Datos Identificativos | 2021/22 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Asignatura (*) | ESTANCIAS CLÍNICAS II | Código | 651G01036 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Titulación |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Grao | Anual |
Cuarto | Obrigatoria | 30 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Idioma |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Modalidade docente | Presencial | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Prerrequisitos | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Departamento | Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Web | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Descrición xeral |
La estancia clínica en la Facultad de Fisioterapia de A Coruña debe estar estructurada en una doble vertiente: - La conceptualización de la asignatura como una materia global, conservando un proceso de fisioterapia común y estructurado - La adecuación de la programación a los distintos campos de actuación en Fisioterapia. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Plan de continxencia |
Este plan de continxencia entrará en vigor cando por motivos de alerta sanitaria non sexa posible a realización das prácticas clínicas por parte dos/das estudantes, a condición de que se poida asegurar o cumprimento do mínimo presencial establecido polas autoridades académicas. En caso contrario, o calendario académico poderá ser modificado ao obxecto de que as prácticas clínicas poidan ser recuperadas cando a situación sanitaria o permita. Ante o illamento específico dun/dunha estudante derivado da pandemia, ofreceranse datas alternativas para que poida recuperar as súas prácticas clínicas presenciais e/ou realizar a proba clínica presencial, se fose o caso. 1. Modificacións nos contidos Non se contemplan cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Seminario: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia. Prácticas clínicas: haberá que cursar un mínimo (establecido polas autoridades académicas) de forma presencial. Proba clínica: poderá adaptarse a non presencialidade dependendo da evolución da pandemia. *Metodoloxías docentes que se modifican Estudo de casos (resolución de casos clínicos): substitúe a metodoloxía de prácticas clínicas na modalidade non presencial. Proporcionarase un caso clínico en cada unha das unidades docente-asistenciais que o/a estudante non puidese cursar de forma presencial, a través da plataforma Moodle ou por correo electrónico. Cada estudante deberá desenvolvelos de forma individual, podendo solicitar ao mesmo a resolución xeral do caso partindo de datos preliminares, ou ben seu desenvolvemento dende o momento actual a partir dos datos da avaliación máis recente. Con todo, débese salientar a necesidade de ordenar e sistematizar o proceso de intervención en fisioterapia, que nesta fase da formación debe orientarse para maximizar a capacidade de emitir un diagnóstico funcional coherente, de modo que unha exploración ordenada posibilite a realización dun razoamento clínico básico. Proba clínica: poderá adaptarse a non presencialidade dependendo da evolución da pandemia. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención personalizada ao alumnado realizarase a través das seguintes ferramentas: Microsoft Teams: Mínimo de 2 reunións virtuais obrigatorias. Moodle: Se proporciona todo o material necesario para o desenrolo da docencia nos prazos preestablecidos. Correo electrónico: Para envío de convocatorias, avisos ou resolución de dúbidas a demanda do/da estudante. 4. Modificacións na avaliación Avaliación continua 60% • Prácticas clínicas • Estudo de casos Valorarase o coñecemento dos métodos, procedementos e actuacións fisioterápicas, así mesmo os coñecementos aplicados á práctica clínica: habilidades intelectuais, aptitudes, destrezas e habilidades técnicas e manuais. Portafolio/Caderno de prácticas clínicas: engloba o diverso material que o alumno elabora froito das tutorías, sesións clínicas, seminarios formativos, lecturas, procuras bibliográficas e historias clínicas dos pacientes. Valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada, traballo en equipo, resolución de casos e axuda aos compañeiros durante as prácticas. A resolución dos casos clínicos traballados na modalidade non presencial, así como a asistencia, actitude e participación nos seminarios virtuais programados serán obxecto de avaliación. Proba clínica obxectiva 40% Constitúense 10 tribunais de mínimo 2 e máximo 3 profesores clínicos, avaliando cada tribunal a un número equitativo de estudantes. Deséñase unha proba clínica obxectiva na que cada estudante deberá resolver un caso clínico a partir dunha situación clínica concreta durante 90 minutos. Valorarase a integración dos coñecementos e o proceso de organización dos mesmos, a relación teoría-práctica, o razoamento clínico e a resolución de novos problemas. *Observacións de avaliación: A asistencia ás prácticas clínicas presenciais así como o desenvolvemento de titorías virtuais e casos clínicos de forma non presencial é de obrigado cumprimento para asegurar a completa adquisición das competencias da materia. As ausencias puntuais e xustificadas terán que recuperarse nos termos indicados polo responsable da unidade e/ou coordinación da materia. As ausencias non xustificadas non son recuperables. AVALIACIÓN CONTINUADA (60%): A cualificación da avaliación continuada será a media obtida da suma das cualificacións de avaliación continuada de cada unha das unidades docente-asistenciais. A cualificación da avaliación continuada gardarase exclusivamente ata a convocatoria de 2ª oportunidade (xullo). Para superar a parte de avaliación continuada cada estudante non poderá presentar máis de 2 unidades docente-asistenciais con cualificacións inferiores ao 50% da puntuación posible. PROBA OBXECTIVA/CLÍNICA (40%): Cualificación establecida polo tribunal de avaliación, obtida da resolución dun caso clínico por parte do estudante. A CUALIFICACIÓN FINAL será a media ponderada obtida da cualificación da avaliación continuada e a proba clínica, sendo obrigatoria a realización da "proba clínica", pois a non realización da mesma suporá unha cualificación final na materia de NON PRESENTADO (NP). Para optar a esta media ponderada e poder superar a materia, é imprescindible obter unha nota superior ao 50% da puntuación posible tanto na avaliación continuada coma na proba obxectiva. Excepcionalmente, se un/unha estudante non superase a materia por non cumprir os requisitos preestablecidos no referente á avaliación continuada, poderá optar a superala en convocatoria de 2ª oportunidade realizando as tarefas de reforzo que se lle pauten desde a coordinación, relacionadas coas unidades docente-asistenciais cursadas en modalidade non presencial que suspendese. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizan modificacións |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías |