Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A4 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A7 |
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Coñecer e aplicar as técnicas de análise literaria. |
A1 A2 A15
|
B7
|
C1
|
Realizar por escrito documentos científicos (recensións, comentarios, etc.) |
A2 A9 A11 A15
|
B1 B6 B7
|
C6
|
Coñecer as principais etapas da literatura galega, da Idade Media á contemporaneidade. |
A7 A11 A14
|
B3 B8
|
C6
|
Saber avaliar, analizar e sintetizar criticamente información relativa á literatura galega. |
A11 A14
|
B1 B3 B7
|
C6
|
Ser capaz de aplicar os coñecementos literarios á práctica. |
A7 A11 A14 A15
|
B9 B10
|
C1 C6
|
Coñecer e manexar os principais recursos web e bibliográficos sobre a literatura galega nas súas diferentes etapas. |
A11
|
B1 B3
|
C6
|
Ser capaz de pór en relación os coñecementos adquiridos nesta materia cos de outras de características similares. |
A11 A14 A15
|
B3 B5
|
C6
|
Ser capaz de realizar unha presentación oral sobre os contidos da materia. |
A4 A9 A15
|
B4
|
C1
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
1. A literatura galega |
1.1 Definición, caracterización, periodización. Cuestións metodolóxicas. |
2. Literatura medieval galego-portuguesa. |
2.1 Lírica profana. Cantiga de amor. Cantiga de amigo. Cantiga de escarnho e maldizer.
2.2 Lírica relixiosa. Cantigas de Santa María
2.3 A prosa medieval. |
3. A literatura nos séculos XVI-XVIII. |
3.1 O concepto "Séculos Escuros". Unha ilustración galega? |
4. O século XIX. O Rexurdimento. |
4.1 Prerrexurdimento, rexurdimento, rexionalismo.
4.2 A poesía. Rosalía de Castro: Cantares Gallegos.
4.3 A prosa e o teatro. Período Intersecular. |
5. O século XX. |
5.1 As Irmandades da Fala. A renovación do sistema.
5.1.1 O Grupo Nós.
5.1.2 As Vangardas.
5.2 A guerra civil. A literatura do exilio.
5.3 A recuperación da actividade literaria na posguerra.
5.3.1 A narrativa.
5.3.2 A poesía. Movementos e autores.
5.4. De 1975 á actualidade. Diversificación xenérica.
5.4.1 A narrativa.
5.4.2. A poesía.
5.4.3. O teatro. |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Introductory activities |
B5 C6 |
1 |
0 |
1 |
Document analysis |
A1 A9 A11 A15 |
11 |
11 |
22 |
Workbook |
A4 A7 B3 B6 B7 |
0 |
40 |
40 |
ICT practicals |
B1 B3 B4 |
1 |
1 |
2 |
Guest lecture / keynote speech |
B8 B9 |
30 |
21 |
51 |
Oral presentation |
A2 A4 A9 C1 |
10 |
10 |
20 |
Seminar |
A11 A14 A15 B1 B3 B4 B7 B10 |
12 |
10 |
22 |
Events academic / information |
A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 |
2 |
2 |
4 |
Supervised projects |
A7 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C6 |
2 |
20 |
22 |
Mixed objective/subjective test |
A1 A2 A7 A9 A11 A14 A15 B3 B5 B6 B7 B10 C6 |
4 |
35 |
39 |
|
Personalized attention |
|
2 |
0 |
2 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Introductory activities |
Exposición xeral do funcionamento da materia e realización de actividades prácticas para familiarizar o alumnado co funcionamento de bases de datos e repositorios dixitais, cos recursos bibliográficos, e coa metodoloxía das actividades avaliábeis. |
Document analysis |
Lectura, análise e comentario de códices, textos e paratextos (xornalísticos, narrativos, poéticos, dramáticos, públicos, privados, correspondencia...). |
Workbook |
Realización das lecturas obrigadas que se indican no apartado 8 da guía, e dos textos críticos que indique o profesorado. |
ICT practicals |
Prácticas en que se utilizarán de maneira case exclusiva os recursos en rede incluídos no apartado 8 da guía. |
Guest lecture / keynote speech |
Sesións de traballo en que o profesorado expón os puntos principais dos contidos da materia, como punto de partida para o traballo posterior do alumnado. |
Oral presentation |
Exposición na aula, necesariamente oral, aínda que poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. |
Seminar |
Traballo en grupos reducidos coa finalidade do estudo intensivo dun tema. Discusión, participación, elaboración de conclusións nas que se envolven todos os participantes do seminario. |
Events academic / information |
Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia Facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado. |
Supervised projects |
