Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender os supostos e fundamentos históricos e sociolóxicos da acción social valorando as súas implicaciones. Estudar ao individuo como produto da realidade social e como actor nela. |
A2 A4 A5 A8 A10 A11 A13 A20
|
B1 B5
|
C4 C6 C8
|
Identificar e analizar os distintos contextos, institucións e actores sociais que afectan aos procesos de intervención socioeducativa |
A1 A3 A5 A8 A11 A20
|
B3 B5 B6
|
C4
|
Entender os paradigmas sociolóxicos como mapas de comprensión da realidade social. |
A2 A8
|
B1
|
|
Comprender e analizar o concepto de cultura, a súa complexidade e a súa pluralidade e ver a súa concreción no proceso de socialización. |
A4 A8 A10 A11 A20
|
B1 B5 B6
|
C1 C4
|
Observar, analizar, interpretar, facilitar e favorecer a diversidade humana de todo tipo, incidindo en cuestións como a diversidade cultural, a diversidade funcional ou o xénero. |
A11 A20
|
B1 B4 B5
|
C4
|
Observar e analizar os distintos factores e procesos de creación de vulnerabilidade, de exclusión, de desigualdade e de discriminación social que dificultan a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos. |
A1 A4 A5 A8 A20
|
B1 B4
|
C4
|
Xestión e procura de solucións a problemas que se atopen na investigación social. |
A13 A20
|
B1
|
C4 C6 C7
|
Desenvolvemento de habilidades interpersonales, en especial, a capacidade de traballar en equipo, que fomentará a coordinación e diálogo entre compañeiros. |
A13
|
B5 B6
|
C1 C4
|
Desenvolvemento de habilidades lingüísticas, a comunicación e a expresión oral. |
A13 A20
|
B6
|
C1 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1.- PENSANDO SOCIOLÓXICAMENTE |
1.1.- O carácter científico da socioloxía e o seu obxecto de estudo
1.2.- O xurdimento da socioloxía como ciencia
1.3.- As orixes da teoría sociolóxica: Comte e Saint-Simon
|
TEMA 2.- PARADIGMAS TEÓRICOS E CONTEMPORÁNEOS DA SOCIOLOXÍA E A SÚA OPERATIVIDADE NA SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN |
2.1.- O paradigma funcionalista representado por Émile Durkheim
2.2.- A teoría do conflito e o pensamento de Karl Marx
2.3.- A acción social e a educación en Max Weber
2.4.- Novos paradigmas: Teoría da Reprodución e Teoría da Resistencia |
TEMA 3.- FERRAMENTAS METODOLÓXICAS NO ESTUDO DA SOCIOLOXÍA. O COÑECEMENTO DO MEDIO SOCIAL |
3.1.- As etapas da investigación social e a metodoloxía cuantitativa e cualitativa nas Ciencias Sociais
3.2.- As fontes secundarias de información estatística e a enquisa.
3.3.- A observación participante
3.4.- A entrevista en profundidade
3.5.- O grupo de discusión
|
TEMA 4.- CULTURA E SOCIALIZACIÓN |
4.1.- Cultura, sociedade e personalidade
4.2.- O proceso de socialización
4.3.- Os axentes de socialización |
TEMA 5.- DESIGUALDADE, ESTRATIFICACIÓN E REPRODUCIÓN SOCIAL |
5.1.- O concepto de estrutura e estratificación social
5.2.- Tipos de sociedades. Sistemas de estratificación social
5.3.- Desigualdade social, pobreza e exclusión
5.4.- O xénero como variábel de desigualdade. A construción social do sexo
|
TEMA 6.- A GLOBALIZACIÓN. INMIGRACIÓN E DIVERSIDADE CULTURAL |
6.1.- A globalización
6.2.- A inmigración e os modelos de integración social
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A13 A20 B5 B6 C1 C4 C7 C8 |
36 |
50 |
86 |
Lecturas |
A2 A4 B1 B6 C1 C7 |
0 |
30 |
30 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A8 A10 A11 A13 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 C8 |
0 |
20 |
20 |
Proba obxectiva |
A11 B1 B4 B5 |
2 |
2 |
4 |
Presentación oral |
B1 B6 C1 C7 |
4 |
5 |
9 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
É o método tradicional da docencia no que tanto a iniciativa como o peso principal da actividade recaen sobre o profesor/a. Expón un perigo importante de provocar actitudes pasivas por parte do alumnado e limitar así a súa capacidade de aprendizaxe. Con todo, unha clase maxistral ben preparada, densa nos contidos e amena na forma, será sempre un instrumento interesante na educación.
