Identifying Data 2021/22
Subject (*) Methodogical for the Galician and Spanish education of the languages and the literatures in Secondar Code 652608822
Study programme
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree Yearly
First Obligatory 4
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Letras
Coordinador
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
E-mail
xulio.pardodeneyra@udc.es
Lecturers
Cano López, Pablo
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
E-mail
pablo.cano@udc.es
xulio.pardodeneyra@udc.es
Web
General description Cadeira que ten por obxectivo mostrar ao alumnado as diversas focaxes metodolóxicas existentes para o ensino de linguas e literaturas e reflexionar sobre a súa idoneidade no marco da didáctica das linguas e literaturas galega e castelá na Educación Secundaria.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos.
- Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen:

- Sesión maxistral.
- Discusión dirixida (computa na avaliación).
- Traballos tutelados, con atención personalizada (computa na avaliación).
- Atención personalizada.

*Metodoloxías docentes que se modifican:

- Proba mixta. Non se realizará, xa que a súa función de avaliación dos coñecementos se incorpora á metodoloxía dos «Traballos tutelados».

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de «foros temáticos asociados aos módulos», para formular as consultas necesarias. Tamén hai «foros de actividade especifica» para desenvolver as «discusións dirixidas», a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
- Teams:
- Unha sesión semanal en gran grupo para avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados; a sesión terá lugar na franxa horaria asignada á materia no calendario de aulas da facultade.
- De unha a dúas sesións semanais (ou máis, segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (até 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación
- Á hora de computar a asistencia, só se terán en conta as sesións que tivesen lugar antes da suspensión das actividades presenciais.

5. Modificacións da bibliografía e webgrafía. Arriquecerase cos contributos do profesor

Study programme competencies
Code Study programme competences / results
A3 Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A17 Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A19 Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A20 Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A22 Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A23 Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A24 Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A25 Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences / results
To value the importance of innovation and research as strategies for improving the quality of education in the field of Language. AJ19
AJ23
AJ25
CC5
CC6
CC8
Developing the key aspects of the teachers' initial formation in Spanish Literature AJ21
AJ22
CC1
CC4
CC7
To critically analyse the curriculum for kindergarten and primary education for Spanish Language and Literature, the teaching practices, and the usual didactic materials. AJ17
AJ20
AJ24
CC3
To formulate proposals on research and innovation in the field of education. AJ3
CC7

Contents
Topic Sub-topic
SECCIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGA (PROF. DR. XULIO PARDO DE NEYRA) Por suposto, non se inclúen aquí ningún tipo de versións deste programa noutras linguas porque é algo que non ten razón de ser 1. A METODOLOXÍA NA DIDÁCTICA DA LINGUA E DA LITERATURA GALEGAS NA EDUCACIÓN SECUNDARIA
1. 1. Perspectivas e contexto

2. MÉTODOS PARA O ENSINO DA LINGUA GALEGA NA ESO E NO BACHARELATO
2. 1. Competencias, estratexias e conceptos afíns

3. MÉTODOS PARA O ENSINO DA LITERATURA GALEGA NA ESO E NO BACHARELATO
3. 1. Competencias, estratexias e conceptos afíns

4. ANÁLISE DE EXPERIENCIAS DE INNOVACIÓN METODOLÓXICA EN DIDÁCTICA DA LINGUA E DA LITERATURA GALEGAS
4. 1. Recursos e análise
SECCIÓN DE LINGUA E LITERATURA CASTELÁ (PROF. PABLO CANO LÓPEZ) 1. A EDUCACIÓN LINGÜÍSTICA

1.1. Ensinanza da lingua fronte a ensinanza da gramática: a controversia arredor do «gramaticalismo»
1.2. Estratexias para o fomento e perfeccionamento da expresión oral
1.3. Estratexias para o fomento e perfeccionamento da expresión escrita

2. A EDUCACIÓN LITERARIA

2.1. A historia (escolar) da literatura, unha aproximación en crise
2.2. O problema da selección das lecturas
2.2.1. A «gran» tradición: discusións sobre o lugar dos clásicos nas aulas
2.2.2. As «outras» tradicións: cando, como, por que introducilas?
2.3. Algunhas aproximacións non historiográficas ao fenómeno literario
2.3.1. Secuencias didácticas con eixes non cronolóxicos
2.3.2. O papel e a(s) pantalla(s)
2.3.3. Os obradoiros literarios

3. MÁIS ALÓ DO LIBRO DE TEXTO

3.1. O libro de texto, unha ferramenta discutida: os seus alcances e límites
3.2. Ollada a algúns recursos en liña para uso de discentes e/ou docentes

Planning
Methodologies / tests Competencies / Results Teaching hours (in-person & virtual) Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A3 A21 A19 C4 C5 C6 C7 C8 12 20 32
Workbook A17 A21 A24 A25 A19 0 10 10
Supervised projects A20 1 12 13
Long answer / essay questions A19 C1 1 13 14
Workshop A21 A22 A23 A25 A19 C1 C3 14 14 28
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech A modo de introducións ou visións sintéticas dirixidas a todo o grupo, ofreceranse algunhas sesións en que o profesor se valerá do método expositivo.
Workbook Proporcionaráselle ao alumnado materiais de lectura que servirán de base tanto para traballar nos obradoiros como para fomentar a súa participación nas sesións maxistrais.
Supervised projects Realización dun traballo tutelado, relacionado con calquera aspecto dos tratados no programa docente. Este será fundamental no momento de o alumnado superar con éxito a materia, na medida en que dá índice da súa madurez científica.
Long answer / essay questions Con esta proba preténdese determinar tanto os coñecementos adquiridos polo alumnado durante o curso como a súa competencia en expresión escrita, a súa capacidade de relación e a súa madurez crítica.
Workshop Coa finalidade de aprofundar no estudo de distintas cuestións relacionadas co ámbito da materia, combinaranse diversas metodoloxías e probas (exercicios de resumo, solución de problemas, prácticas guiadas, discusións, etc.), nalgúns casos facendo previamente as lecturas que o profesor/a estableza.