Realización por parte do alumnado dun traballo baixo a orientación e co seguimento do profesorado da materia. As características e condicións de realización do traballo explicaranse no inicio do curso e acordaranse co alumnado. |
Mixed objective/subjective test |
Proba escrita de avaliación que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test, etc. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Supervised projects |
Seminar |
Document analysis |
|
Description |
Durante las horas de tutorías del profesorado, el/la alumno/a recibirá toda la guía y ayuda que necesite para la realización de sus trabajos. Podrán concertarse citas fuera de este horario previa solicitud por correo electrónico.
El estudiantado con dispensa académica será objeto de especial seguimiento individualizado. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Supervised projects |
A7 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C6 |
O traballo titorizado consistirá na elaboración dun vídeo sobre unha obra de lectura asignada polo profesorado.
As pautas e as instrucións específicas para a súa realización e presentación serán proporcionadas nas aulas e publicadas na plataforma Moodle. |
20 |
Workbook |
A4 A7 B3 B6 B7 |
As obras de lectura obrigada serán obxecto de traballo específico nas aulas de grupo reducido.
A avaliación realizarase tendo en conta as actividades realizadas nestas sesións de acordo coas pautas que proporcionará o profesorado.
|
20 |
Mixed objective/subjective test |
A1 A2 A7 A9 A11 A14 A15 B3 B5 B6 B7 B10 C6 |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test... A través da proba mixta, avaliarase o seguimento das sesións maxistrais e interactivas.
Esta proba será única mais realizarase en dúas partes: a primeira no mes de febreiro; a segunda, no mes de maio na data fixada oficialmente pola Facultade. |
50 |
Events academic / information |
A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 |
Cada estudante deberá asistir a dous eventos (conferencias, mesas redondas, exposicións etc.) de entre os recomendados polo profesorado ao longo do curso académico.
Sobre cada evento deberá ser cumprimentada, de acordo coas instrucións do profesorado, a ficha de valoración que estará disponíbel na plataforma Moodle. |
10 |
|
Assessment comments |
Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que serán publicados na plataforma Moodle no inicio do curso. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados á ferramenta para a detección de plaxio Turnitin. O alumnado terá de entregar os traballos e as actividades nos prazos estabelecidos nas aulas. 1. Requisitos para superar a materia Para superar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Tendo en conta esta condición, a cualificación final da materia responderá á aplicación das porcentaxes das actividades avaliábeis. Caso de a suma das cualificacións do conxunto superar o 5 mais sen obter o mínimo de 4 na proba escrita, farase constar como cualificación final a obtida na proba escrita (calculada sobre 10, sen ponderar). 2. Non presentado/a Será considerado NON PRESENTADO/A quen non se presente a ningunha das partes da proba escrita. Isto é, quen se presentar a calquera das probas escritas, terá a consideración de PRESENTADO/A. 3. Segunda oportunidade O alumnado que non superar a materia na primeira oportunidade, terá unha segunda no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberán ser presentadas/realizadas as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará o profesorado. O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 sobre 10 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta. 4. Dispensa académica O/a estudante que teña concedida dispensa académica terá condicións especiais de avaliación. Deberá pórse en contacto coa profesora Teresa López (t.lopez@udc.gal) antes do día 20 de outubro. 5. Alumnado de segunda matrícula e posteriores ou con incompatibilidade horaria por razóns laborais O alumnado con estas características que non poida asistir ás aulas con regularidade deberá alertar sobre este feito a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.gal antes do día 20 de outubro. 6. Convocatoria adiantada de decembro Consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba oral (50% da cualificación) que versará sobre as lecturas propias da materia.
