Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Metodoloxía do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria Código 652608822
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Letras
Coordinación
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Correo electrónico
xulio.pardodeneyra@udc.es
Profesorado
Cano López, Pablo
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
xulio.pardodeneyra@udc.es
Web
Descrición xeral Cadeira que ten por obxectivo mostrar ao alumnado as diversas focaxes metodolóxicas existentes para o ensino de linguas e literaturas e reflexionar sobre a súa idoneidade no marco da didáctica das linguas e literaturas galega e castelá na Educación Secundaria.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos.
- Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen:

- Sesión maxistral.
- Discusión dirixida (computa na avaliación).
- Traballos tutelados, con atención personalizada (computa na avaliación).
- Atención personalizada.

*Metodoloxías docentes que se modifican:

- Proba mixta. Non se realizará, xa que a súa función de avaliación dos coñecementos se incorpora á metodoloxía dos «Traballos tutelados».

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de «foros temáticos asociados aos módulos», para formular as consultas necesarias. Tamén hai «foros de actividade especifica» para desenvolver as «discusións dirixidas», a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
- Teams:
- Unha sesión semanal en gran grupo para avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados; a sesión terá lugar na franxa horaria asignada á materia no calendario de aulas da facultade.
- De unha a dúas sesións semanais (ou máis, segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (até 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación
- Á hora de computar a asistencia, só se terán en conta as sesións que tivesen lugar antes da suspensión das actividades presenciais.

5. Modificacións da bibliografía e webgrafía. Arriquecerase cos contributos do profesor

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Valorar a importancia da innovación e a investigación coma estratexias para mellorar a calidade educativa na área da linguaxe. AP19
AP23
AP25
CM5
CM6
CM8
Desenvolver os aspectos clave da formación inicial do profesorado de linguas e literaturas galega e castelá. AP21
AP22
CM1
CM4
CM7
Analizar críticamente o currículo de ESO e Bacharelato para linguas e literaturas galega e castelá, as prácticas docentes, e os materiais didácticos habituais AP17
AP20
AP24
CM3
Formular propostas de investigación e innovación educativas AP3
CM7

Contidos
Temas Subtemas
SECCIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGA (PROF. DR. XULIO PARDO DE NEYRA) Por suposto, non se inclúen aquí ningún tipo de versións deste programa noutras linguas porque é algo que non ten razón de ser 1. A METODOLOXÍA NA DIDÁCTICA DA LINGUA E DA LITERATURA GALEGAS NA EDUCACIÓN SECUNDARIA
1. 1. Perspectivas e contexto

2. MÉTODOS PARA O ENSINO DA LINGUA GALEGA NA ESO E NO BACHARELATO
2. 1. Competencias, estratexias e conceptos afíns

3. MÉTODOS PARA O ENSINO DA LITERATURA GALEGA NA ESO E NO BACHARELATO
3. 1. Competencias, estratexias e conceptos afíns

4. ANÁLISE DE EXPERIENCIAS DE INNOVACIÓN METODOLÓXICA EN DIDÁCTICA DA LINGUA E DA LITERATURA GALEGAS
4. 1. Recursos e análise
SECCIÓN DE LINGUA E LITERATURA CASTELÁ (PROF. PABLO CANO LÓPEZ) 1. A EDUCACIÓN LINGÜÍSTICA

1.1. Ensinanza da lingua fronte a ensinanza da gramática: a controversia arredor do «gramaticalismo»
1.2. Estratexias para o fomento e perfeccionamento da expresión oral
1.3. Estratexias para o fomento e perfeccionamento da expresión escrita

2. A EDUCACIÓN LITERARIA

2.1. A historia (escolar) da literatura, unha aproximación en crise
2.2. O problema da selección das lecturas
2.2.1. A «gran» tradición: discusións sobre o lugar dos clásicos nas aulas
2.2.2. As «outras» tradicións: cando, como, por que introducilas?
2.3. Algunhas aproximacións non historiográficas ao fenómeno literario
2.3.1. Secuencias didácticas con eixes non cronolóxicos
2.3.2. O papel e a(s) pantalla(s)
2.3.3. Os obradoiros literarios

3. MÁIS ALÓ DO LIBRO DE TEXTO

3.1. O libro de texto, unha ferramenta discutida: os seus alcances e límites
3.2. Ollada a algúns recursos en liña para uso de discentes e/ou docentes

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A21 A19 C4 C5 C6 C7 C8 12 20 32
Lecturas A17 A21 A24 A25 A19 0 10 10
Traballos tutelados A20 1 12 13
Proba de ensaio A19 C1 1 13 14
Obradoiro A21 A22 A23 A25 A19 C1 C3 14 14 28
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A modo de introducións ou visións sintéticas dirixidas a todo o grupo, ofreceranse algunhas sesións en que o profesor se valerá do método expositivo.
Lecturas Proporcionaráselle ao alumnado materiais de lectura que servirán de base tanto para traballar nos obradoiros como para fomentar a súa participación nas sesións maxistrais.
Traballos tutelados Realización dun traballo tutelado, relacionado con calquera aspecto dos tratados no programa docente. Este será fundamental no momento de o alumnado superar con éxito a materia, na medida en que dá índice da súa madurez científica.
Proba de ensaio Con esta proba preténdese determinar tanto os coñecementos adquiridos polo alumnado durante o curso como a súa competencia en expresión escrita, a súa capacidade de relación e a súa madurez crítica.
Obradoiro Coa finalidade de aprofundar no estudo de distintas cuestións relacionadas co ámbito da materia, combinaranse diversas metodoloxías e probas (exercicios de resumo, solución de problemas, prácticas guiadas, discusións, etc.), nalgúns casos facendo previamente as lecturas que o profesor/a estableza.


Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Obradoiro
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Proba de ensaio
Descrición
Calquera dúbida de carácter individual e/ou grupal será atendida tanto nas aulas como no horario de titoría, ora se ten a ver coas actividades no obradoiro ora co traballo titorizado, as lecturas ou a proba de ensaio. O alumnado con dispensa académica poderá compensar a súa ausencia cunha maior atención personalizada a través do horario de titoría e do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Lecturas A17 A21 A24 A25 A19 Valoración da comprensión da(s) obra(s) lida(s) e das capacidades de análise, razoamento, relación e organización das súas posibilidades na didáctica da lingua 10
Obradoiro A21 A22 A23 A25 A19 C1 C3 Valorarase a participación do/ a estudante nas diferentes actividades levadas a cabo na aula, tanto escritas como orais. É necesaria a asistencia ás aulas 10
Sesión maxistral A3 A21 A19 C4 C5 C6 C7 C8 Atención, colaboración e participación nas aulas maxistrais 10
Traballos tutelados A20 Realización dun traballo tutelado (que poderá ser individual ou grupal) 60
Proba de ensaio A19 C1 A través dunha actividade teórica ou práctica, o alumnado deberá mostrar o seu grao de asimilación das nocións e dos recursos que se lle presentaron, así como do seu aproveitamento didáctico 10
 
Observacións avaliación
Para aprobar a materia será necesario superar todas as partes que a integran, polo que, en cada unha delas, haberá que obter como mínimo o 50% da puntuación máxima. Na segunda oportunidade, o alumnado só repetirá as partes que suspendese na primeira, e manterá a nota das que superase.

O sistema de avaliación (en ambas as oportunidades) será o mesmo tamén para aquel alumnado con dispensa académica.



Recoméndase que os envíos dos traballos se fagan por vía telemática. Se non fose posible a entrega telemática da versión definitiva, habería que imprimir o documento a dobre cara (e en papel reciclado) e absterse de utilizar plástico na encadernación. Canto aos borradores, o mellor é non imprimilos.



Débese facer un uso sostible dos recursos, con vistas á prevención de impactos negativos sobre o medio natural.



Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Fontes de información
Bibliografía básica

SECCIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGA (PROF. XULIO PARDO DE NEYRA)

Aínda que o aparato bibliográfico se entregará puntualmente nas aulas e que, loxicamente, se atenderá principalmente aos traballos de investigación do profesor, como manuais principais de achegamento á miña cadeira, incidirase nesta bibliografía:

Pardo de Neyra, X. (2017): Didáctica da lingua e da literatura galegas, Silleda: Edicións Fervenza

_____ (2021): A cor áspera do veludo, Noia: Toxosoutos.

_____ (2021): O abecedario no país das alvarizas, Coruña: Medulia Editorial

_____ (2018): Terra e memoria: a Terra de Miranda no proxecto territorial galego. Estudo e contextualización dun paradigma literario, Lugo: Concellos d'A Pontenova, Trabada e Riotorto, Deputación de Lugo et alii

_____ (2019): Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única, Ferrol: Edicións Embora.

_____ (2020): Os rostros do frío, Silleda: Edicións Fervenza.

_____ (2020): A transformación feminina da realidade, Vigo: Universidade de Vigo.

Tamén se utilizarán as miñas obras Os rostros do frío (Silleda, Fervenza, 2020), A cor áspera do veludo (Noia, Toxosoutos, 2021) , O abecedario no país das alvarizas (Coruña, Medulia, 2021), Manual cartométrico da resiliencia (Compostela, Urutau, 2021) e No frío gules da noite (Compostela, Urco, 2021)

*** *** ***

SECCIÓN DE LINGUA E LITERATURA CASTELÁ (PROF. PABLO CANO LÓPEZ)

Bordons, G. y Díaz-Plaja, A. (Coords.) (2005). Enseñar literatura en Secundaria. Barcelona: Graó.

Coto, B. D. (2006). La escritura creativa en las aulas (2.ª ed.). Barcelona: Graó.

Guijarro Ruiz, P. e Caro Valverde, M.ª T. (Coords.) (2015). Didáctica de la lengua y educación literaria. Madrid: Pirámide.

Mata Anaya, J., Núñez Delgado, M.ª P. e Rienda Polo, J. (Coords.) (2015). Didáctica de la lengua y la literatura. Madrid: Pirámide.

Mata Anaya, J. (2008). 10 ideas clave: animación a la lectura. Barcelona: Graó.

Ruiz Bikandi, U. (Coord.) (2011a). Didáctica de la lengua castellana y la literatura. Barcelona: Graó.

Ruiz Bikandi, U. (Coord.) (2011b). Lengua castellana y literatura. Investigación, innovación y buenas prácticas. Barcelona: Graó.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías