Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Literatura e Xénero (Ámbito Galego-Portugués) Código 613584118
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Profesorado
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Web http://http://www.udc.es/filo/MLCD.html
Descrición xeral Estudo da aplicabilidade do paradigma dos estudos de xénero á análise da sociedade e das súas manifestacións culturais e artísticas, en particular ao caso dos sistemas literarios galego e de lingua portuguesa.
Na sección de contidos figuran os temas específicos que serán tratados na materia.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non haberá cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse todas as metodoloxías, que serán adaptadas a modalidades de docencia telemática, de tipo síncrono (a través de Teams) e asíncrono (a través de Moodle).

*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Mecanismos de atención permanente: correo electrónico para a atención individual, foro xeral en Moodle sobre a organización da materia e foro específico en Moodle sobre as actividades avaliábeis.
Mecanismos de atención dispoñíbeis a petición do alumnado: Vídeo-titorías a través de Teams.

4. Modificacións na avaliación
Manteranse o mesmo sistema de avaliación, de acordo coa adaptación á modalidade non presencial das metodoloxías docentes.

*Observacións de avaliación: Mantéñense as recollidas na guía docente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
A bibliografía de referencia non será modificada, aínda que serán facilitados materiais específicos (en formato PDF ou URL) a través da plataforma Moodle para o acompañamento das sesións non presenciais.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer, comprender e saber avaliar criticamente unha parte dos discursos teóricos que reflexionan sobre obras relevantes da literatura galega desde unha perspectiva de xénero. AM1
AM2
AM4
AM5
AM6
AM8
AI1
AI2
AI3
BM1
BM3
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP7
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CI1
Incorporar a perspectiva de xénero e feminista aos estudos literarios AM1
AM2
AM4
AM5
AM6
AM8
AM9
AP1
AI1
AI3
BP2
BP3
BP4
BP6
BI2
CM3
CM4
CM5
CM6
CI1
Ser quen de desenvolver investigacións avanzadas na análise dos textos literarios, desde un enfoque orixinal e creativo AM1
AM2
AM4
AM5
AM9
AP1
AI1
AI3
BM1
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BI1
BI2
BI3
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CI1
CI2
Desenvolver a capacidade de participar con precisión de pensamento e expresión (tanto oralmente como por escrito) nos debates propios destes estudos. AM2
AM4
AM5
AM9
AP1
AI1
AI2
AI3
BM1
BM2
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BI1
BI2
BI3
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CI1
CI2
Identificar e interpretar os novos marcos teóricos e conceptuais que intentan explicar a evolución da cultura contemporánea AM1
AM2
AM6
AM7
AM8
AP1
AI2
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BI1
BI2
BI3
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CI1
Saber realizar unha análise crítica da literatura e os discursos como un medio de construción da feminidade e da masculinidade, así como dos roles e estereotipos de xénero asociados a estas identidades nas diferentes épocas. AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
AM6
AM8
AM9
AP1
AI1
BM1
BM2
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BI1
BI2
BI3
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CI1

Contidos
Temas Subtemas
1. A institución literaria e as mulleres escritoras, unha relación problemática 1.1. Construción autorial, visibilidade e recoñecemento institucional: unha ollada diacrónica
2. Narrativa galega de autoría feminina e reflexión sobre a(s) identidade(s) de xénero
2.1. Escrita do eu e representación da subalternidade feminina: Xohana Torres
2.2. Reescrita feminista e problematización das identidades de xénero: de María Xosé Queizán a María Reimóndez.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A2 A5 A6 A14 A7 A10 A8 B4 B5 B6 B7 B8 B12 B9 C1 C4 C7 C5 2 20 22
Sesión maxistral A13 A1 A2 A6 A7 A10 A8 A9 B5 B6 B7 B8 B10 C3 C4 C7 C5 6 6 12
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A10 A12 A13 B13 B4 B5 B6 B7 B14 B1 B8 B12 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 C8 0 16 16
Obradoiro A13 A2 A3 A4 A5 A10 A9 A12 B13 B5 B6 B7 B14 B1 B8 B9 B2 B10 B3 C2 C3 C4 C7 C5 C6 6 8 14
Eventos científicos e/ou divulgativos A13 A2 A6 B5 B6 B7 B14 B8 C7 C5 3 6 9

Atención personalizada 2 0 2

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas. Estas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do alumnado na aula e no encontro científico.
Sesión maxistral Exposición da profesora co fin de introducir o contexto teórico e cultural do tema correspondente, así como os fundamentos teóricos e metodolóxicos da materia.
Traballos tutelados Cada estudante terá que realizar un traballo final obrigatorio sobre algún aspecto relacionado co temario, que terá o formato dun breve ensaio e cuxo tema e orientación requirirán o visto e prace da profesora en sesións de seguimento.
Obradoiro Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente pola profesora.
Eventos científicos e/ou divulgativos Ao longo do curso será recibido un/unha investigador/a externo cuxa visita será preparada colectiva e individualmente para realizarmos un encontro científico fructífero.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Lecturas
Obradoiro
Eventos científicos e/ou divulgativos
Descrición
A profesora encargarase de recibir e asesorar o alumnado en todas as cuestións que lle formular; ao tempo tratará en todo momento lle facer as observacións, indicacións puntuais bibliográficas, etc que puideren ser do seu interese.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A10 A12 A13 B13 B4 B5 B6 B7 B14 B1 B8 B12 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 C8 O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun breve ensaio orixinal (ou, alternativamente, na exposición oral dese traballo) que versará sobre un aspecto relacionado cun punto do programa. Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da investigación e a claridade expositiva e expresiva.

60
Lecturas A1 A2 A5 A6 A14 A7 A10 A8 B4 B5 B6 B7 B8 B12 B9 C1 C4 C7 C5 As lecturas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do propio alumnado na aula e no encontro científico. 10
Obradoiro A13 A2 A3 A4 A5 A10 A9 A12 B13 B5 B6 B7 B14 B1 B8 B9 B2 B10 B3 C2 C3 C4 C7 C5 C6 Valorarase a participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan na aula: discusión dirixida, análise e comentario dos textos propostos, etc. 20
Eventos científicos e/ou divulgativos A13 A2 A6 B5 B6 B7 B14 B8 C7 C5 O alumnado deberá participar activamente con preguntas e/ou reflexións no encontro co/a investigador/a invitado/a. 10

Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN

1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.

1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

1.3. Todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.

2. AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO)

Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Obradoiro e participación en eventos científicos). Así, para superar a materia, terá que realizar unha "Proba mixta" para avaliar as lecturas (40%) e presentar o "Traballo tutelado" (60%).

3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO

Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a será avaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 40 % da cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía, e un "Traballo tutelado" puntuábel nun 60% que deberá ser presentado no mesmo día do exame.

4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A

Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita.

5. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso académico para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes). Así mesmo, aquel alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado responsábel.

7. OUTRAS PRECISIÓNS

Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

Fontes de información
Bibliografía básica Garrido, Ana (2015). "Las chicas raras no tienen voz". Itinerarios 21
Nogueira, Mª Xesús (2020). "Outros desejos, outras palavras. A representação de identidades sexuais não-normativas na literatura galega contemporánea". Daniel, Amarelo (coord.), Nós, xs inadaptadxs. Representações, desejos e historias LGBTIQ na Galiza
Reimóndez, María (2018). "Silencios que non son: o continuum lesbiano nas narradoras galegas". Boguszcewicz, María et alii, Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega: unha ahega interdisciplina
Vilavedra, Dolores (2018). "Singularidades da articulación socio-discursiva da narrativa galega de autoría feminina". Boguszcewicz, M. et alii, Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega: unha ahega interdisciplinaria
García Fonte, Mª Anxos (2011). A construción da identidade de xénero na narrativa galega da segunda metade do século XX . Tese de doutoramento. UDC
Forcadela, Manuel / Noia, Camiño (coords.) (2011). Cara a unha poética feminista : homenaje a María Xosé Queizán. Vigo: Xerais
González Fernández, Helena (2005). Elas e o paraugas totalizador . Vigo: Xerais
VV. AA. (1987). Festa da palabra silenciada, 4 (monográfico Xohana Torres) .
García Negro, Mª Pilar (2010). O clamor da rebeldía: Rosalía de Castro, ensaio e feminismo. Santiago: Sotelo Blanco
Moure, Teresa (2012). Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións. Vigo: Galaxia

Armas García, C. Mª (2002): As mulleres escritoras (1860-1870). O xenio de Rosalía (Santiago: Laiovento).

Blanco, C. (1991): Literatura galega da muller (Vigo: Xerais).

Blanco, C. (1995): O contradiscurso das mulleres (Vigo: Nigra).

Forcadela, M. / Noia, C. (coords.) (2011): Cara a unha poética feminista : homenaje a María Xosé Queizán (Vigo: Xerais).

García Fonte, Mª Anxos (2011): A construción da identidade de xénero na narrativa galega da segunda metade do século XX (Tese de doutoramento, Universidade da Coruña).

García Negro, Mª P. (2010): O clamor da rebeldía: Rosalía de Castro, ensaio e feminismo (Santiago: Sotelo Blanco).