Personalized attention
Methodologies
Workbook
Workshop
Guest lecture / keynote speech
Supervised projects
Long answer / essay questions
Description
Calquera dúbida de carácter individual e/ou grupal será atendida tanto nas aulas como no horario de titoría, ora se ten a ver coas actividades no obradoiro ora co traballo titorizado, as lecturas ou a proba de ensaio. O alumnado con dispensa académica poderá compensar a súa ausencia cunha maior atención personalizada a través do horario de titoría e do correo electrónico.

Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Workbook A17 A21 A24 A25 A19 Valoración da comprensión da(s) obra(s) lida(s) e das capacidades de análise, razoamento, relación e organización das súas posibilidades na didáctica da lingua 10
Workshop A21 A22 A23 A25 A19 C1 C3 Valorarase a participación do/ a estudante nas diferentes actividades levadas a cabo na aula, tanto escritas como orais. É necesaria a asistencia ás aulas 10
Guest lecture / keynote speech A3 A21 A19 C4 C5 C6 C7 C8 Atención, colaboración e participación nas aulas maxistrais 10
Supervised projects A20 Realización dun traballo tutelado (que poderá ser individual ou grupal) 60
Long answer / essay questions A19 C1 A través dunha actividade teórica ou práctica, o alumnado deberá mostrar o seu grao de asimilación das nocións e dos recursos que se lle presentaron, así como do seu aproveitamento didáctico 10
 
Assessment comments
Para aprobar a materia será necesario superar todas as partes que a integran, polo que, en cada unha delas, haberá que obter como mínimo o 50% da puntuación máxima. Na segunda oportunidade, o alumnado só repetirá as partes que suspendese na primeira, e manterá a nota das que superase.

O sistema de avaliación (en ambas as oportunidades) será o mesmo tamén para aquel alumnado con dispensa académica.



Recoméndase que os envíos dos traballos se fagan por vía telemática. Se non fose posible a entrega telemática da versión definitiva, habería que imprimir o documento a dobre cara (e en papel reciclado) e absterse de utilizar plástico na encadernación. Canto aos borradores, o mellor é non imprimilos.



Débese facer un uso sostible dos recursos, con vistas á prevención de impactos negativos sobre o medio natural.



Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Sources of information
Basic

SECCIÓN DE LINGUA E LITERATURA GALEGA (PROF. XULIO PARDO DE NEYRA)

Aínda que o aparato bibliográfico se entregará puntualmente nas aulas e que, loxicamente, se atenderá principalmente aos traballos de investigación do profesor, como manuais principais de achegamento á miña cadeira, incidirase nesta bibliografía:

Pardo de Neyra, X. (2017): Didáctica da lingua e da literatura galegas, Silleda: Edicións Fervenza

_____ (2021): A cor áspera do veludo, Noia: Toxosoutos.

_____ (2021): O abecedario no país das alvarizas, Coruña: Medulia Editorial

_____ (2018): Terra e memoria: a Terra de Miranda no proxecto territorial galego. Estudo e contextualización dun paradigma literario, Lugo: Concellos d'A Pontenova, Trabada e Riotorto, Deputación de Lugo et alii

_____ (2019): Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única, Ferrol: Edicións Embora.

_____ (2020): Os rostros do frío, Silleda: Edicións Fervenza.

_____ (2020): A transformación feminina da realidade, Vigo: Universidade de Vigo.

Tamén se utilizarán as miñas obras Os rostros do frío (Silleda, Fervenza, 2020), A cor áspera do veludo (Noia, Toxosoutos, 2021) , O abecedario no país das alvarizas (Coruña, Medulia, 2021), Manual cartométrico da resiliencia (Compostela, Urutau, 2021) e No frío gules da noite (Compostela, Urco, 2021)

*** *** ***

SECCIÓN DE LINGUA E LITERATURA CASTELÁ (PROF. PABLO CANO LÓPEZ)

Bordons, G. y Díaz-Plaja, A. (Coords.) (2005). Enseñar literatura en Secundaria. Barcelona: Graó.

Coto, B. D. (2006). La escritura creativa en las aulas (2.ª ed.). Barcelona: Graó.

Guijarro Ruiz, P. e Caro Valverde, M.ª T. (Coords.) (2015). Didáctica de la lengua y educación literaria. Madrid: Pirámide.

Mata Anaya, J., Núñez Delgado, M.ª P. e Rienda Polo, J. (Coords.) (2015). Didáctica de la lengua y la literatura. Madrid: Pirámide.

Mata Anaya, J. (2008). 10 ideas clave: animación a la lectura. Barcelona: Graó.

Ruiz Bikandi, U. (Coord.) (2011a). Didáctica de la lengua castellana y la literatura. Barcelona: Graó.

Ruiz Bikandi, U. (Coord.) (2011b). Lengua castellana y literatura. Investigación, innovación y buenas prácticas. Barcelona: Graó.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

 



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.