OUTRAS NORMAS DE EVALUACIÓN DA MATERIA
- A entrega das prácticas nas datas indicadas, a súa presentación, así como a asistencia ás clases de prácticas son obrigatorias para aprobar a materia.
- Un alumno considerarase presentado nunha convocatoria se fai a entrega COMPLETA das prácticas ou se se presenta ao exame teórico.
- De acordo ao artigo 14, apartado 4, danormativa*, o plaxio dos traballos prácticos conlevará unha nota global deSUSPENSO na convocatoria anual.
- No caso de que non se cumplan as condicións para o cálculo da nota media entre a proba mixta é as prácticas, é decir, se algunha das dúas é inferior a 4,5, prevalecerá a nota da proba mixta como nota final nas actas.
Avaliación na segunda oportunidade
- A nota das prácticas para as dúas oportunidades do curso será a obtida na primeira oportunidade de Xuño. Non haberá entrega de prácticas para a segunda oportunidade de Xullo, excepto para as prácticas suspensas.
- En canto os criterios de avaliación, a segunda oportunidade estará sometida aos mesmos que a primeira
Sobre a responsabilidade compartida dostraballos en grupo.
Nas actividades que se levan a cabo en grupos, tales comoas prácticas, todos os membros do grupo serán responsables solidarios dotraballo realizado e entregado, así como das consecuencias que se deriven doincumplimiento das normas de autoría do mesmo.
Matrícula a tempo parcial
Os alumnos matriculados a tempoparcial terán que entregar as actividades avaliables nas condicións e prazosespecíficos que se establecerán. Será obriga do/a estudante comunicar a súasituación ao profesorado.
* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno daUniversidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.