Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A9 |
Análisis de los principales conceptos y generalizaciones sobre la sociedad humana y sus procesos. |
A11 |
Aprendizaje de la historia de la teoría sociológica y sus principales escuelas hasta la actualidad. |
A24 |
Conocimientos y habilidades en transmitir los conceptos, problemáticas y perspectivas sociológicas. |
B3 |
Capacidad de análisis y síntesis. |
B4 |
Resolución de problemas. |
B6 |
Comunicación oral y escrita en la lengua nativa. |
B13 |
Razonamiento crítico. |
B18 |
Creatividad. |
B27 |
Capacidades en reconocer la complejidad de los fenómenos sociales. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma. |
C7 |
Asumir como profesional y ciudadano la importancia del aprendizaje a lo largo de la vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar na vida real os conceptos fundamentais da teoría sociolóxica contemporánea |
A9 A11 A24
|
B3 B4 B6 B13 B18 B27
|
C1 C7
|
Definir cos conceptos fundamentais da teoría sociolóxica contemporánea |
A11 A24
|
B3 B6
|
|
Describir o coñecemento teórico máis relevante da socioloxía das últimas décadas e ser quen de transmitilo sintéticamente |
A9 A11 A24
|
B3 B6 B13 B18
|
C1 C7
|
Resumir unha monografía sociolóxica e expresar sintéticamente os aspectos máis salientables da mesma |
A24
|
B3 B6 B13
|
C1 C7
|
Realizar un mapa conceptual das correntes e autores máis salientables da teoría sociolóxica contemporánea |
A9 A11 A24
|
B3 B4 B13 B18
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1 |
Introdución: ciencia e teoría sociolóxica. Que é e que non é teoría sociolóxica. Tipos de teoría. Eixos principais da teorización sociolóxica: descrición, comprensión e explicación; tipos de explicación sociolóxica; individualismo e holismo; realismo e relativismo; integración teoría-investigación; a teoría sociolóxica e as metodoloxías de investigación. A avaliación das teorías sociolóxicas. Criterios de calidade científica. A avaliación comparativa das teorías. |
Tema 2 |
O interaccionismo simbólico. A fenomenología, a etnometodología e a dramaturxia social. |
Tema 3 |
Do estructuralismo ó post-estructuralismo. |
Tema 4 |
A teoría crítica |
Tema 5 |
Elección racional, interacción estratéxica e teoría de xogos. Racionalidade e explicación sociolóxica. Tipos de racionalidade. Dilemas sociais e teoría da acción colectiva. |
Tema 6 |
Teoría de redes sociais, difusión e influencia social. Mecanismos de influencia social e difusión. Teoría da forza dos vínculos débiles. Redes e teoría do contaxio complexo. |
Tema 7 |
Sociobioloxía e teoría evolucionaria. O papel da bioloxía na explicación da conduta social. A interacción entre xenes e cultura. |
Tema 8 |
Integración micro-macro e integración acción-estrutura (I): a teoría xeral dos campos e a teoría da estruturación. |
Tema 9 |
Integración micro-macro e integración acción-estrutura (II): Teoría sociolóxica analítica. Socioloxía xenerativa, analítica e computacional |
Tema 10 |
Das teorías contemporáneas da modernidade á teoría social posmoderna. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A11 |
22 |
40 |
62 |
Lecturas |
A9 A11 C7 |
0 |
20 |
20 |
Traballos tutelados |
A9 A24 B3 B4 B6 B13 B27 C1 C7 |
16 |
46 |
62 |
Presentación oral |
A24 B3 B4 B6 B18 C1 |
1 |
2 |
3 |
Proba obxectiva |
A11 A9 B3 B13 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
É o método tradicional da docencia no que tanto a iniciativa como o peso principal da actividade recaen sobre o profesor. Expón un perigo importante de provocar actitudes pasivas por parte do alumnado e limitar así a súa capacidade de aprendizaxe. Con todo, unha clase maxistral ben preparada, densa nos contidos e amena na forma, será sempre un instrumento interesante na educación.
Ademais, a clase expositiva, a lección maxistral, non debe ir soa na formulación dunha materia como esta. É necesario complementar este método pedagóxico máis tradicional coa introdución doutras actividades e métodos que permitan un rol máis activo dos estudantes.
Neste tipo de aulas intentarase promover a participación que nos permita un mínimo feed-back do nivel de comprensión e de asimilación en cada tema e desenvolver en cada sesión auténticos debates sobre temas actuais e concretos relacionados coas cuestións teóricas tratados.
A participación do alumnado neste tipo de aulas é moi imporante e moi valorado.
Con estes requisitos, a clase expositiva, mesmo cun número amplo de alumnos (a asistencia voluntaria sempre limita o número real), pode conseguir, en primeiro lugar, unha transmisión adecuada de coñecementos, preferentemente daqueles que poidan ser máis difíciles de acceder ou de asimilar. En segundo lugar, debe converterse no espazo da síntese, da crítica, da interrelación de ideas e da profundización de coñecementos. En terceiro lugar, na clase deben achegarse orientacións claras para a aplicabilidade dos coñecementos transmitidos e exemplos concretos da práctica social dos mesmos. |
Lecturas |
Nos temas do programa existen un número determinado de lecturas obrigatorias que permiten a adecuada comprensión da materia. Evitan ademais a copia automática de apuntamentos durante as clases maxistrais, motivando entre o alumnado a atención durante as explicacións. Son unha guía dos contidos da materia.
Ademais, nalgunhas sesións prácticas utilizaranse para dinamizar debates.