Ademais, a clase expositiva, irá complementada con aulas interactivas que introduzan actividades e métodos que permitan un rol máis activo dos estudantes.Neste tipo de aulas intentarase promover a participación que nos permita un mínimo feed-back do nivel de comprensión e de asimilación en cada tema e desenvolver en cada sesión auténticos debates sobre temas actuais e concretos relacionados coas cuestións teóricas tratados. A participación do alumnado neste tipo de aulas é moi importante e moi valorado.
* AS AULAS EXPOSITIVAS DO GRUPO B (MARTES DE 9.00/10.30H) SERÁN DESENVOLVIDAS DE XEITO PRESENCIAL NA AULA.
* AS AULAS EXPOSITIVAS DO GRUPO A (XOVES DE 9.00/10.30H) SERÁN DESENVOLVIDAS DE XEITO VIRTUAL. PROPORCIONARÁNSE AS PRESENTACIÓNS EN POWER POINT CO CONTIDO TEÓRICO DE CADA LECCIÓN NO CAMPUS VIRTUAL CON ANTERIORIDADE A ESE DÍA, DE XEITO QUE OS ALUMNOS/AS POIDAN ACCEDER A ESE MATERIAL ANTES DAS AULAS INTERACTIVAS QUE SE DESENVOLVEN A CONTINUACIÓN.
* AS AULAS INTERACTIVAS EN ÁMBOLOS DOUS GRUPOS (A e B), SON PRESENCIAIS E SE DESENVOLVERÁN CON NORMALIDADE NA AULA
Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado
|
Lecturas |
Nalgúns temas do programa o profesor/a poderá proporcionar unha serie de lecturas complementarias e de apoio aos aspectos teóricos desenvolvidos nas sesións maxistrais.
Evitan ademais a copia automática de apuntamentos durante as clases maxistrais, motivando entre o alumnado a atención durante as explicacións.
Ademais, nalgunhas sesións prácticas poderánse empregar, a discreción do profesor/a, para dinamizar debates e para saber interpretar resultados cuantitativos e cualitativos.
|
Traballos tutelados |
Hai dous tipos de traballos tutelados, as prácticas plantexadas en clase (de forma individual ou grupal) e un traballo de maior extensión, grupal, sobre un tema sociolóxico (e a súa exposición oral).
O traballo grupal está exposto como un traballo de desenvolvemento sobre algún dos temas da materia. Este traballo é a ocasión para relacionar os coñecementos teóricos adquiridos, os argumentos dos manuais e os textos de referencia, cos casos prácticos e co coñecemento das fontes de información relacionadas coa materia. Por iso, os temas do traballo debedes escollelos vós mesmos e deben estar relacionados preferiblemente con algún tema visto na materia e enfocado desde unha perspectiva sociolóxica.
Debe presentarse nun formato científico, tanto no que se refire a forma e tamaño, como en canto á estrutura do texto, a presentación, referencias bibliográficas, etc.
As instrucións máis polo miúdo serán proporcionadas polo profesor/a durante o curso.
Este tipo de traballo inclúe a asistencia a unha tutoría obrigatoria.
|
Proba obxectiva |
Exame con preguntas sobre os contidos teóricos da materia.
A data do exame corresponderáse coa data oficial proposta pola UDC |
Presentación oral |
O traballo grupal sobre un tema sociolóxico será exposto en clase (tamén de forma grupal) a final de curso. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
Presentación oral |
|
Descrición |
A atención personalizada desta asignatura desenvolverase de forma presencial e non presencial. Para a comprensión das lecturas e para a realización dos traballos tutelados contaredes coa presenza dos profesores/as na aula durante as sesións en grupos reducidos (agás no caso das aulas expositivas do Grupo A) e, ademais, poderedes programar as tutorías presenciales que consideredes necesarias no horario que comunicaremos ao comezo de curso. Hai unha tutoría presencial obligatoria para preparar o traballo grupal. Tamén estaremos dispoñíbeis de forma non presencial preferibelmente a través do correo electrónico (e tamén a través da plataforma Moodle).
Aqueles alumnos/as que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto cos profesores/as ao comezo do curso e terán que asistir a unha tutoría para concretar as metodoloxías de avaliación. A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (30% da nota), un traballo sobre unha película (30% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (40% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados (sobre o libro e a película) como o exame. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A8 A10 A11 A13 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 C8 |
Considérase traballos tutelados tanto as prácticas realizadas en clase como o traballo en grupo sobre un tema da materia que deberá ser analizado desde unha perspectiva sociolóxica (o 40% da nota depende das prácticas, asistencia e participación e, o 15% restante, do traballo grupal obrigatorio).
En todos estes traballos valorarase:
-A comprensión e manexo dos conceptos, textos e a teoría sociolóxica.
-O uso de fontes e de ferramentas apropiadas para a investigación social.
-O pensamento crítico, reflexivo e relacional.
-A orixinalidade.
-A correcta expresión escrita.
-A capacidade de traballo en grupo (cando sexa o caso). |
55 |
Proba obxectiva |
A11 B1 B4 B5 |
Exame con preguntas sobre os contidos teóricos da materia.
A data do exame corresponderáse coa data oficial designada pola UDC.
|
40 |
Presentación oral |
B1 B6 C1 C7 |
A presentación oral sobre o traballo grupal é obligatoria.
Nela valorarase:
-O dominio e comprensión do tema.
-A capacidade de síntese.
-A correcta expresión oral.
-A creatividade.
-O traballo en grupo. |
5 |
|
Observacións avaliación |
Avaliación continua. A parte práctica (o conxunto de prácticas e actividades de clase, o traballo grupal, a exposición, a asistencia e a participación) suporá o 60% da cualificación, o exame final o 40%. Desta forma valórase e compénsase todo o traballo realizado. As prácticas que se realizarán ao longo do cuatrimestre terán un contido variado. O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC. Para aprobar a asignatura é necesario aprobar tanto a parte práctica como o exame. Se se suspende algunha das partes, a cualificación en Actas será a da parte suspensa en base 10. Avaliación non continua. Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso e terán que asistir a unha tutoría para concretar as metodoloxías de avaliación. A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (30% da nota), un traballo sobre unha película (30% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (40% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados (sobre o libro e a película) como o exame. Se se suspende algunha das partes, a cualificación en Actas será a da parte suspensa en base 10. Segunda oportunidade. A aqueles/as que teñan aprobada a parte práctica da asignatura pero non se presenten ou suspendan o exame da primeira convocatoria gardaránselles as notas da parte práctica pero terán que presentarse a un exame nas datas oficiais marcadas pola UDC (en segunda oportunidade). Aqueles/as que teñan que recuperar a parte práctica e teñan a parte teórica superada, deberán realizar un traballo final proposto polo profesor/a. No caso de ter ambas partes suspensas, haberá que realizar o exame teórico na data oficial e presentar un traballo práctico suxerido polo profesor/a. Neste caso, a parte teórica do exame valerá un 60% da nota e a parte práctica un 40%. Para aprobar a asignatura é necesario aprobar tanto a parte práctica como o exame. Se se suspende algunha das partes, a cualificación en Actas será a da parte suspensa en base 10.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
RODRÍGUEZ IBÁÑEZ, J.E. (1989). La perspectiva sociológica: historia, teoría y método . Madrid: Taurus
JONES, O. (2013). Chavs: la demonización de la clase obrera. Madrid: Capitán Swing
ALGUACIL, J. (2011). Cómo se hace un trabajo de investigación en sociología. Madrid: Los Libros de la Catarata
IGLESIAS, P. (Coord.) (2013). Cuando las películas votan: lecciones de ciencias sociales a través del cine. Madrid: Los Libros de la Catarata
GARCÍA FERRANDO, M. ET AL. (2015). El análisis de la realidad social: métodos y tecnicas de investigación. Madrid: Alianza
REQUENA, M. ET AL. (2013). Estratificación social. Madrid: McGraw-Hill
KERBO, H. (2003). Estratificación social y desigualdad: el conflicto de clases en perspectiva histórica, comparada y global. Madrid: McGrawHill
VARELA, N. (2016). Feminismo para principiantes. Barcelona: Ediciones B
WEBER, M. (2011). La ética protestante y el espíritu del capitalismo. Madrid: Alianza Editorial
MILLS, C. W. (2003). La imaginación sociológica. México: Fondo de Cultura Económica
LAMO DE ESPINOSA, E. (1990). La sociedad reflexiva: sujeto y objeto del conocimiento sociológico. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas
PASTOR, J. (2002). Qué son los movimientos antiglobalización. Barcelona: RBA
NUSSBAUM, M.C. (2010). Sin fines de lucro: por qué la democracia necesita de las humanidades. Madrid: Katz
MACIONIS, J.J. Y K. PLUMMER (2011). Sociología. Madrid: Pearson
GIDDENS, A. (2014). Sociología. Madrid: Alianza Editorial
FERNÁNDEZ, F. (2003). Sociología de la Educación. Madrid: Pearson
FERNÁNDEZ PALOMARES, F. (Coord.) (2003). Sociología de la educación. Madrid: Prentice-Hall
PICÓ, J. Y SANCHÍS, E. (2003). Sociología y sociedad. Madrid: Tecnos
RODRÍGUEZ CAAMAÑO, M.J. (Coord.) (2001). Temas de sociología. Madrid: Huerga y Fierro
GINER, S. (2011). Teoría sociológica clásica. Barcelona: Ariel |
|
Bibliografía complementaria
|
SUBIRATS, M. y TOMÉ, A. (2007). Balones Fuera: reconstruir los espacios de la coeducación. Barcelona, Octaedro.
