Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender as bases teóricas, conceptuais e legais da orientación profesional e valorar as súas implicacións para a intervención. |
AP6
|
|
|
Caracterizar o desenvolvemento institucional da orientación profesional e analizar a súa situación actual. |
AP6
|
BM3 BM4 BM6 BM10 BM11 BM13
|
CM4
|
Analizar as funcións sociopolíticas da orientación profesional e reflexionar sobre as posibilidades e características dunha orientación profesional para o cambio que incida nunha práctica non discriminatoria.
|
AP7 AP12
|
|
|
Planificar e avaliar intervencións aplicables a diferentes contextos e destinatarios.
|
AP1 AP4 AP12
|
BM4
|
|
Coñecer os distintos ámbitos de aplicación das TIC na orientación profesional e saber utilizalas.
|
|
BM10 BM11
|
CM3 CM6
|
Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero e deseñar propostas de orientación profesional que integren a dimensión de xénero.
|
AP7 AP12
|
BM3 BM6 BM8
|
|
Adquirir unha actitude crítica e transformadora ante as problemáticas da orientación profesional. |
AP7
|
|
CM4 CM6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Delimitación conceptual e bases teóricas da orientación profesional. |
1.1 Antecedentes e delimitación conceptual da orientación.
1.2 Principios legais e psicopedagóxicos da intervención
1.3. Contextos de intervención en orientación profesional
|
Tema 2. A orientación para a transición do mundo educativo ao mundo laboral. |
2.1 Os procesos de transición cara o emprego
2.2 Modelos de intervención en orientación profesional. |
Tema 3. A orientación profesional con persoas desempregadas. |
3.1. Emprego/desemprego: evolución e situación actual
3.2. Colectivos vulnerables
3.3. Políticas de emprego |
Tema 4. Os itinerarios personalizados de inserción como metodoloxía de intervención. |
4.1. A orientación como eixe condutor dos itinerarios de inserción.
4.2. O proxecto profesional e vital |
Tema 5. As TIC e a orientación profesional: ámbitos de utilización. |
5.1. Repercusión das TIC nos procesos orientadores.
5.2. Utilización das TIC nas accións de orientación profesional.
|
Tema 6. A orientación profesional con enfoque de xénero: finalidades e pautas para a súa integración. |
6.1. O xénero na construcción da identidade profesional.
6.2. A influenza do xénero na toma de decisións profesionais.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A1 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B10 B13 C6 |
3 |
12 |
15 |
Análise de fontes documentais |
A12 B6 B11 B13 C4 C6 |
3 |
6 |
9 |
Sesión maxistral |
A6 B11 B13 C3 C4 C6 |
16.5 |
7 |
23.5 |
Estudo de casos |
A1 A4 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B8 B10 B11 B13 C3 C4 C6 |
6 |
0 |
6 |
Aprendizaxe colaborativa |
A1 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B10 B13 C6 |
4 |
8 |
12 |
Portafolios do alumno |
A1 A4 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B11 B13 C3 |
0 |
13 |
13 |
Simulación |
A6 B3 B4 B10 |
3 |
12 |
15 |
Proba mixta |
A6 B3 B4 B10 B11 |
6 |
8 |
14 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos/das estudantes, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos/polas estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos/das estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesorado-titor.
O alumnado realizará unha proposta de aprendizaxe-servizo (ApS): proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e servizo á comunidade nun só proxecto, no cal as persoas participantes se forman traballando sobre necesidades reais da contorna co obxectivo de mellorala. No contexto dos plans de estudos da UDC, a proposta de ApS efectuarase, de ser posible, no marco das distintas materias da titulación, coordinándose co profesorado responsable destas. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
|
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Portafolios do alumno |
É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumnado |
Simulación |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe.
Exponse ao alumnado ante condicións hipotéticas nas que se pon a proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase polo tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
|
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Portafolios do alumno |
Estudo de casos |
Proba mixta |
Simulación |
|
Descrición |
As metodoloxías sinaladas complementaranse con sesións de titorías (atención personalizada) para consulta de dúbidas e axuda na resolución dos traballos propostos. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A1 A4 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B11 B13 C3 |
No que se recollerá as actividades realizadas, a súa avaliación; así coma as reflexións xeradas. |
30 |
Proba mixta |
A6 B3 B4 B10 B11 |
Que constará de preguntas tipo test de resposta múltiple (o 50% da cualificación da proba) e preguntas de desenvolvemento (50% da proba).
Ao longo do transcurso da materia o alumnado realizará diferentes probas para a avaliación continua do seu proceso de adquisición da aprendizaxe. |
40 |
Simulación |
A6 B3 B4 B10 |
Consistirá na presentación do traballo suxerido mediante un xogo de rol.
|
30 |
|
Observacións avaliación |
Atendendo as Normas de Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario a materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías activas de aprendizaxe. Para superar a materia o alumnado deberá acadar un 5 na calificación global da mesma. e ter superadas cada unha das metodoloxías avaliables. Polo tanto, o día marcado no calendario oficial non se realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá rematado ao finalizar a docencia da materia. Para o alumnado que por motivos xustificados non poda asistir, se manterá o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá estar pendente das actividades plantexadas e das datas de entrega das mesmas. É obligatorio que o alumnado baixo esta modalidade o comunique nas dúas primeiras sesións do cuadrimestre mediante unha titoría coa docente. No caso de non facelo a calificación da materia na Primeira Oportunidade será de Non Presentado. A convocatoria de Xullo estará destinada ao alumnado que ben no superase a materia ou ben que non se presentase - No primeiro caso (alumnado que non superou a materia na convocatoria de Xuño), realizará novamente as actividades de avaliación continua que non aprobou.
- No segundo caso (alumnado non presentado) realizará todas as actividades de avaluación continua.
Nos dous casos é preciso entregar as actividades con data límite unha semana antes da data marcada para o exame no calendario oficial. Realizándose a proba obxectiva que supón un 40% da calificación total, na data oficial. Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia. No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Álvarez González, M. (2013). Bases teórico-prácticas de la orientación profesional. Madrid: UNED
Cobos Cedillo, A. (2012). La orientación profesional y la búsqueda de empleo. Experiencias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral. Barcelona: Editorial Grao
Martínez Clares, P. (2002). La orientación psicopedagógica: modelos y estrategias de intervención. Madrid: EOS
Izquierdo Rus, T. (2010). Los nuevos retos del mercado laboral: una perspectiva desde la orientación profesional. Úbeda: Editorial Amarantos
Echeverría Samanés, B. (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
Santana Vega, L.E. (2013). Orientación profesional. Madrid: Síntesis
Rodríguez Moreno, M.L. (2011). Orientación profesional no sexista: teoría y práctica. Saarbrücken: Editorial Académica Española
Sánchez García, M.F. (2013). Orientación profesional y personal (libro electrónico). Madrid: UNED
Manzanares Moya, A. y Sanz López, C. (2016). Orientación profesional. Fundamentos y estrategias. Wolters Kluwer
Sobrado Fernández, L.M. y Cortés Pascual, A. (2009). Orientación profesional: nuevos escenarios y perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva
Manzanares, A. y Sanz C. (2012). Situación actual y desafíos de la orientación: repensando la orientación en el ámbito educativo. Madrid: Walters Kluwer Educacion |
Para cada tema proporcionarase bibliografía e webgrafía específica. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
- O envío de traballos se realizará mediante plataformas virtuais.
- Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
|
|