AVALIACIÓN DURANTE O CURSO:
O traballo do/da alumno/a ao longo do curso será avaliado de forma continua a través do xeito seguinte:
1) Resolución de probas de resposta múltiple: Puntuación máxima: 2 puntos.
2) Prácticas de laboratorio: puntuación máxima 2 puntos.
3) Proba obxectiva final: Puntuación máxima 6 puntos. Puntuación mínima 2,5 puntos.
A cualificación final do/da alumno/a que aparecerá nas actas da materia será o suma das cualificacións obtidas nos apartados anteriores. Sempre e cando se acade a cualificación mínima establecida para a proba obxectiva final de 2,5 puntos. De non ser o caso, a cualificación final será a da proba obxectiva.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
- Ter asistido ás prácticas e entregado todos os informes.
- Obter o mínimo establecido na proba obxectiva final e chegar a unha cualificación final igual ou superior a 5.
Alumnado Repetidor:
Os /as alumnos /as que teñan feito as prácticas en cursos anteriores e entregado o informe correspondente estarán exentos da realización das mesmas no presente curso sempre e cando firmen a renuncia voluntaria nun prazo anterior ó comezo das mesmas. Neste caso: a cualificación do apartado 2) será a que figure no arquivo da materia para ese/a alumno/a. Esta cualificación será publicada previamente ó comezo das sesión de prácticas.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
Buscaránse métodos alternativos para que o/a alumno/a faga as probas de resposta múltiple e as prácticas de laboratorio co fin de poder ser avaliado nos apartados 1) e 2).
AVALIACIÓN NA SEGUNDA OPORTUNIDADE:
A proba obxectiva abarcará todo o temario e computará un 60% da avaliación. Se manterán as cualificacións obtidas para as probas de resposta múltiple e prácticas de laboratorio nas mesmas condicións que na primeira oportunidade, é dicir; se sumarán estas cualificacións sempre que a cualificación acadada na proba obxectiva supere a nota mínima de 2,5 puntos.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.
Para a obtención da cualificación de non presentado aplicásese o artigo 21 2.b das "NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DÁS CUALIFICACIÓNS DÚAS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO" Aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e Modificada polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2014 (texto refundido)”
Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidade, teránse en conta a hora de deseñar e levar a cabo a avaliación.