Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Inserción e orientación laboral Código 652606612
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Web
Descrición xeral A orientación profesional forma parte das funcións do profesorado da especialidade de FOL. A ausencia de formación neste campo na case totalidade das titulacións que dan acceso ao itinerario de FOL xustifica a necesidade desta materia. A súa finalidade é proporcionar as competencias necesarias que permitan comprender o alcance e importancia da orientación profesional, así como planificar, desenvolver e avaliar accións de orientación profesional no Ensino Secundario e na Formación Profesional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se modifican
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Virtualízanse a través de Teams (vídeo-gravacións das sesións maxistrais e/o sesións síncronas, presentacións orais do traballo tutelado e aprendizaxe colaborativa).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Correo electrónico: para solicitar titorías en Teams (diariamente).
Teams, para as titorías grupais obrigatorias e para as individuais a demanda (nos horario de titorias e no da materia). A finalidade das titorías obrigatorias é a supervisión e seguimento do traballo tutelado grupal.
- En Moodle van dispor der dous foros. Un foro temático, asociado aos contidos da materia para resolver dúbidas e para desenvolver discusións dirixidas. O segundo foro céntrase nas dificultades e pautas para resolver os sub-retos do traballo tutelado. Diariamente.

4. Modificacións na avaliación
Sen cambios
*Observacións de avaliación:
A presentación oral sería en Teams.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se modifica a bibliografía básica está dixitalizada en moodle ou é accesible na rede e na biblioteca.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Identificar as atribucións docentes e as funcións do profesorado da especialidade de FOL no campo da orientación profesional e compreder a importancia e necesidade de formación neste ámbito AP15
CM7
Analizar o desenvolvemento teórico da orientación profesional, describir e comprender os seus trazos conceptuais, as áreas, os principios e os modelos de intervención, e reflexionar sobre as súas implicacións para a práctica. AP15
AP17
AP19
Analizar as funcións sociopolíticas da orientación profesional e reflexionar sobre as posibilidades e características dunha orientación profesional para a xustiza social. AP15
AP19
CM4
Caracterizar a evolución e situación actual da orientación profesional no sistema educativo e no ámbito laboral, principalmente, no que fai ós aspectos organizativos, funcionais e profesionais. AP17
CM7
Identifica-los factores que interveñen na inserción laboral e analiza-la súa relación coas áreas de intervención. AP19
Comprender e utilizar axeitadamente a terminoloxía do campo da orientación e inserción profesional. CM1
Analizar a influenza do xénero na toma de decisións académicas e profesionais e na inserción laboral e identificar os indicadores da desigualdade de xénero no sistema educativo e no mercado laboral. AP19
CM4
Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero na orientación profesional e deseñar propostas didácticas nas que se integre. AP18
AP20
Identificar as posibilidades de utilización das ferramentas da web 2.0 na OP, incorporalas na programación das materias da especialidade e valorar a súa contribución a alfabetización dixital do alumnado AP16
AP19
AP20
CM3
Analizar o currículo das materias e módulos da especialidade de FOL tendo como criterios as características conceptuais da orientación profesional, as áreas e modelos de intervención. AP15
AP16
Deseñar, seleccionar e valorar programas e materiais de orientación profesional AP20
AP21
AP25

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A orientación profesional:campo de intervención do profesorado de FOL



1.1. A orientación profesional/laboral no currículo dos módulos e áreas que imparte o profesorado de FOL
1.2. A orientación profesional/laboral como función: as atribucións do profesorado de FOL nos departamentos de orientación e nos departamentos de información e orientación profesional.
1.3. A orientación profesional no temario de acceso á especialidade
1.4. Perfil profesional do/a orientador/a laboral
Tema 2. Orientación profesional e orientación laboral
2.1 Delimitación, caracterización conceptual da orientación profesional e da orientación laboral e relacións entre ambas.
2.2.Ideas forza e claves da orientación profesional para a xustiza social. OP, obxectivos para o desenvolvemento sostible e educación para a cidadanía global.
2.3.Orientación profesional e empregabilidade. Relevancia das competencias blandas.
2.4. Áreas de intervención
2.5. Modelos de intervención
2.6. A orientación na avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias
Tema 3. Xénero e orientación profesional
3.1. Conceptos para comprender e explicar as desigualdades de xénero.
3.2. Xénero, proxecto profesional e inserción laboral. As barreiras de xénero
3.2. Radiografía das desigualdades de xénero no sistema educativo e no mercado laboral
3.3. A OP non discriminatoria na normativa e nos plans e estratexias para a igualdade entre homes e mulleres.
3.4. Orientación profesional con enfoque de xénero: conceptualización e pautas para a súa integración.
5.5. Programas e recursos para unha praxe orientadora con visión de xénero.
Tema 4. Utilización das tecnoloxías dixitais en orientación profesional 4.1. Conceptos de partida
4.2. Ámbitos de utilización das TIC,TAC e TAP en OP
4.3. Competencia dixital e orientacion Profesional.
4.4. Boas prácticas na utilización das tecnoloxías dixitais en OP.
Tema 5. Desenvolvemento e situación actual da orientación profesional e laboral no sistema educativo e no ámbito laboral
2.1. Principais fitos e tendencias no desenvolvemento da OP.
2.2. Organización e funcións da OP no sistema educativo.
2.3. Organización e funcións da OP no ámbito laboral
2.4. A orientación profesional nas políticas educativas e de emprego.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A15 C4 2 0 2
Análise de fontes documentais A17 A19 A25 C1 C4 5 15 20
Sesión maxistral A15 A17 A19 6 0 6
Aprendizaxe colaborativa A16 A18 A20 A21 C3 4 8 12
Presentación oral C1 C3 4 2 6
Portafolios do alumno A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 0 13 13
Prácticas a través de TIC C3 1 2 3
Traballos tutelados A18 A20 A21 A25 C1 C3 C7 6 28 34
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais As actividades iniciais teñen unha dupla finalidade:
a) que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos, de xeito que se convertan nun referente para a análise e reflexión do que precisan aprender e para facer balance das aprendizaxes construídas na materia.
b) A posta en común e resolución de dúbidas das cuestións formuladas sobre as temáticas previamente traballadas fora da aula e que forman parte da clase invertida.
Análise de fontes documentais As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista
c) Análise de documentos para afondar nas temáticas da fundamentación teórica do traballo tutelado.
d) Busca e análise de experiencias de utilización das TIC en orientación profesional
Sesión maxistral O método expositivo utilízase para presentar, aclarar e sintetizar algunhas das temáticas que integran o programa da materia. Esta metodoloxía complementase coa análise documental destinado o afondamento dos temáticas. A sesión maxistral combínase coa clase invertida, deste xeito promovese o estudo autónomo do alumnado fóra da aula e a aprendizaxe colaborativa na aula.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa é o principio que ha de rexir nas actividades grupais de análise de fontes documentais e nos traballos tutelados. É obxecto de auto-avaliación e co-avaliación e vai repercutir na cualificación de cada unha das persoas do grupo de traballo.
Presentación oral Presentación grupal do traballo tutelado. A presentación vai ser avaliada polo resto do alumnado a partir dunha rúbrica, elaborada e consensuada co alumnado a partir de varias propostas proporcionadas pola profesora.
Portafolios do alumno Consiste nun informe no que o alumnado da conta das aprendizaxes adquiridas, da súa aplicación no TFM e no período de prácticas e da relación existente co resto das materias do mestrado. O portafolios inclúe un mapa conceptual dixital dos contidos da materia e un glosario de termos. Tanto o portafolio como o mapa conceptual serán elaborados en formato dixital.
Prácticas a través de TIC As practicas a través de TIC céntranse na busca e selección de información, na creación dun marcador social, na delimitación da súa contorna persoal de aprendizaxe e na construción de diferentes artefactos dixitais en distintos formatos que van ser incluidas no traballo tutelado ou/e no portafolio individual.
O marcador social e contorna persoal de aprendizaxe son compartidas co resto das materias do itinerario. Coas Prácticas a través das TIC preténdese que o alumnado adquira competencias dixitais docentes de diferentes áreas:
a) Información e alfabetización dixital (navegación, busca e filtraxe; avaliación da información, e almacenaxe e recuperación de información e contidos dixitais).
b) Comunicación e colaboración (compartir información e contidos, colaboración mediante vías dixitais, netiqueta e identidade dixital)
c) Creación de contidos dixitais (desenvolvemento de contidos dixitais (desenvolvemento e integracion e reelaboración de contidos dixitais)
d) Resolución de problemas (identificcación de necesidades e respostas , innovacion e uso da tecnoloxía dixital de xeito creativo e identificacion de lagoas na competencia dixital).
Traballos tutelados Consiste no deseño dunha unidade didáctica de orientación profesional para os módulos da especialidade ou para a titoría da formación profesional básica. O deseño desta proposta didáctica ten que valerse da aprendizaxe basada en proxectos e da utilización doutras metodoloxias activas (gamificación, clase invertida, aprendizaxe colaborativa etc.).

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada adopta distintas modalidades: grupal, individual, obrigatoria e a demanda. A súa finalidade é apoiar e supervisar o proceso de aprendizaxe individual e grupal.

O traballo tutelado (TT), como se indica na planificación, esixe de apoio personalizado, sendo obrigatoria a asistencia a tres titorías grupais Na primeira, teñen que dar conta da planificación do traballo e da organización e funcionamento do grupo. Na segunda supervísanse as tarefas realizadas. As aulas interactivas tamén son un espazo para a supervisión e para orientación do TT e da presentación oral.
A última titoría realízase despois da entrega do TT o seu obxectivo e proporcionar retroalimentación a partir dos criterios especificados na matriz de valoración.
As titorías grupais poderán realizarase en Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 Consiste nun informe no que o alumnado reflexiona sobre o proceso de aprendizaxe, dá conta das aprendizaxes construídas e indica a súa aplicación
para a análise da situación da OP no centro de prácticas.
Os criterios de avaliación e cualificación concrétanse nunha rúbrica que se presenta o primeiro día de clase.
35
Presentación oral C1 C3 Presentación grupal do traballo tutelado. A cualificación desta tarefa é o resultado da co-avaliaciónv realizada a través dunha rúbrica, elaborada e consensuada polo alumnado. 10
Prácticas a través de TIC C3 Consiste na creación dun marcador social e na representación da propia contorna de aprendizaxe. Os criterios de avaliación para o marcador son o número de recursos armacenados, o seu nivel de descrición e valoración e, se é o caso, o sistema de categorías e subcategorías utilizadas para a súa almacenaxe. Para a contorna persoal de aprendizaxe terase en conta o número de ámbitos, recursos e ferramentas incorporados, así como a análise e valoración da propia contorna persoal de aprendizaxe. 5
Traballos tutelados A18 A20 A21 A25 C1 C3 C7 O resultado do traballo tutelado é o deseño dunha unidade didáctica de orientación profesional utilizando a aprendizaxe basada en proxectos. Os criterios de avalición e cualificación recóllense nunha rúbrica de entrada única que se presenta o primeiro día de clase.
A auto e a coavaliación utilízanse para valorar o funcionamento do grupo e
as achegas ao traballo grupal de cada un das persoas do grupo de traballo.

Unha vez cualificada a unidade didáctica, nunha sesión de titoría grupal obrigatoria, facilítase retroalimentación atendendo aos criterios de avaliación.
50
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA   E SISTEMA DE AVALIACIÓN
 
A asistencia ás  aulas presenciais e, se é o caso, virtuais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular e  que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de realizar  e entregar  as actividades  realizadas na aula.   
A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas catro actividades de avaliación descritas.  Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no portafolio e no traballo tutelado e ter realizadas as dúas tarefas restantes. . Na avaliación da  segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades  non superadas (traballo tutelado e portafolios do alumnado).

Ó rematar as aulas  e na data acordada, cada grupo presentará un dossier grupal que ha de incluír as  actividades realizadas en grupo ( a presentación oral e a unidade didáctica de orientación), a planificación do traballo grupal e as fichas de auto e coavaliación do funcionamento  do equipo de traballo,  Os resultados da co-avaliación  teñen efectos  na cualificación individual de cada alumna e alumno. 

As persoas que non manteñan unha asistencia regular, realizarán  unha proba mixta (de ensaio sobre os contidos da materia e de aplicación práctica) e  realizaràn  individualmente as tarefas grupais.  Neste caso, a distribución das cualificaciones é a seguinte: proba mixta (4 puntos), traballo tutelado (5 puntos), presentación oral (1 punto) e as prácticas a través das TIC (0,5). Para superar a materia teñen que obter  a metade da cualificación no exame e no traballo tutelado. Na segunda oportunidade recuperarán as partes non superadas.


FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

a) Ausencia de citación de fontes 
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado  de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7 edición. Co obxectivo de visibilizar as autores, a inicial do nome substituirase polo nome completo, tanto no caso de autores como de autoras.
b) Plaxio
O plaxio en calquera das tarefas  será motivo de suspenso, en aplicación do artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC, que  establece: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC:  https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual

COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO 

A utilización do galego  e  a súa calidade lingüística tamén vai ser obxecto de avaliación na presentación oral  e nas  actividades  grupais e individuais.   O seu  peso na cualificación final pode  acadar  até  0,5 puntos.


Fontes de información
Bibliografía básica Sultana, Robert (2016). La movilización de los servicios de orientación profesional en torno a una agenda de justicia social: una prioridad para todos. España: Universidad Castilla La Mancha/ Wolters Kluwer
Hooley, Trstam. e Sultana, Robert. (2016). Career guidance for social justice.. ournal National Institute for Career Education and Counselling, nº 36, 2-11
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2016). Claves sobre la intervención de la orientación profesional en los sistemas de formación profesional. España: Universidad Castilla La Mancha/ Wolters Kluwer
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2016). El modelo de orientacio´n profesional en cuestión. Revisión de sus referentes teórico-prácticos. . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Arraiz, Begoñ ;Careaga, Haizea.;Carramiñana, Susana; Oskoz, José Miguel (2015). Guía para la incorporación de la perspectiva de género en el curriculum y en la actividad docente de las enseñanzas de régimen especial y de Formación Profesional. Victoria: Emakunde
Macarthy, Jhon (2016). la dimensión de servicio público de la orientación . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Cobo, Ana; Gutiérrez, Ernesto e Planas, José Antonio (2012). La orientación profesional y la búsqueda de empleo. Expereincias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral.. Barcelona: Editorial Grao
Macarthy, Jhon. (2016). Laorientación profesional y las habilidades para la gestión de la carrera. Una perspectiva internacional. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Echeverría, Benito (coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
Fundación Bertelsman (). Orientacion Profesional Coordinada. Fundación Bertelsman, 2º edición revisada e ampliada
Sánchez García, María Fe (2014). Orientación profesional y personal. Madrid: UNED
Conzittu, Damien (coord) (2019). Penser et agir l'orientation au 21e siècle : De l'élève au citoyen engagé. Editions Qui plus est

Para cada tema  e para a  realización do traballo tutelado  facilítase  bibliografía básica e complementaria comentada. En moodle tamén se recompilan fontes electrónicas de interese para cada un dos  temas.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Función titorial e orientación académica/652606002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Formación profesional e mercado laboral/652606611
Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral/652606621
Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral/652606E31

Observacións

COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL  E CO DEBATE DEMOCRÁTICO

Co obxectivo de  facer un uso sustentábel  dos recursos e  de evitar  impactos negativos sobre o medio natural as tarefas entregaranse en formato dixital. 

Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado

ACTUALIZACIÓN DO PERFIL EN MOODLE

Na segunda sesión de clase todo o alumnado ha de ter pendurada unha foto actual no seu perfil de moodle
 

CARGA DE TRABALLO

 A realización das tarefas indicadas na guía docente supoñen unha dedicación  de   72 horas de traballo fora da aula. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías