Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
(CE-E1) Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización. |
A2 |
(CE-E2) Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas |
A3 |
(CE-E3) Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas. |
A4 |
(CE-E4) Coñecer contextos e situacións nas que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares |
A5 |
(CE-E5) Coñecer os desenvolvimentos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes. |
A6 |
(CE-E6) Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo. |
A7 |
(CE-E7) Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos. |
A8 |
(CE-E8) Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas das e dos estudantes. |
A9 |
(CE-E9) Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe. |
A10 |
(CE-E10) Coñecer estratexias e procedimentos de evaliación e entender a evaliación como un procedimento de regulamentación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo. |
A11 |
(CE-E11) Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. |
A12 |
(CE-E12) Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación empregando indicadores de calidade. |
A13 |
(CE-E13) Identificar os problemas relativos ao ensino e aprendizaxe das materias da especialización e propor alternativas e solucións. |
A14 |
(CE-G14) Respetar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade. |
B1 |
(CE-G1) Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións. |
B2 |
(CE-G2) Comprender o desenvolvemento da personalidade de estes estudantes e as posíbeis disfuncións que afectan á aprendizaxe. |
B3 |
(CE-G3) Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecimentos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais. |
B4 |
(CE-G4) Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes. |
B5 |
(CE-G5) Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro, abordar e resolver posíbeis problemas. |
B6 |
(CE-G6) Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país. |
B8 |
(CE-G8) Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá. |
B10 |
(CE-G10) Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respeto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade. |
B14 |
(CE-G14) Respetar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecimento dos principios e fundamentos da atención á diversidade. |
C1 |
N.1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidad Autónoma. |
C3 |
N.3. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profisión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
N.4. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
N.6. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponíbel para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
N.7. Asumir como profisional e cidadán/cidadá a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
N.8. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer a importancia do papel do profesor/a como axente reflexivo e crítico, capaz de incorporar a investigación e a innovación á aula para mellorar a súa práctica docente. |
AP5 AP6 AP7 AP8 AP10 AP11 AP12 AP14
|
BP2 BP10
|
CP7
|
Valorar a importancia da innovación e a investigación como estratexias para mellorar a calidade educativa na área de Ciencias Sociais. |
AP11
|
BP1 BP4 BP5
|
CP8
|
Aplicar críticamente os enfoques actuais na innovación e na investigación didáctica das Ciencias Sociais. Experiencias concretas. |
AP12 AP13
|
BP6 BP8
|
CP4 CP6
|
Aprender a deseñar, desenvolver e avaliar proxectos de investigación e unidades didácticas na área de Ciencias Sociais. |
AP1 AP2 AP3 AP4
|
BP14
|
CP1 CP7
|
Manexar e analizar bibliografía especializada e fontes documentais virtuais que permitan investigar e aprofundar nas Ciencias Sociais. |
AP1 AP3 AP9
|
BP3
|
CP3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. A investigación en Didáctica das Ciencias Sociais.
|
- O profesorado como axente reflexivo e investigador da súa propia práctica: innovación docente e investigación educativa na aula.
- Principais liñas de investigación en Didáctica das Ciencias Sociais.
- Achegas da investigación educativa en Ciencias Sociais á mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe en Educación Secundaria e Bacharelato. |
Tema 2. A innovación no ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais. |
- Análise e valoración de proxectos e experiencias innovadoras no ensino das Ciencias Sociais.
- Deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación e innovación en didáctica das Ciencias Sociais para Educación Secundaria e Bacharelato. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Aprendizaxe colaborativa |
A1 A7 A8 A9 B1 B2 B8 B10 C3 C1 C7 |
1 |
5 |
6 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B3 B4 B5 B8 B14 C3 C1 C4 C6 C7 C8 |
2 |
15 |
17 |
Sesión maxistral |
A9 B1 B3 B4 B5 C4 C6 |
7 |
2 |
9 |
Presentación oral |
A9 A14 B8 C3 C1 C4 |
2 |
5 |
7 |
Análise de fontes documentais |
A2 A5 A7 A12 A14 B14 C4 |
1 |
4 |
5 |
Actividades iniciais |
A1 A2 A3 A10 B6 |
1 |
1 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Aprendizaxe colaborativa |
Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común e toma de decisións. |
Traballos tutelados |
A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no ámbito das ciencias sociais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes. |
Sesión maxistral |
As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estructura de cada tema. A partir dos esquemas iniciais e co apoio de documentación específica, iranse desenvolvendo a parte teórica dos contidos conceptuais da materia mediante metodoloxía explicativa. |
Presentación oral |
Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvolvemento da profesión de mestres/as. |
Análise de fontes documentais |
Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación co ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais. |
Actividades iniciais |
Antes de iniciar os temas do programa desenvolveranse actividades que permitan coñecer os saberes previos do alumnado respecto ás ciencias sociais, as competencias, intereses e motivacións que posúen para o logro dos obxectivos finais que queremos alcanzar nesta materia |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
Os traballos terán un seguimento personalizado para garantir o cumprimento dos obxectivos e prazos así como para resolver dúbidas.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
A2 A5 A7 A12 A14 B14 C4 |
Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación co ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais. |
20 |
Aprendizaxe colaborativa |
A1 A7 A8 A9 B1 B2 B8 B10 C3 C1 C7 |
Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común, toma de decisións, comprensión do grupo como unha tarefa única. |
10 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B3 B4 B5 B8 B14 C3 C1 C4 C6 C7 C8 |
A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no ámbito das ciencias sociais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes. |
50 |
Presentación oral |
A9 A14 B8 C3 C1 C4 |
Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvolvemento da profesión de mestres/as. |
20 |
|
Observacións avaliación |
- Na avaliación terase en conta a participación e dedicación á materia, tanto na aula como nas actividades realizadas fóra da mesma. - O alumnado que non supere a avaliación continua a partir das metodoloxías presentes na materia ou asista a menos do 80% das sesións terá que superar unha proba obxectiva. - O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que fai uso da devandita exención, debe presentar os traballos individuais que se orienten ao resto do alumnado, así como un traballo final. - Nos traballos a realizar o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. Igualmente, será imprescindíbel a corrección lingüística á hora de dar por superados os devanditos traballos.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Albert M.;
Fuentes, C.; Gutiérrez, J. M.; Hernández Cardona, F. X; López Facal,
R.;Miralles, P.; Molina, S.; Prats, J.; Rivero, P.; Santacana, J. (2011). Geografíay
la historia. Investigación, innovación y buenas prácticas. Formación
delprofesorado. Educación secundaria, 8, Vol. 3. Barcelona: Editorial Graó. |
Bibliografía complementaria
|
|
Segundo
avance o curso, iranse proporcionando outras referencias máis específicas
para complementar o traballo en clase. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Trátase dunha materia que se realizará, principalmente, cunha metodoloxía de participación activa, na que a propia dinámica do curso irá sinalando os centros de interese do alumnado e, en base a estes, iranse concretando temáticas e actividades a realizar. É por isto polo que a asistencia e participación, en todas e cada unha das actividades desenvolvidas no contexto da materia, será fundamental. *Os traballos asociados aos seminarios entregaranse, cando fosen
requeridos, en presentación Power Point, e non impresos, a fin de
colaborar cunha Facultade/Universidade respectuosa co medio ambiente e
sostíbel. Poderanse entregar materiais didácticos elaborados
complementarmente, en caso de se estimar oportuno. |
|