|
Sources of information |
Basic
|
|
Obras de lectura: Selección de textos medievais. Rosalía de Castro, Cantares gallegos. Ramón Otero Pedrayo, Contos do camiño e da rúa. Rafael Dieste, A fiestra valdeira. Luís Seoane, A soldadeira. Manuel Forcadela (ed.), Poesía de posguerra. Xohana Torres, Adiós, María. Xosé Luís Méndez Ferrín, Amor de Artur e outros contos con Tagen Ata ao lonxe. Unha obra do século XXI asignada polo profesorado entre tres propostas por cada estudante. Cando for preciso, o profesorado indicará as edicións recomendadas para a lectura. |
Complementary
|
|
O profesorado da materia proporcionará unha listaxe de recursos bibliográficos específicos para os temas tratados nesta materia a través do Campus Virtual. Como obras de consulta de carácter xeral, indícanse agora as seguintes: Carballo Calero, Ricardo, Historia da Literatura Galega Contemporánea, Galaxia, Vigo, 1981. Pena, Xosé Ramón, Historia da literatura galega, Xerais, Vigo, 2013-2019, 4 vols. Tarrío, Anxo, Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica, Xerais, Vigo, 1997. Tarrío, Anxo (coord.), Galicia. Literatura (vols. XXXII-XXXIV), Hércules de edicións, A Coruña. Tato Fontaíña, Laura, Historia do teatro galego. Das orixes a 1936, A Nosa Terra, Vigo, 1999. Vilavedra, Dolores (coord.), Dicionario da Literatura Galega, Galaxia, Vigo, 1995-2000. Vilavedra, Dolores, Historia da Literatura Galega, Galaxia, Vigo, 1999. VV. AA., Historia da Literatura Galega, A Nosa Terra, Vigo, 1996, 5 vols. http://literaturagalega.as-pg.gal/E os recursos en liña: Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura: http://www.poesiagalega.org/ Asociación de escritores en lingua galega, cun centro de recursos virtuais: http://www.aelg.org Biblioteca virtual de prensa histórica: https://prensahistorica.mcu.es Biblioteca virtual galega da Universidade da Coruña: http://bvg.udc.es/index.jsp Centro Ramón Piñeiro: dicionario de termos literarios, base de datos da lírica profana galego-portuguesa, informes de literatura: http://www.cirp.es Fundación Curros Enríquez: http://www.currosenriquez.es/ Fundación Rosalía: http://www.rosaliadecastro.org Galiciana. Biblioteca de Galicia: https://biblioteca.galiciana.gal Mediateca do Consello da Cultura Galega: http://consellodacultura.org/mediateca/index.php Portal da Cantigas Medievais Galego-Portuguesas, Projeto Littera da Universidade de Lisboa: http://cantigas.fcsh.unl.pt Real Academia Galega, hemeroteca e biblioteca virtual: http://academia.gal Repositorio institucional da Universidade da Coruña: http://ruc.udc.es/dspace/ Universo Cantigas: https://universocantigas.gal |
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
Other comments |
O/a estudante que precise falar co profesorado fóra do horario de atención establecido oficialmente, poderá concertar unha cita a través do correo electrónico, nos enderezos que figuran nesta guía. Para as comunicacións relativas á materia, o profesorado utilizará como canais preferentes, ademais da comunicación oral nas aulas, o Campus Virtual e o enderezo de correo electrónico institucional do alumnado. |
|