Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise literaria. |
A1 A2 A3 A10 A15
|
B7
|
C1
|
Saber avaliar, analizar e sintetizar criticamente información relativa á poesía en lingua galega e portuguesa. |
A11 A14
|
B1 B3 B7
|
C6
|
Ser capaz de aplicar os coñecementos literarios á práctica. |
A7 A11 A14 A15
|
B9 B10
|
C1 C6
|
Ter capacidade de análise, valorar e exercer o coñecemento desde un punto de vista crítico. |
A14
|
B7 B8
|
C6
|
Ter un coñecemento amplo da poesía en lingua galega e portuguesa. |
A17 A18 A19 A20
|
B8
|
C6
|
Elaborar textos escritos de diversa tipoloxía (traballos tutelados, fichas de lectura etc.). |
A2 A4 A9 A11 A15
|
B1 B6 B7
|
C6
|
Relacionar os coñecementos adquiridos nesta materia cos de outras disciplinas afíns. |
A11 A14 A15
|
B3 B5
|
C6
|
Ser capaz de realizar unha presentación oral sobre os contidos da materia. |
A4 A9 A15
|
B4
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A poesía galega de 1975 á actualidade |
1.1. Coñecemento construído: historia e crítica. Procesos de canonización. A función das antoloxías.
1.2. Centros e periferias do subsistema poético: institucións, grupos, traxectorias e tendencias repertoriais. |
2. A poesia portuguesa após o 25 de abril |
2.1. A poesía na configuración do campo literario portugués actual. Discursos historiográficos e críticos, e procesos de canonización.
2.2. Tendencias repertoriais, traxectorias consagradas e escritas marxinais. |
3. Poesía e emerxencia literaria na literatura dos PALOP |
3.1. Emerxencia literaria e procesos de independencia. Funcións das prácticas e dos repertorios poéticos.
3.2. Repertorios poéticos e modelos socioculturais: identidade, nación, xénero. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A3 B8 B9 |
14.5 |
29 |
43.5 |
Lecturas |
A7 A10 A17 A18 A19 A20 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C6 |
6 |
12 |
18 |
Seminario |
A3 A2 B6 B7 C1 |
6 |
12 |
18 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A4 A14 A17 A20 B6 B7 B10 C1 |
3 |
9 |
12 |
Proba mixta |
A18 A17 A15 A14 A11 A9 A2 A1 B7 B4 C1 |
2 |
16 |
18 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Sesións de traballo en que a profesora explica a contextualización e os elementos necesarios para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior. |
Lecturas |
O profesorado estabelecerá un conxunto de lecturas para cada un dos temas. Comprenderán obras historiográficas, críticas e de creación (antoloxías e obras de autoría individual). |
Seminario |
Serán organizadas sesións en que o alumnado, con orientación e supervisión do profesorado, presentará a súa análise dunha parte dos contidos e dos materiais da materia, previamente traballados de maneira autónoma. |
Traballos tutelados |
Cada estudante deberá desenvolver un traballo tutelado sobre algún dos aspectos do temario. Contará coa orientación inicial e o acompañamento continuado por parte do profesorado. |
Proba mixta |
Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e que combinará exercicios de carácter ensaístico con análise de fontes documentais e comentario de textos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Lecturas |
|
Descrición |
O profesorado estará dispoñible para atender de maneira personalizada todo o alumnado da materia, a través dos medios dispoñibles: correo electrónico, plataforma Teams e atención presencial. A atención personalizada será imprescindible para o desenvolvemento do traballo tutelado e dalgunha das sesións de seminario.
A atención personalizada, a través dos medios dispoñibles, será especialmente relevante e necesaria no caso do alumnado con matrícula a tempo parcial e dispensa académica. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A2 A4 A14 A17 A20 B6 B7 B10 C1 |
No traballo tutelado será valorada a correcta delimitación do tema, o aproveitamento dos materiais bibliográficos, os resultados finais e a calidade lingüística e expositiva.
|
25 |
Lecturas |
A7 A10 A17 A18 A19 A20 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C6 |
As lecturas obrigatorias serán avaliadas a través de actividades de diferente tipo (recensión crítica, comentario de texto, cuestionario), ao longo de todo o cuadrimestre. |
20 |
Proba mixta |
A18 A17 A15 A14 A11 A9 A2 A1 B7 B4 C1 |
Proba escrita baseada fundamentalmente nas actividades de análise e comentario de textos, combinadas con outras de carácter ensaístico. Como no caso dos traballos tutelados, serán valoradas a expresión e o rigor expositivo. |
40 |
Seminario |
A3 A2 B6 B7 C1 |
As actividades de seminario serán desenvolvidas nas aulas presenciais e nelas será avaliada a lectura e a análise dos materiais propostos, a participación de cada estudante, o traballo colaborativo e o desenvolvemento do pensamento crítico. |
15 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables. Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña" (artigo 14.4). As persoas matriculadas a tempo parcial e que obtiveren dispensa académica deberán porse en contacto co profesorado para organizar o seu seguemento da materia. Serán avaliadas de acordo co seguinte sistema: proba mixta (40%), traballo tutelado (30%) e lecturas (30%). Tamén deberán porse en contacto co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral sexa incompatible co seguemento da materia mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderá ter condicións de avaliación equivalentes á dispensa académica. A cualificación de NON PRESENTADO/A será outorgada cando o/a alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%. Na segunda oportunidade (xullo) será aplicado o mesmo sistema de avaliación que na primeira. As persoas que concorreren á segunda oportunidade deberán realizaar unicamente as actividades non superadas na primeira. As datas de entrega serán indicadas polo profesorado con antecedencia suficiente. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Nogueira, María Xesús (2017). 13 Antoloxía da poesía galega próxima. Santiago de Compostela: Chan de pólvora & papelesmínimos
Mato Fondo, Miguel Anxo (1991). A mazá e a cinza. A poesia galega após 1976. Pontevedra: Edicións do Cumio
Guimarães, Fernando (2002). A poesia contemporânea portuguesa do final dos anos 50 aos anos 90. Lisboa: Quasi Edições
González Fernández, Helena (2001). A tribo das baleas. Poetas de arestora.. Vigo: Xerais
Reis-Sá, Jorge (2001). Anos 90 e agora. Uma antologia da nova poesia portuguesa. Vila Nova de Famalicão: Quasi Edições
García, Xosé Lois (1998). Antología da poesía feminina dos PALOP (Países africanos de língua oficial portuguesa). A Coruña: Espiral Maior
Casas, Arturo (ed.) (2003). Antoloxía da poesía consultada (1976-2000). Lugo: TrisTram
Rodríguez, Luciano (1986). Desde a palabra, doce voces. Nova poesía galega. Barcelona: Sotelo Blanco
Martelo, Rosa Maria (2004). Em parte incerta. Estudos de poesia portuguesa moderna e contemporanea. Lisboa: Campo das Letras
García, Xosé Lois (1993). Floriram cravos vermelho. Antologia poética de expressão portuguesa em Africa e Asia. A Coruña: Espiral Maior
VV.AA. (2000). Galicia. Literatura. A literatura desde 1936 ata hoxe : poesía e teatro. A Coruña: Hércules de Ediciones.
Vilavedra, Dolores (1999). Historia da Literatura Galega. Vigo: Galaxia
VV. AA. (1998). Historia da literatura galega. vols. 3 e 4. Vigo: AS/PG & A Nosa Terra
Lopes, Óscar & Marinho, Maria Fátima (dir.) (2001-2002). História da Literatura Portuguesa. Vol. 7. Lisboa: Alfa
Bernárdez, C. L. & Insua, E. X. & Millán Otero, X. M. & Rei Romeu, M. & Tato Fontaí (2001). Literatura galega. Século XX. Vigo: A Nosa Terra
Salinas Portugal, Francisco (2006). Literaturas africanas en lengua portuguesa. Madrid: Síntesis
VV. AA. (2016). No seu despregar. Antoloxía poética. A Coruña: Apiario Editora
Kiobucka, Ana M. (2009). O formato mulher. A emergência da autoria femenina na poesia portuguesa. Coimbra: Angelus Novus |
Será fornecida bibliografía específica para cada tema. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|