Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os dispositivos electrónicos básicos (díodos, transistores, dispositivos de potencia e amplificadores operacionais) e a súa aplicación en circuítos. |
A7 A14 A17 A18 A30 A31
|
B2 B8 B9
|
C3 C6 C9 C13
|
Ser capaz de analizar sistemas combinacionais e secuenciais básicos. |
A7 A14 A17 A18 A30 A31
|
B2 B8 B9
|
C3 C6 C9 C13
|
Coñecer os distintos tipos de memorias. |
A7 A18 A30 A31
|
B8 B9
|
C3 C6 C9 C13
|
Coñecer o funcionamento básico da instrumentación electrónica analóxica e dixital. |
A7 A14 A18 A30 A31 A47
|
B2 B4 B5 B8 B9
|
C3 C6 C9 C13
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1. SEMICONDUTORES. |
1.1. Semicondutores intrínsecos.
1.2. Semicondutores extrínsecos. |
TEMA 2. DÍODOS. |
2.1. A unión P-N.
2.2. Curva característica.
2.3. Tipos.
2.4. Modelos lineais.
2.5. Análise de circuítos. |
TEMA 3. CIRCUÍTOS RECTIFICADORES. |
3.1. Sinais sinusoidais.
3.2. Rectificadores de media onda.
3.3. Rectificadores de onda completa.
3.4. Análise de circuítos. |
TEMA 4. TRANSISTORES DE UNIÓN BIPOLAR. |
4.1. Estrutura básica e funcionamento.
4.2. Curvas características en emisor común.
4.3. Modelos equivalentes e análise de circuítos.
4.4. Aplicacións. |
TEMA 5. TRANSISTORES UNIPOLARES: MOSFETs. |
5.1. Estrutura básica e funcionamento.
5.2. Curvas características en fonte común.
5.3. Modelos equivalentes e análise de circuítos.
5.4. Aplicacións. |
TEMA 6. DISPOSITIVOS DE POTENCIA. |
6.1. SCRs.
6.2. TRIACs.
6.3. Aplicacións.
6.4. Análise de circuítos. |
TEMA 7. AMPLIFICADORES: O AMPLIFICADOR OPERACIONAL. |
7.1. Conceptos básicos: ganancia, resposta en frecuencia e realimentación.
7.2. O amplificador operacional. Aplicacións lineais e non lineais.
7.3. Análise de circuítos. |
TEMA 8. PORTAS LÓXICAS. FAMILIAS LÓXICAS. |
8.1. Fundamentos de circuítos dixitais.
8.2. Portas lóxicas.
8.3. Familias lóxicas.
8.4. Circuítos integrados.
8.5. Análise de circuítos. |
TEMA 9. SISTEMAS DIXITAIS. |
9.1. Sistemas combinacionais.
9.2. Sistemas secuenciais.
9.3. O procesador.
9.4. Memorias.
9.5. Análise de circuítos. |
PRÁCTICAS DE LABORATORIO |
Uso de equipos de medida en corrente continua e corrente alterna.
Análise e montaxe de circuítos. |
PRÁCTICAS A TRAVÉS DE TIC |
Interpretación e debuxo de esquemas.
Simulación de circuítos. |
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro A-III/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Oficial de Máquinas de Primeira da Mariña Mercante, sen limitación de potencia da planta propulsora e Xefe de Máquinas da Mariña Mercante ata o máximo de 3000 kW. |
Cadro A-III/2 do Convenio STCW.
Especificación das normas mínimas de competencia aplicables aos Xefes de Máquinas e Primeiros Oficiais de Máquinas de buques con máquina propulsora principal con potencia igual ou superior a 3000 kW. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A18 A7 B9 C6 C9 C13 |
30 |
45 |
75 |
Solución de problemas |
A14 A17 A18 B2 B4 B8 C6 C9 |
8 |
24 |
32 |
Prácticas de laboratorio |
A7 A14 A18 A30 A31 A47 B2 B5 B8 B9 C3 C6 C9 C13 |
8 |
10 |
18 |
Prácticas a través de TIC |
A7 A14 A17 A18 A30 A31 A47 B2 B5 B8 B9 C3 C6 C9 C13 |
8 |
10 |
18 |
Proba mixta |
A7 A14 A17 A18 A30 A31 B2 B4 B8 C6 C9 |
4 |
0 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de fases de debate co alumnado. Servirán como punto de partida para o resto de actividades. |
Solución de problemas |
Formulación e resolución de problemas relacionados cos contidos da materia. |
Prácticas de laboratorio |
O alumnado realizará unha serie de prácticas no Laboratorio de Electrónica utilizando equipos de medida e compoñentes electrónicas. |
Prácticas a través de TIC |
O alumnado realizará unha serie de prácticas utilizando o software de simulación de circuítos LTspice. |
Proba mixta |
Proba escrita sobre contidos tratados ao longo do cuadrimestre, valorándose o seu coñecemento teórico e a súa aplicación á resolución de problemas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
Prácticas de laboratorio |
Sesión maxistral |
Solución de problemas |
|
Descrición |
A atención personalizada na realización das prácticas de laboratorio e a través de TIC considérase imprescindible para guiar ao alumnado no desenvolvemento do traballo. Ademais, esta atención servirá para validar e apoiar o traballo que vai sendo realizado nas súas distintas fases de desenvolvemento ata chegar á súa finalización.
Doutra banda, recoméndase fortemente a asistencia a titorías como método de axuda para a total comprensión do contido das sesións maxistrais e para a resolución de problemas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
A7 A14 A17 A18 A30 A31 A47 B2 B5 B8 B9 C3 C6 C9 C13 |
Valorarase o traballo realizado en cada unha das sesións.
O alumnado con dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia terá a opción de realizar un exame de prácticas. |
10 |
Prácticas de laboratorio |
A7 A14 A18 A30 A31 A47 B2 B5 B8 B9 C3 C6 C9 C13 |
Valorarase o traballo realizado en cada unha das sesións.
O alumnado con dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia terá a opción de realizar un exame de prácticas. |
10 |
Solución de problemas |
A14 A17 A18 B2 B4 B8 C6 C9 |
Avaliación da resolución de problemas a través dunha serie de probas breves. |
30 |
Proba mixta |
A7 A14 A17 A18 A30 A31 B2 B4 B8 C6 C9 |
Consistirá en varios exames sobre os contidos tratados ao longo do cuadrimestre, valorándose o seu coñecemento teórico e a súa aplicación á resolución de problemas. |
50 |
|
Observacións avaliación |
PRIMEIRA OPORTUNIDADEA) PROBA MIXTA:- Consistirá en tres parciais de 5 puntos (máximo) cada un. Para aprobar a materia deberá obterse un mínimo de 2,5 puntos en cada un deles. Unha vez obtidos, a nota da proba mixta será a media das notas dos parciais.
- En caso de non aprobarse algún dos parciais, terase a oportunidade do exame final (1ra oportunidade) para aprobalos.
B) SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: - Consistirá nun conxunto de probas cunha valoración máxima conxunta de 3 puntos, cun mínimo de 1,5 e polo menos a metade das probas aprobadas para aprobar a materia.
- En caso de non aprobar as probas, o alumnado disporá dun exame de resolución de problemas na mesma data e horario que o do exame final (ver apartado A). Deberá aprobarse devandito exame para aprobar a materia.
C) PRÁCTICAS DE LABORATORIO/TIC:- Consistirá nun conxunto de tarefas de laboratorio e simulación por computador (TIC) de valoración conxunta máxima de 2 puntos, cun mínimo de 1 e polo menos a metade das tarefas para aprobar a materia.
- En caso de non aprobarse as tarefas, o alumnado disporá dun exame de prácticas na data e horario estipulados polo centro. Deberá aprobarse devandito exame para aprobar a materia.
Detección de plaxios ou copia de traballos: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para as oportunidades segunda e adiantada.
SEGUNDA OPORTUNIDADE E OPORTUNIDADE ADIANTADA- Manterase a nota obtida nas prácticas de laboratorio/TIC e en solución de problemas. En caso de non aprobarse as prácticas ou a resolución de problemas, o alumnado terá á súa disposición os correspondentes exames (similares e coas mesmas condicións que os da primeira oportunidade).
- Non se manterán as notas dos parciais da primeira oportunidade. A proba mixta consistirá nun único exame. Para aprobar a materia deberá obterse un mínimo de 2,5 puntos nel.
O alumnado matriculado a tempo parcial ou que teña concedida a dispénsa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), realizará as mesmas probas de avaliación que o alumnado matriculado a tempo completo. Terá a opción de realizar un exame de prácticas de laboratorio/TIC en cada oportunidade.
Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-III/1 e A-III/3 do Código STCW, e recollidos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Boylestad, Robert L. e Nashelsky, Louis (2018). Electrónica : teoría de circuitos y dispositivos electrónicos. México : Pearson
Brégains, Julio C. e Castro, Paula M. (2013). Electrónica básica : problemas resueltos. Paracuellos del Jarama : Starbook
Malvino, Albert Paul e Bates, David J. (2007). Principios de electrónica. Madrid : McGraw-Hill |
|
Bibliografía complementaria
|
Millman, Jacob e Halkias, Christos C. (1991). Electrónica integrada circuitos y sistemas analógicos y digitales. Barcelona : Edit. Hispano Europea
Linear Technology (2009). LTspice User Manual. Linear Technology
Varios Autores (2020). LTspice Users Group. https://groups.io/g/LTspice
Millman, Jacob e Grabel, Arvin (1991). Microelectrónica. Barcelona : Edit. Hispano Europea
Keysight Technologies (2012). Osciloscopios de la serie 1000B de Keysight. Guía del usuario. Keysight Technologies
Siglent Technologies (2017). SDG800 Series Function/Arbitrary Waveform Generator. User Manual. Siglent Technologies |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Matemáticas 1/631G02151 | Informática/631G02154 | Matemáticas II/631G02156 | Química/631G02157 | Física II/631G02158 | Matemáticas III/631G02260 | Fundamentos de Regulación e Control/631G02257 | Electrotecnia. Máquinas Eléctricas e Sistemas Eléctricos do Buque/631G02253 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Automatización de Instalacións Marítimas/631G02357 |
|
Materias que continúan o temario |
Sistemas Electrónicos de Adquisición de Datos/631G02512 | Sistemas Electrónicos de Comunicacións e Axuda á Navegación/631G02457 | Electrónica Dixital/631G02364 | Electrónica Analóxica e de Potencia/631G02363 |
|
|