Traballos tutelados |
A8 B2 B4 B7 B9 B10 C2 C3 C4 |
Avaliarase a calidade do traballo realizado e a súa xustificación. |
30 |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación global superior a 5, e ademais: - Unha NOTA MÍNIMA de 1 (sobre 3) nos traballos tutelados.
- Unha NOTA MÍNIMA de 1,5 (sobre 3) na proba mixta.
De non obter algunha destas notas mínimas, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5. Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta. SEGUNDA OPORTUNIDADE Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superasen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma: - Traballos tutelados: poderán recuperarse no caso de que non foran entregados ou non se acadase a nota mínima na primeira oportunidade.
- Prácticas: cada práctica poderá recuperarse realizando unha nova entrega na segunda oportunidade.
- Proba mixta: poderá recuperarse realizando o exame, nas mesmas condicións que na primeira oportunidade
- Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
- Na segunta oportunidade mantéñense as mesmas porcentaxes de avaliación e notas mínimas da primeira oportunidade.
- Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das partes.
DISPENSA ACADÉMICA Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes nas primeiras semanas do curso para determinar as condicións de entrega das prácticas e traballos tutelados.
|