AVALIACIÓN:
A avaliación da materia articúlase sobre a base dos seguintes
aspectos:
1. Práctica en grupo supervisada (40% da nota final). Ao longo do
curso realizaranse diferentes prácticas, entre as que destaca a realización da
análise de requisitos dun dominio exposto polo profesor. Para a avaliación
desta práctica supervisada terase en conta:
- O traballo realizado polos alumnos nas clases mediante
un proceso de avaliación continua. Para esta avaliación continua terase en
conta especialmente os seguintes aspectos: asistencia a clase,
participación, capacidade de traballo en equipo, autonomía no traballo e
capacidade de aplicación dos coñecementos teóricos a un caso práctico.
- O contido do traballo presentado, valorando
principalmente: presentación do traballo, ortografía e redacción, e
calidade da solución técnica presentada.
- A exposición do traballo, valorando, entre outros: a
súa estrutura, claridade na exposición, capacidade de síntese, adecuación
ao tempo e dominio da materia.
2. Proba mixta ou exame final (60% da nota final). O examen final
constará de preguntas, cuestións e/ou exercicios de calquera aspecto visto na
materia e que o alumno terá que responder.
O exame final compóñense de dous partes: unha teórica, cun peso do 60% sobre a nota final, e outra práctica, cun peso do 10%. É importante
remarcar que en ambas as partes poderá preguntarse calquera aspecto visto na
materia.
ALUMNOS DE MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL:
Dado o carácter de avaliación continua da práctica en grupo
supervisada, recoméndase que estes alumnos falen co profesor ao longo da
primeira semana de clase con obxecto de tratar de buscar o mellor horario
posible para a súa realización.
En canto ao resto de actividades, e a pesar de non ser actividades
de presenza obrigatoria, trataráselles de dar as máximas facilidades para que
poidan asistir ás mesmas.
REQUISITOS:
Para aprobar a materia é necesario cumprir cos seguintes
requisitos:
1. Obter unha cualificación final mínima de 5 puntos sobre 10
entre todas as probas segundo a ponderación establecida.
2. Obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 no exame final; é dicir, 3
puntos sobre os 6 asignados a esta parte. En caso de que non se cumpra este requisito, a nota final da materia será a do exame final puntuada sobre 10.
RECUPERACIÓN:
Os alumnos que non superen a materia terán que demostrar a
correcta adquisición das competencias fundamentais da mesma mediante a
realización dun novo exame final (teórico e práctico).
Dado o carácter de avaliación continua da práctica en grupo
supervisada esta parte non poderá recuperarse.