A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:
Condicións de avaliación (estudo de casos e proba obxectiva): Está prohibido acceder á aula con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
Identificación do estudante: O estudiante ha de acreditar a súa identidade de acordo ca normativa vixente.
B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:
Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.
Estudantes con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para las restantes probas acordarase, no seu caso, ó inicio do curso un calendario específico de datas compatible ca súa adicación.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
Primeira oportunidade: Aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.
Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación son os mesmos para tódalas oportunidades de avalación.
Convocatoria adiantada: A ponderación da proba obxectiva será do 80% da nota final no caso de estudantes do segundo cuatrimestre (3º curso GEMP).
D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE EVALUACIÓN
Nas actividades de carácter teórico que esixan un desenvolvemento
por escrito, valoraranse especialmente, ademais dos coñecementos, a linguaxe
empregada, a capacidade de análise e o grao de síntese. Na parte práctica
valorarase especialmente a capacidade de aplicar os conceptos e principios abordados
na parte teórica para resolver casos e problemas prácticos.
Coa realización das probas avaliables que se desenvolverán durante
o curso, o alumno pode alcanzar o 100 % da cualificación final (10 puntos).
Para superar a materia requírese unha cualificación final mínima
de cinco puntos (computada a suma da avaliación das diferentes
metodoloxías).
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia,
solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático