Para superar a materia, o alumno deberá obter unha calificación mínima de 5
sobre 10 na suma das calificacións da proba obxectiva, traballo tutelado e as
prácticas de laboratorio. Para poder sumar as tres notas o estudante deberá
obter unha nota mínima de 3,5 sobre 10 na proba obxectiva. Se non obtén esta
nota mínima, a nota da materia será a correspondente a nota da proba obxectiva.
Durante o cuadrimestre realizaranse evaluacións parciais dos temas de teoría
que xerarán unha nota de evaluación contínua para a parte de teoría. Se esta
nota é superior a 3,5 sobre 10 poderase sumar ás notas de traballo tutelado e as
prácticas para dar unha nota total da asignatura, sen necesidade de facer a proba
obxectiva da convocatoria oficial. No caso de que o estudante se presente en convocatoria
oficial á proba obxectiva, a nota que obteña sustituirá á de evaluación parcial,
independientemente de se é superior ou inferior.
Estudantes con matrícula a tiempo parcial e dispensa académica:
A asistencia a prácticas de laboratorio é obrigatoria. No caso de non poder
asistir de forma xustificada debe falar co profesor de prácticas para levar a
cabo traballo sustitutivo da clase de prácticas e facer unha evaluación dese
traballo.
Segunda oportunidade e Convocatoria adelantada:
O estudante ten que facer o exame da proba obxectiva nestas convocatorias,
sendo os criterios para obter a nota total os indicados ó principio deste
apartado. Poderá entregar o traballo tutelado, o entregara o non con
anterioridades, e a nota do traballo entregado sustituirá a que teña previamente
neste apartado. En canto a nota obtida nas Prácticas de Laboratorio manterase,
podendo subir esta nota ó facer as entregas dos traballos de prácticas, non
podendo recuperarse a parte da nota que se corresponde co traballo nas clases de
prácticas.
Plaxio:
En calquiera entrega na que se detecte plaxio, a entrega será valorada cun
cero. O plaxio na proba obxectiva será sancionado dacordo coa normativa vixente
da universidade