Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A5 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A16 |
Coñecer a crítica textual e a edición de textos. |
A17 |
Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e valorar críticamente os autores/obras/períodos/movimientos literarios máis significativos/representativos da literatura española dos séculos XX e XXI, atendendo a unha perspectiva crítica histórico-social. |
A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17
|
B1 B5 B6 B7 B10
|
C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. A literatura de vangarda. O Grupo del 27. |
Vangardas e 27: presentación, comentarios e imaxes. |
Tema 2. A literatura e a Guerra civil española. |
Presentación, contextos e comentarios.
Novela existencial
Novela social |
Tema 3. A poesía dos anos 50. |
Principales correntes estéticas.
Poesía social e experimental.
Coñecemento e comunicación.
|
Tema 4. Literatura e democracia.
|
Creación literaria nos anos 80
A xeneración dos 90.
Do conto o microrrelato |
Tema 5. Literatura e actualidade |
Ultimas tendencias.
Experimentación.
Transmedia. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A5 A11 A15 A16 |
20 |
0 |
20 |
Discusión dirixida |
A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B5 B6 B7 B10 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
20 |
30 |
50 |
Obradoiro |
A1 A2 A5 A11 A15 A16 B5 B7 |
0 |
30 |
30 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A5 A11 A15 A16 |
2 |
45 |
47 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Fundamentos teórico-prácticos obxecto de estudo da materia. |
Discusión dirixida |
Debate desenvolvido na aula sobre os temas, textos e contidos da materia. |
Obradoiro |
Diferentes actividades propostas polo profesor ou profesora e realizadas baixo a súa tutela. Exporanse e debatiranse na aula, cunha cualificación propia que, no conxunto, reflictirase nunha porcentaxe global. |
Proba obxectiva |
Proba escrita final, correspondente aos contidos expostos nas aulas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Discusión dirixida |
Sesión maxistral |
Obradoiro |
Proba obxectiva |
|
Descrición |
Titorías presenciais ou telemáticas (Teams). |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A1 A2 A5 A11 A15 A16 B5 B7 |
Traballos persoais titorizados polo profesor ou profesora da materia. |
50 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A5 A11 A15 A16 |
Exame final correspondente ás materias expostas no curso. |
50 |
|
Observacións avaliación |
As anteriores porcentaxes son orientativas. Para completar a información, cómpre ter en conta o seguinte:
1. O 50% da cualificación final obterase pola proba obxectiva
(exame), en convocatorias oficiais de primeira e de segunda
oportunidade. Para aprobalas, e para aprobar a asignatura, deberase
obter nelas un mínimo de 4 sobre 10. Por exemplo, un 3 no exame non é
posible compensalo cun 7 pola suma de traballos. 2. O 50% restante obterase por un conxunto de actividades propostas pola profesora e levadas a cabo baixo a súa tutela, que serán desenvolvidas, expostas e debatidas na aula. 3. A avaliación na segunda oportunidade consitirá nunha proba escrita de carácter teórico-práctico con propostas de desenvolvemento conceptual, unha referida as lecturas do curso e unha parte práctica. 4. A convocatoria adiantada de decembro consistirá na realización dunha
proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba específica sobre as
lecturas propias da materia (50% da cualificación). Esta última pode ser
oral. 5. O alumnado con dispensa académica recoñecida deberá comunicalo por escrito a profesora, co asunto: "Dispensa de asistencia 2020-2021", en canto comecen as aulas. 6. O prazo límite para a entrega dos traballos escritos de curso, en formato electrónico, será o da derradeira sesión de aulas. 7. As probas escritas e as actividades deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística en español, lingua regulamentaria do curso: acentuación, ortografía correcta, precisión léxica, ausencia de abreviaturas, rexistro formal, etc. A penalización por faltas graves será de medio
punto en cada caso. Para estudantes de lingua estranxeira será
indispensable un dominio razoable da lingua española, tanto en expresión oral como escrita. 8. Calquera forma de plaxio, como a cita de traballos alleos sen a
marca de tal ou sen a referencia correspondente, suporá o suspenso para a
proba ou traballo. O mesmo aplicarase a calquera forma de copia
indebida nas probas ou exames. O control farase mediante o programa de
detección de plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade. 9. Forma parte das obrigas do alumnado estar ao corrente do curso e das actividades mediante a consulta periódica da plataforma Canmpus Virtual. 10. Lémbrase que os dereitos e deberes do alumnado da UDC están recollidos no Estatuto do Estudantado, na web institucional: https://www.udc.es/estatuto O resto de normativa pode consultarse en: https://www.udc.es/gl/normativa/estudantes/
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Yurkievich, Saúl (1984). A través de la trama. Sobre vanguardias literarias y otras concomitancias. Barcelona: Muchnik
Forster, Merlin, David Jackson y Harold Wentzlaff Eggebert (1998). Bibliografía y antología crítica de las vanguardias literarias en el mundo hispánico. Frankfurt y Madrid: Iberoamericana
Bonet, Juan Manuel (1995). Diccionario de las vanguardias en España (1907-1936). Madrid: Alianza Editorial
García de la Concha, Víctor, ed. (1982). El Surrealismo. Madrid: Taurus
Morris, C. Brian (2000). El Surrealismo y España: 1920-1936. Madrid: Espasa-Calpe (Austral 503)
Anderson, Andrew A. (2005). El Veintisiete en tela de juicio : examen de la historiografía generacional y replanteamiento de la vanguardia histórica española. Madrid: Gredos
Friedrich, Hugo (1974). Estructura de la lírica moderna. Barcelona: Seix.Barral
Alonso, Cecilio (2010). Historia de la literatura española, dir. por José-Carlos Mainer, vol. 5: Hacia una literatura nacional, 1800-1900. Madrid: Crítica
Mainer, José-Carlos (2010). Historia de la literatura española, dir. por José-Carlos Mainer, vol. 6: Modernidad y nacionalismo, 1900-1939. Madrid: Crítica
Debicki, Andrew P. (1997). Historia de la poesía española del siglo XX. Desde la modernidad hasta el presente. Madrid: Gredos
Mainer, José-Carlos (1981). La Edad de Plata (2ª ed.). Madrid: Cátedra
Aullón de Haro, Pedro (2000). La modernidad poética, la vanguardia y el creacionismo. Málaga: Universidad
Blanch, Antonio (1976). La poesía pura española. Madrid: Gredos
Brihuega, Jaime (1981). Las vanguardias artísticas en España (1900-1936). Madrid: Istmo
Paz, Octavio (1974). Los hijos del limo: del romanticismo a la vanguardia. Barcelona: Seix Barral
Brihuega, Jaime (1979). Manifiestos, proclamas, panfletos y textos doctrinarios. Las vanguardias artísticas en España 1910-1931. Madrid: Cátedra
Pozuelo Yvancos, José María (2014). Novela española del siglo XXI. Madrid: Cátedra
Prieto de Paula, Ángel L., coord. (s/d). Poesía Española Contemporánea. http://www.cervantesvirtual.com/portales/poesia_espanola_contemporanea/
Alonso, Dámaso (1952). Poetas españoles contemporáneos. Madrid: Gredos
Litvak, Lily (1980). Transformación industrial y literatura en España (1985-1907). Madrid: Taurus
Morris, C. Brian (1988). Una generación de poetas españoles 1920-1936. Madrid: Gredos
Costa, René de, ed. (1975). Vicente Huidobro y el creacionismo. Madrid: Taurus |
Lecturas obrigatorias.
Como
lecturas obrigatorias presentaranse no Campus Virtual diferentes
arquivos en pdf correspondentes aos temas apuntados no Paso 3. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|