Avaliación en primeira oportunidade
Ao tratarse dun Mestrado
semipresencial, para poder ser avaliado haberá que cumprir con unha
asistencia mínima do 80% ás clases (máximo un 20% de ausencias non
xustificadas). En caso de non cumprirse ese mínimo, non cabe a posibilidade
ser avaliado e, en consecuencia, na primeira oportunidade aparecerá un “non
presentado”. Tales estudantes haberán de ser avaliados en segunda
oportunidade.
Avaliación en segunda
oportunidade
A avaliación en segunda
oportunidade diferénciase de acordo coas seguintes circunstancias:
- aos alumnos/as que non
alcanzaron o 80% de asistencia se lles propoñerán actividades de avaliación
que lles permitan acadar o 100% da calificación final.
- aos alumnos/as que
suspenderan as actividades de avaliación se lles manterán os mesmos criterios
de avaliación que na primeira oportunidade.
Alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: os criterios
de avaliación no esixirán o requisito de asistencia mínima d 80% ás clases,
nin na primeira nin na segunda oportunidade. A avaliación consistirá nun
traballo tutelado, que terá un valor do 100% tanto en primeira oportunidade
como en segunda oportunidade ou, no seu caso, actividades de avaliación que
lles permitan acadar o 100% da calificación final.