García Negro, Mª P. / Rodríguez Sánchez, F. (1996): “Literatura feminina e feminista da segunda metade do século XIX”, en VV. AA.: Historia da Literatura Galega: 351-384 (Vigo: AS-PG/ A Nosa Terra).

Garrido, A. (2015): "Las chicas raras no tienen voz", Itinerarios 21, 183-198.

González Fernández, H. (2005): Elas e o paraugas totalizador (Vigo: Xerais).

González Fernández, H. (2009): Género y nación: la construcción de un espacio literario (Barcelona: Icaria).

March, K. N. (1994): De musa a literata: el feminismo en la narrativa de Rosalía de Castro (Sada: O Castro).

Pena Presas, Montse (2018): Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia (Santiago: Laiovento).

Rodríguez Rodríguez, M.(2013): Feminismo e innovación en la narrativa gallega de autoría femenina: Xohana Torres, María Xosé Queizán, Carmen Blanco yTeresa Moure (Lewiston : Edwin Mellen Press).

Reimóndez, M. (2018): "Silencios que non son: o continuum lesbiano nas narradoras galegas", en Boguszcewicz, M. et alii, Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega: unha ahega interdisciplinaria: 167-194 (Varsovia: Universidade de Varsovia).

Rodríguez Sánchez, F. (2011): Rosalía de Castro, unha estranxeira na súa patria (Santiago: AS-PG).

Suárez Briones, B. / Martín Lucas, Mª B. / Fariña Busto, Mª J. (eds) 82000): Escribir en femenino. Poéticas y políticas (Barcelona: Icaria).

Vilavedra, D. (2018): "Singularidades da articulación socio-discursiva da narrativa galega de autoría feminina", en Boguszcewicz, M. et alii, Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega: unha ahega interdisciplinaria: 87-114 (Varsovia: Universidade de Varsovia).

VV. AA. (1987): Festa da palabra silenciada, 4 (monográfico Xohana Torres)

Obras de lectura obrigada:
• Xohana Torres: Adiós, María
• Mª Xosé Queizán: A semellanza
• Teresa Moure: Benquerida catástrofe
• María Reimóndez: Piratas

A profesora entregará, na aula e/ou a través da plataforma Moodle, unha selección de textos literarios e críticos que o alumnado deberá ler nos prazos estipulados.

Bibliografía complementaria March, Katheleen N. (1994). De musa a literata: el feminismo en la narrativa de Rosalía de Castro. Sada: O Castro
Fariña Busto, Mª Jesús / Suárez Briones, Beatriz / Martín Lucas, Mª Belén (eds.) (2005). Escribir en femenino. Poéticas y políticas . Barcelona: Icaria
Armas García, Celia Mª (2002). As mulleres escritoras (1860-1870). O xenio de Rosalía . Santiago: Laiovento
López-López, Lorena (2019). Dialogando coas marxes na narrativa de autoría feminina: margarita Ledo Andión, Patricia A. Janeiro, Cris Pavón e Teresa Moure. Bangor: Bangor University
Rodríguez Rodríguez, Marisol (2013). Feminismo e innovación en la narrativa gallega de autoría femenina: Xohana Torres, María Xosé Queizán, Carmen Blanco yTeresa Moure. Lewiston : Edwin Mellen Press
Pena Presas, Montse (2018). Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia. Santiago: Laiovento
González Fernández, Helena (2009). Género y nación: la construcción de un espacio literario. Barcelona: Icaria
Blanco, Carmen (1991). Literatura galega da muller. Vigo: Xerais
Amarelo, Daniel (coord.) (2020). Nós, xs inadaptadxs. Representações, desejos e historias LGBTIQ na Galiza. Santiago: Através
Blanco, Carmen (1995). O contradiscurso das mulleres. Vigo: Xerais
Moure, Teresa (2014). Politicamente incorreta. Ensaios para um tempo de pressas. Santiago: Através
Segarra, Marta (2012). Repensar la comunidad desde la literatura y el género. Barcelona: Icaria
Rodríguez Sánchez, Francisco (2011). Rosalía de Castro, unha estranxeira na súa patria. Santiago: AS-PG
Lema París, Ánxela / Nunes Brións, Andrea (coods.) (2020). Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobre a obra de maría Reimóndez. Vigo: Xerais
García Negro, Mª Pilar / Rodríguez Sánchez, Francisco (1996). “Literatura feminina e feminista da segunda metade do século XIX”. Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ed.).: Historia da Literatura Galega:

A profesora fornecerá ao longo do curso, a través da plataforma Moodle, material bibliográfico complementar e outros recursos específicos para cada un dos temas obxecto de estudo nesta materia.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: carme@udc.gal

(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías