Os seminarios consistirán na
exposición de textos ou videos por parte da profesora, dos que o alumnado
dispoñerá previamente, para ser debatidos en clase segundo unha serie de
preguntas e de materiais que supoñerán ampliar a discusión. Prevese a realización
de 6 sesións de seminario. Pola participación activa en cada un destes seminarios,
o alumno poderá obter un punto na súa cualificación final, ata alcanzar un
máximo de 4 puntos (o 40% da cualificación final).
Os traballos tutelados serán
traballos de investigación breves realizados por un máximo de dous alumnos
presenciais, aos que se lles pode sumar outro alumno a distancia. Requirirán
horas de presencialidade para traballar en grupo e para a exposición continuada
do que se avanza ao resto da clase. O resultado final
prepararase a modo de poster ou cartel
dixital. Por este traballo final obterase un máximo de 6 puntos (o 60% da
cualificación final); ata dous puntos dos cales responderán ao criterio do
esforzo e da participación demostrada na súa realización.
Ao alumnado matriculado
en modalidade non-presencial aplicaráselle o mesmo sistema de avaliación, pero
engadindo as seguintes condicións. A súa contribución aos seminarios terá que
entregarse por escrito, a modo de ensaio breve e seguindo as instrucións que se
lle darán para cada lectura. A súa participación no traballo tutelado asignado
levará engadida a creación e mantemento dun foro de debate virtual sobre o
tema, en Moodle ou outra plataforma similar.
O sistema de avaliación das convocatorias de xullo e
sucesivas, serán acordadas de forma personalizada con polo menos 3 meses de
antelación á pechadura de actas.