Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Avaliación do ensino-aprendizaxe da lingua estranxeira Código 652609924
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Lasa Álvarez, María Begoña
Correo electrónico
b.lasa@udc.es
Profesorado
Lasa Álvarez, María Begoña
Correo electrónico
b.lasa@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da teoría e a posta en práctica da avaliación en lingua estranxeira nos niveis do ensino secundario, formación profesional e escolas oficiais de idioma.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se modifican

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen: As mettodoloxías docentes son as mesmas utilizando en caso necesario medios telemáticos (Teams, Stream, Moodle)

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Farase mediante correo electrónico, Teams ou Moodle

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación: Os instrumentos e porcentaxes de avaliación son os mesmos, aínda que se poderán utilizar medios telemáticos (Teams, Stream, moodle)

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizan cambios

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Analizar críticamente propostas e estudos en torno á avaliación. AP24
AP27
CM4
CM6
Coñecer as diferentes teorías, modelos e recursos para a avaliación, así como as propostas de avaliación do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas no seu capítulo 9 e o uso de PEL como ferramenta de avaliación. AP24
CM2
CM6
CM7
Deseñar propostas de avaliación na área de lingua estranxeira AP24
AP27
CM6
Expoñer oralmente os resultados do análise documental e o deseño de propostas de avaliación na área de lingua estranxeira AP24
AP27
CM2
CM4
CM6
CM7
Expoñer por escrito reflexións sobre os diferentes modelos, estratexias e recursos de avaliación AP24
AP27
CM6

Contidos
Temas Subtemas
A avaliación no ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras 1. Introdución
2. Modelos de avaliación
3. Estratexias de avaliación
Avaliación dos aprendizaxes e da programación docente en linguas estranxeiras
Criterios e instrumentos de avaliación 1. Criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe
2. Marco Común Europeo e Portafolio de Linguas como guía e instrumento de avaliación
3. Avaliación por competencias na lingua estranxeira. A competencia lingüística e a competencia comunicativa.
4. Outros procedimientos de avaliación.
5. Deseño de actividades.
6. A integración das TICs no proceso de avaliación
Dificultades e errores na avaliación en linguas estranxeiras
Co-avaliación e auto-avaliación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A24 C4 C6 C7 12 19 31
Presentación oral A27 C2 4 2 6
Lecturas A24 C2 C4 C7 0 7 7
Aprendizaxe colaborativa A24 A27 C4 C6 4 25 29
Proba de ensaio A24 A27 C2 1 0 1
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos e ás estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor ou profesora en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a do resto de membros do grupo.
Proba de ensaio Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
A profesora atenderá persoalmente, e tamén por correo electónico, as dúbidas que o alumnado poda ter. Asemade, dirixirá dun xeito persoal as prácticas coas novas tecnoloxías de comunicación e información, no contexto da construcción de probas de avaliación para a lingua estranxeira. Igualmente, deberá exercer atención personalizada no traballo grupal na aula e no estudo documental o de casos concretos relativos a avaliación que integran o programa.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A27 C2 Presentación oral dun tema relativo a avaliación (actividades ou tarefas de avaliación, teorías, investigación, aspectos prácticos, simulacións, deseño de actividades...). 30
Proba de ensaio A24 A27 C2 Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. 40
Aprendizaxe colaborativa A24 A27 C4 C6 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a do resto de membros do grupo.
30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia na convocatoria ordinaria o alumnado deberá asistir polo menos a un 80% das sesións presenciais.

Os items de avaliación son de obrigado cumprimento e para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación de 5 ou superior sobre 10. A nota final será o resultado da suma das cualificacións obtidas en cada un deles. 

A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios e instrumentos.

AVALIACIÓN DE ALUMNADO CON DISPENSA ACADÉMICA

O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, solicitada formalmente en tempo e forma, deberá informar á profesora ao comenzo das clases e será avaliado na convocatoria ordinaria como o resto de alumnado presencial mediante os seguintes ítems:

- Presentación oral: 30%

- Traballo individual: 30%

- Proba de ensaio: 40%

AVALIACIÓN DE ALUMNADO NON PRESENCIAL

O alumnado que non asista polo menos a un 80% das sesións presenciais deberá informar á profesora ao comenzo das clases e será avaliado na convocatoria extraordinaria de xullo mediante os seguintes ítems: 

- Presentación oral: 30%

- Traballo individual: 30%

- Proba de ensaio: 40%

ImportanteA realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.


Fontes de información
Bibliografía básica PÉREZ TORRES, I (2006). Diseño de Webquests para la enseñanza/aprendizaje del inglés como lengua extranjera:. Tesis. Granada: Editorial
ALDERSON, J.C. & BERETTA, A. (1992). Evaluating Second Language Education. Cambridge: CUP
Richards, Jack C & Rodgers, Theodore S. (2014). Approaches and Methods in Language Teaching. 3rd edition. Cambridge: CUP
Giné Freixes, Núria y Parcerisa, Artur (2000). Evaluación en la educación secundaria. Elementos para la reflexión y recursos para la práctica. Barcelona: Graò
MARTIN GIMENO, S (1961). La Enseñanza del Inglés en España. Madrid: Ediciones Gredos
LONG, Michael & Jack C. Richards (2000). Methodology in TESOL. Boston: H&H
EURYDICE (2009). Organización del sistema educativo español. Bruselas Unión Europea
LEE MCKAY, S., (1992). Teaching English Overseas: An Introduction. Oxford: OUP

Bibliografía complementaria

Páxinas web de utilidade

http://bbc.learner.com

http://teachingenglish.org.uk

http://dictionary.cambridge.org/activity.htm

http://www.yourdictionary.com


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, non útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías