Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
A materia de Ilícitos empresariais pretende constituir unha visión das distintas categorías de ilícitos que se poden verificar no marco da empresa. Analízanse fundamentalmente as infracións penais, e tamén os ilícitos de carácter administrativo e laboral. Como elemento de peche, examínase a responsabilidade civil do empresario derivada da comisión de feitos ilícitos.
Deste xeito, preténdese ofrecer unha visión da responsabilidade da empresa e o empresario, aínda que focalizada na comisión de actos ilícitos nos ámbitos da ordenación do territorio e o urbanismo, o medio ambiente e o sector inmobiliario, examinando, por un lado, as cuestións máis problemáticas en relación coa esixencia desta responsabilidade e, por outro lado, aqueles ilícitos de especial relevancia en cada momento, sexa pola súa frecuente verificación, sexa por verse afectados por reformas lexislativas: sirvan como exemplo as modificacións que nos últimos tempos veu experimentando o Dereito do traballo, o procedemento administrativo sancionador, e determinadas cuestións de Dereito penal da empresa como por exemplo a introdución da responsabilidade penal das persoas xurídicas.
|
AP1 AP2 AP5
|
BP1 BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP7 BP8 BP9 BP12 BP13 BP14
|
CP4 CP6 CP7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Dereito administrativo sancionador. Especial referencia aos ámbitos urbanístico e ambiental.
2. Cuestións xurídico-laborais relevantes en materia de medio ambiente, urbanismo e vivenda.
3. Dereito penal da empresa. Especial referencia á tutela penal do medio ambiente e a ordenación do territorio e o urbanismo.
4. A responsabilidade civil do empresario. Especial referencia aos ámbitos medioambiental e urbanístico.
|
1.1. Parte xeral: examen da potestade sancionadora das Administracións públicas.
1.2. Parte especial: legalidade urbanística e Dereito sancionador na lexislación do solo de Galicia (LSG).
1.3. Singularidades da potestade sancionadora ambiental.
2.1. As contratas e subcontratas de obras e servicios no sector vivenda.
2.2. A Lei de subcontratación na construcción.
2.3. Especial referencia aos protocolos de prevención de riscos laborais en materia de construcción e medio ambiente.
3.1. A responsabilidade penal das persoas xurídicas: a súa aplicación no ámbito dos delitos urbanísticos e contra o medio ambiente.
3.2. A protección do medio ambiente a través do Dereito penal: panorámica xeral.
3.3. Principios básicos dos delitos contra a ordenación do territorio e o urbanismo.
4.1. Natureza e elementos da responsabilidade civil do empresario derivada de feitos ilícitos. Especial referencia aos ámbitos medioambiental e urbanístico.
4.2. Análise específica da responsabilidade do productor agrícola e da responsabilidade en materia de transxénicos.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 B4 |
16 |
0 |
16 |
Estudo de casos |
B5 B7 B8 B12 |
4 |
0 |
4 |
Proba práctica |
A5 B1 B2 B3 B6 B9 B13 B14 C4 C6 C7 |
6 |
120 |
126 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
As sesións presenciais constarán, en combinación co estudo de casos, dunha exposición por parte do profesorado en formato tipo sesión maxistral. |
Estudo de casos |
As sesións presenciais no serán unicamente unha clase maxistral, senón que se exporán e analizarán casos para o seu debate co alumnado. |
Proba práctica |
A actividade final de módulo consistirá nunha proba práctica que terá que ser exposta oralmente na última sesión do Módulo, entregando simultáneamente un esquema ou resumo da exposición. O enunciado de tal actividade xunto coas preguntas guía e instrucións serán facilitados o primeiro día do Módulo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba práctica |
|
Descrición |
Para as posibles dúbidas na elaboración da Actividade final de módulo, establecerase a posibilidade de consultas e atención personalizada coa coordinadora do Módulo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A1 A2 B4 |
Para a avaliación final compútase nun 20% a asistencia ás sesións do Módulo. No caso de non haber docencia, a proba final computará o 100% da avaliación. |
20 |
Proba práctica |
A5 B1 B2 B3 B6 B9 B13 B14 C4 C6 C7 |
A proba práctica consistirá na exposición oral da resolución dun/s caso/s que se facilitarán o primeiro día do Módulo. Teranse que resolver e argumentar xurídicamente as cuestións específicas que se formulan en relación con o/s caso/s práctico/s, con base en previa búsqueda xurisprudencial e na selección de bibliografía recomendada. O día da exposición entregarase un breve esquema ou resumo do traballo realizado.
|
80 |
|
Observacións avaliación |
Os criterios sinalados son válidos para a primeira e a segunda oportunidade de avaliación.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de Suspenso na materia na oportunidade correspondente.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
AAVV, Memento experto sobre responsabilidad penal y procesal de las personas jurídicas, Francis Lefebvre, Madrid 2015. MARTÍNEZ-BUJÁN PÉREZ, C., Derecho penal económico y de la empresa. Parte especial, Tirant lo Blanch, Valencia 2019. NIETO, A., Derecho administrativo sancionador, Tecnos, Madrid 2012. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|