Para superar a materia, o/a estudante deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis.
Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que serán publicados no Campus Virtual no inicio do curso.
Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados á ferramenta para a detección de plaxio Turnitin.
O alumnado terá de entregar os traballos e actividades nos prazos estabelecidos nas aulas.
1. OPORTUNIDADE DE XULLO
Deberánse realizar ou presentar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente.
O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta.
2. NON PRESENTADO/A
Será considerado NON PRESENTADO/A o/a estudante quen non se presente á proba mixta.
3. DISPENSA ACADÉMICA E MATRÍCULA PARCIAL
As persoas que teñan dispensa académica terán condicións especiais de avaliación:
- Proba mixta (50%).
- Lecturas (30%). Para concretar as características dos comentarios, o/a estudante deberá pórse en contacto coa profesora antes do día 30 de setembro.
- Recensión bibliográfica (20%).
As persoas con matrícula parcial deberán poñerse en contacto coa profesora antes do 30 de setembro por se for preciso estabelecer condicións especiais de avaliación; de ser este o caso, aplicaríanse as mesmas que para as persoas con dispensa académica.
4. ALUMNADO CON INCOMPATIBILIDADE POR RAZÓNS HORARIAS OU LABORAIS
O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas e o alumnado que tiver horario laboral incompatíbel co seguimento da materia mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica deberá comunicalo á profesora a través dun correo electrónico antes do 30 de setembro. Unha vez realizadas as oportunas comprobacións, a profesora confirmará se o seu sistema de avaliación será o do alumnado con dispensa académica.
5. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO
Consistirá na realización dunha proba escrita (60% da cualificación) e na entrega da recensión bibliográfica fixada na guía docente (40%).