As aulas son para entender os conceptos e as teorías e plantexar posibles dúbidas. Por esa razón cómpre ter leídos os textos sobre os que se falará na aula. Os textos da bibliografía son parte do material a partires do cal avaliaranse os coñecementos. |
Traballos tutelados |
Hai varios tipos de traballos tutelados, como as prácticas realizadas en clase (de forma individual ou grupal), a realización dun portafolio ou a elaboración dunha recensión. Estes traballos serven para relacionar os coñecementos teóricos adquiridos, os argumentos dos manuais e os textos de referencia, cos casos prácticos e co coñecemento das fontes de información relacionadas coa materia.
|
Presentación oral |
Un dos traballos realizado polo alumnado será exposto en clase. |
Proba obxectiva |
Exame final sobre os contidos da materia explicados nas sesións maxistrais e nos recolleitos nas lecturas obrigatorias. A data é marcada oficialmente pola UDC. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Presentación oral |
Sesión maxistral |
Lecturas |
|
Descrición |
A atención personalizada desta asignatura desenvolverase de forma presencial e non presencial. Para a comprensión das lecturas e para a realización dos traballos tutelados contaredes coa nosa presenza no aula durante as sesións en grupos reducidos e, ademais, poderedes programar as tutorías presenciales que consideredes necesarias no horario que comunicaremos ao comezo de curso. Tamén estaremos dispoñibles de forma non presencial preferiblemente a través do correo electrónico (e tamén a través da plataforma Moodle).
Recomendase a todos os alumnos que, ante la dúbida, fagan uso das tutorías sempre.
Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto cos profesores ao comezo do curso e terán que asistir a unha tutoría para concretar as metodoloxías de avaliación. A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (20% da nota), un traballo sobre unha producción audiovisual (20% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (60% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados (sobre o libro e a producción audiovisual) como o exame. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A9 A24 B3 B4 B6 B13 B27 C1 C7 |
Considérase traballos tutelados tanto as prácticas realizadas en clase como o portafolio e a recensión. En todos estes traballos valorarase:
-A comprensión e manexo dos conceptos, textos e a teoría sociolóxica.
-O uso de fontes e de ferramentas apropiadas para a investigación social.
-O pensamento crítico, reflexivo e relacional.
-A orixinalidade.
-A correcta expresión escrita.
-A capacidade de traballo en grupo (cando sexa o caso).
|
45 |
Presentación oral |
A24 B3 B4 B6 B18 C1 |
A presentación oral é obligatoria.
Nela valorarase:
-O dominio e comprensión do tema sociolóxico tratado.
-A capacidade de síntese.
-A correcta expresión oral.
-A creatividade. |
5 |
Proba obxectiva |
A11 A9 B3 B13 |
Exame escrito con preguntas breves e de desenvolvemento sobre o materia da materia.
Nel valorarase:
-O manexo de conceptos e teorías.
-A comprensión da materia.
-A coherencia do discurso.
-A correcta expresión escrita.
|
50 |
|
Observacións avaliación |
Avaliación continua. A parte práctica (o conxunto de prácticas e actividades de clase, o portafolio, a recensión, a exposición, a asistencia e a participación) supoñerá o 50% da cualificación, o exame final o 50%. Desta forma valórase e compénsase todo o traballo realizado. As prácticas que se realizarán ao longo do cuatrimestre terán un contido variado. O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC. Para aprobar a asignatura é necesario aprobar tanto a parte práctica como o exame. Avaliación non continua.
Aqueles alumnos que obteñan o recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto cos profesores ao comezo do curso e terán que asistir a unha tutoría para concretar as metodoloxías de avaliación. A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro ou conxunto de lecturas a determinar polo profesor (20% da nota), un traballo sobre unha produción audiovisual a determinar polo profesor (10% da nota), un exercicio de análise de casos con teoría de xogos (10%) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (50% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados (sobre o libro e a produción audiovisual) como o exame. Segunda oportunidade. A aqueles que teñan aprobada a parte práctica da materia pero non se presenten ou suspendan o exame teórico da primeira convocatoria gardaránselles as notas da parte práctica pero terán que presentarse a un exame teórico nas datas oficiais marcadas pola UDC (en segunda oportunidade). Aqueles que teñan que recuperar a parte práctica por suspendela deberán reelaborar os traballos prácticos suspendidos. Os pesos relativos dos distintos bloques son os mesmos que na primeira oportunidade, e mantense o requisito de aprobar tanto a parte práctica como o exame para superar a materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Goldthorpe, John H. (2007). De la sociología: números, narrativas e integración de la investigación y la teoría.. Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas
Boudon, R. (2004). La sociología que realmente importa. Papers: revista de sociologia, 215-226..
Linares, F. (2018). Sociología y teoría social analíticas: La ciencia de las consecuencias inintencionadas de la acción. Alianza Editorial
Ritzer, G. (2002). Teoría Social Contemporánea. Madrid: McGraw Hill
Giner, S. (2011). Teoría Sociológica Moderna. Barcelona: Ariel
Boudon, R. (2010). “El homo sociologicus: ni idiota racional ni irracional”, en Noguera, J.A. ed., Teoría sociológica analítica. . CIS |
|
Bibliografía complementaria
|
Cobo, R. (2005). "El género en las ciencias sociales", en Cuadernos de Trabajo Social.
Martínez García, J.S. (2004). "Tipos de elección racional", en Revista Internacional de Sociología.
Noguera, J.A. (2003). "¿Quién teme al individualismo metodológico? Un análisis de sus implicaciones para la teoría social", en Papers. Revista de Sociología.
Rodríguez Ibáñez,J.E. (1998). La perspectiva sociológica. Historia, teoría y método. Madrid: Taurus |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Introdución á socioloxía/615G01103 | Teoría sociolóxica 1/615G01110 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Estrutura e cambio social/615G01208 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|