Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Economía Sectorial Europea Código 611G02039
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Martín Legendre, Juan Ignacio
Correo electrónico
juan.ignacio.martin.legendre@udc.es
Profesorado
Martín Legendre, Juan Ignacio
Correo electrónico
juan.ignacio.martin.legendre@udc.es
Web
Descrición xeral Tecnicas para a analise estructural de sectores industriales, o posicionamiento competitivo e a formulación de estratexias empresariales en distintos entornos sectoriais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
a. – Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen Indica as metodoloxías previstas que se manteñen.
– Sesión maxistral
– Discusión dirixida (computa na avaliación)
– Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación)
– Atención personalizada Metodoloxías docentes que se modifican Indica as metodoloxías que decaen, que se modifican e as que se incorporan (coa a súa descrición).
– Proba mixta (non se realizará, xa que a avaliacións deste coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados”)

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Indica as ferramentas empregadas (Moodle, Teams, etc.). Para cada unha, indica a temporalidade (por exemplo a frecuencia semanal de realización) e descrición de como se desenvolve.
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Teams: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
Teams: De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación Indica como queda a avaliación unha vez aplicadas as modificacións, sinalando a metodoloxía (% no peso da cualificación) e a súa descrición. Traballos tutelados (100%): En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
? A profundidade do contido.
? O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
? O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
? A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
? A presentación e a claridade da exposición.

Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
? As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.


5. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
- Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados).
-Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
- A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Saber analizar o grado de rivalidade competitiva dos sectores e a suas implicacións para a xestión da cadena de valor B1
B2
B3
Saber identificar e analizar las principais forzas competitivas dos diferentes sectores a partir de información económica relevante B4
B5
Saber traballar en equipo e colaborativamente B9
B10
C1
C4
Transmiti-os valores de esfuerzo e de traballo e fomenta-la iniciativa persoal C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA I: A ECONOMIA SECTORIAL E INDUSTRIAL Campos de aplicación da Economía Sectorial
Conceptos básicos
Evolución da Economía Sectorial, principais enfoques
TEMA 2: FUNDAMENTOS DA ECONOMIA SECTORIAL E INDUSTRIAL. Teoría de xogos e a sua aplicación na estratexia empresarial e na Economica industrial
Comportamento estratexico e barreiras á entrada.
Concentración e poder de mercado
TEMA 3: ANALISE ESTRUCTURAL DUN SECTOR. Caracterización estructural dos sectores industriales.
A Economía das Plataformas dixitais.
Os cambios estructurais provocados pola nova competitividade na Economía das Plataformas.
Aprosimación aos niveis globais de rentabilidade dos sectores industriais.
TEMA 4: PROCESO EVOLUTIVO NUN SECTOR.

Evolución das forzas competitivas ao longo do tempo.
Factores determinantes do proceso evolutivo dun sector
Identificación de liñas e factores chave do cambio.
Incidencia dos procesos de innovación tecnolóxica.
TEMA 5: DISCRIMINACION DE UNIDADES PRODUCTIVAS NUN SECTOR.

Tipos e factores de posicións particulares e grupos estratéxicos.
Factores chave do posicionamento das empresas nun sector.
diseño de liñas estratéxicas e avaliación de proxectos de investimento.
TEMA 6: DIFERENTES MARCOS SECTORIAIS Sectores de nova creacion.
Sectores maduros.
Sectores en declive.
Sectores fragmentados.
TEMA 7: SECTORES GLOBAIS.

Tendencias cara á internacionalización e globalización económica.
Factores de competitividade para a supervivencia dun sector nun ámbito xeográfico determinado.
Estratexias global e de ubicación nuhn área territorial concreta.
TEMA 8: POLITICA INDUSTRIAL E COMPETENCIA NA UNION EUROPEA.
Política da competencia na UE: Normas aplicables ás empresas.
Comportamentos anticompetitivos: Cárteles e abuso de posición dominante.
As restriccións verticais á competencia e os cotratos da distribución comercial.
TEMA 9: FOMENTO DA COMPETITIVIDADE E A EMPRESA NA UE
A polìtica industrial na UE: fomento da competitividade e da empresa
Politica I+D e fomento da I+D empresarial
Marco de incentivos e axudas e rexímenes especiais para as empresas en crisis.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10 25 25 50
Seminario C1 C4 C5 C6 C7 C8 4 0 4
Proba mixta B1 B2 C1 C4 C5 6 34 40
Sesión maxistral B1 B2 B3 B4 17 34 51
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Explicaránse casos practicos de análise sectorial e teoría de xogos como complemento das clases maxistrais e das presentacions orais do profesor nas aulas. Realizarase un traballo de análise estructural dun sector.
Recomendacións:
1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
Seminario Ralizaranse tutorías de grupo de 15 alumnos por grupo. Comunicarase con antelación o día e a hora de realización das tutorías. Destinaranse a resolución de dudas e a orientación dos estudiantes na realización de casos e traballos sectoriales.
Proba mixta Realizaránse de xeito continuo probas sobre o contido dos temas explicados e comentados cos estudiantes. Incluiran probas obxetivas e probas cortas de exposición, discusión o comentario.
Sesión maxistral Explicación na clase dos diferentes temas coa axuda de transparencias e medios audiovisuais

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
Para as dudas sobre o desenvolvemento dos traballos dos estudiantes sobre a análise estructura dun sector.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordaráse ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa sua dedicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10 Os alumnos deberán realizar durante o curso diferentes actividades individuais ou en grupo sobre os temas presentados en clase. 70
Proba mixta B1 B2 C1 C4 C5 Realizaránse unha ou varias probas sobre o contido dos temas explicados e comentados cos estudiantes. Incluiran probas obxetivas e probas cortas de exposición, discusión o comentario. 30
 
Observacións avaliación

A)   NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

  1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que
    permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.
  2. Identificación
    do estudante
    : O estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

B)   TIPOS DE CUALIFICACIÓN

  1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación
    que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final,
    con independencia da cualificación alcanzada.
  2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba
    obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso
    un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

C)  OPORTUNIDADES DE EVALUACIÓN:

  1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.
  2. Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na segunda oportunidade só será posible repetir as actividades
    individuais, mentres que para as actividades en grupo manterase a
    cualificación obtida na primeira oportunidade.
  3. Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación
    continua (solución de problemas, probas de resposta breve, intervencións
    durante as sesións maxistrais) mediante preguntas adicionais á proba
    obxectiva final.

Fontes de información
Bibliografía básica

Estratexia Competitiva de Michael E. Porter. Un dos textos pioneiros na análise estructural de sectores industriais e entorno competitivo. Recomendase a leitura do orixinal en ingles. 

Tamén do mesmo autor, a monumental investigación “La ventaja competitiva de las naciones”. Ed. Pirámide 2010 


Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e  nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías