha información complementaria ás clases maxistrais. En clase traballaranse as técnicas para extraer a información fundamental das lecturas e discutirase o seu contido en clase. O contido das lecturas servirá como materia complementaria á impartida nas clases maxistrais. Así mesmo, o contido das lecturas servirá tamén para elaborar os estudos de caso. En consecuencia, a súa avaliación realizarase conxuntamente cos estudos de caso a través das dúas probas de ensaio/desenvolvemento
|
0 |
Proba obxectiva |
A4 A6 A9 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 |
Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa nas convocatorias oficiais establecidas. No exame valorarase a capacidade de expresión, o manexo e dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e o coñecemento dos contidos do programa da materia.
O exame final representa o 40% da avaliación final do estudante que se sumaría ao 60% da avaliación continua obtida polos/as estudantes. O exame final non é obrigatorio na primeira oportunidade para os/as estudantes que obtivesen unha nota mínima de 5 na avaliación continua, o que supón superar a materia.
En segunda oportunidade garántese que o/a estudante poida superar a materia coa oportunidade de realizar unha práctica (similar ás do curso) por valor do 30% da nota. Deste xeito, sen avaliación previa, o/a estudante pode conseguir 7 puntos sobre 10 posible. Para detalles, véxase apartado de "proba de ensaio".
En calquera dos escenarios descritos, o/a estudante terá que conseguir un mínimo de 5 puntos sobre os 10 para superar a materia. |
40 |
Sesión maxistral |
A2 A4 A7 A8 C4 |
Nestas sesións o profesor impartirá as pautas crave da materia que os estudantes deben coñecer e preparar con traballo persoal e coa axuda do resto de instrumentos que ofrece o curso. A avaliación desta materia producirase a través da proba obxectiva na convocatoria oficial e dos estudos de caso |
0 |
Proba de ensaio |
A3 A6 A9 A12 C1 |
Inclúen as prácticas con material cuantitativo (estudos de caso e Lecturas). Ao comezo do curso, a profesora establecerá dúas datas para realizar dúas probas avaliables e computables na nota final. As datas publicaranse no calendario de moodle da materia. En conxunto, as dúas probas avaliables contarán un máximo de 6 puntos na nota final de curso.
O alumnado que superase a avaliación continua cunha nota mínima de 5 puntos poderá ter superada a materia sen asistir ao exame final. De forma voluntaria pode asistir ao exame final da primeira oportunidade para subir nota.
No caso da segunda oportunidade, os/as estudantes poden decidir de forma voluntaria realizar unha práctica (similar ás realizadas durante o curso) que se puntuará cun máximo de 3 puntos. Neste caso, para o cómputo da nota final do alumno/a se elixirán a nota desta repetición de proba (sexa mais alta ou non que as obtidas nas probas de curso) e a nota mais alta das dúas prácticas realizadas ao longo do curso. Por tanto, a repetición da proba práctica (sexa cal sexa) sustituiría á nota mais baixa das duas practicas do curso. Recórdase que a terceira práctica posible realizaríase na data do exame oficial da segunda oportunidade, unha vez rematado o exame
|
60 |
|
Observacións avaliación |
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN 1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. 2. Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.
B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN: 1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. 2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: 1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección. 2. Segunda oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección. 3. Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua (solución de problemas, probas de resposta breve, intervencións durante as sesións maxistrais) mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final. OUTRAS OBSERVACIÓNS Tal e como se describiu nos apartados anteriores, inicialmente a docencia está prevista de forma presencial. Con todo, previuse que tanto as probas de prácticas da avaliación continua como o exame final da convocatoria oficial poidan realizarse de manera presencial ou virtual dependendo das circunstancias da pandemia e das recomendacións da Universidade. En calquera dos casos, o contido da materia, a metodoloxía e a avaliación serán idénticos coa única condición de que as clases se pasarían á plataforma virtual TEAMS.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
BIBLIOGRAFÍA básica Carreras, A. y Tafunell, X. (coord.) (2005), Estadísticas históricas de España siglos XIX-XX, Madrid : Fundación BBVA Carreras, A. y X. Tafunell (2010), Historia económica de la España contemporánea (1789-2009) , Barcelona, Crítica Comín, F y M. Hernández (ed.) (2013): Crisis Económicas en España 1300-2012. Lecciones de la Historia, Madrid, Alianza Comín, F.; M. Hernández y E. Llopis (Eds.) (2010), Historia económica de España, siglos X-XX , Barcelona, Crítica. Llopis, Enrique  (ed.) (2004), El legado económico del Antiguo Régimen , Barcelona, Crítica Llopis, Enrique  y Jordi Maluquer de Motes, (eds.) (2013), España en crisis: las grandes depresiones económicas, 1348-2012 , Barcelona, Pasado & presente Maluquer de Motes, Jordi (2014): La economía española en perspectiva histórica, Barcelona, Pasado&Presente. A través de Moodle facilitarase ao alumnado materiais, tanto lecturas obrigatorias como boletíns estatísticos para realizar prácticas, para completar os contidos e as prácticas do curso. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Historia Económica/611G01002 | Estatística I/611G01006 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e nos comportamentos persoais e profesionais. 3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 5. Non existe un único manual que cubra toda a materia impartida ao longo de curso nesta materia. A profesora indicará en cada tema cales son as lecturas obrigatorias e outras lecturas recomendadas coas que o alumnado deberá completar a materia explicada en clase. É obrigación do alumnado consultar a diario o moodle da materia e o seu correo electrónico @ udc.es; pois será a vía que a profesora utilizará para colgar información sobre todos os aspectos relacionados coa materia. Para dirixirse á profesora por correo electrónico debe utilizar a dirección institucional @ udc.es 6. A materia non esixe requisitos previos. Con todo, se considerán como recomendables: - Coñecementos básicos de informática a nivel de usuario. Coñecementos básicos de Historia e Estatística. Familiaridade con conceptos básicos de Economía e, sobre todo, linguaxe económica. |
|