GARCÍA FERRANDO, M; IBÁÑEZ, J.; ALVIRA, F. (comp.) (2000). El análisis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación social. Madrid, Alianza Universidad Textos, 3ª edición revisada
BARLEY, N. (1989). El antropólogo inocente. Barcelona, Anagrama
FEITO, G. (1995). Estructura Social Contemporánea. Las clases sociales en los países industrializados. Madrid, Siglo XXI.
GINER, S. (1988). Historia del pensamiento social. Barcelona, Ariel
FERNÁNDEZ, M. (1996). Inmigración y Etnicidad. Madrid, Centro de Investigación y Documentación Educativa.
SHAW, I. (2003). La evaluación cualitativa. Introducción a los métodos cualitativos. Barcelona, Editorial Paidós Ibérica, S.A.
ALONSO, L.E (1998). La mirada cualitativa en sociología. Fundamentos, Madrid.
BERTAUX, D. (2005). Los relatos de vida. Perspectiva etnosociológica. Barcelona, Bellaterra.
VV.AA. (2008). Metodología de las Ciencias Sociales. Madrid, Editorial Tecnos
CASTELLS, M. y SUBIRATS, M. (2007). Mujeres y hombres: un amor imposible?. Madrid, Alianza.
BAUMAN, Z. y MAY, T. (2007). Pensando sociológicamente. Buenos Aires, Nueva Visión.
GARCÍA FERRANDO, M. (coord.) (1999). Pensar nuestra sociedad. Fundamentos de Sociología. Valencia, Tirant lo Blanch, 4ª edición.
ALONSO, L.E. et al. (2004). Pierre Bourdieu, las herramientas del sociólogo. Madrid, Fundamentos
SUBIRATS, M. y BRULLET, C. (1998). Rosa y Azul. La transmisión de los géneros en la escuela mixta. Madrid, Instituto de la Mujer
GIDDENS, A. (2002). Sociología. Madrid: Alianza Editorial, 4ª edición.
VALLES, M. (1997). Técnicas cualitativas de investigación social. Reflexión metodológica y práctica profesional. Madrid, Síntesis
RITZER, G. (2001). Teoría sociológica clásica. Madrid, McGraw-Hill, 3ª edición.
RITZER, G (2002). Teoría sociológica moderna,. Madrid, McGraw-Hill, 5ª edición.
CARABAÑA, J. (2000). “Títulos contra el paro: ¿protegen los estudios del desempleo?, en SÁEZ, F. (coord.), Formación y empleo: programa de economía familiar. Madrid, Fundación Argentaria |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
* AS AULAS EXPOSITIVAS DO GRUPO B (MARTES DE 9.00/10.30H) SERÁN DESENVOLVIDAS DE XEITO PRESENCIAL NA AULA. * AS AULAS EXPOSITIVAS DO GRUPO A (XOVES DE 9.00/10.30H) SERÁN DESENVOLVIDAS DE XEITO VIRTUAL. PROPORCIONARÁNSE AS PRESENTACIÓNS EN POWER POINT CO CONTIDO TEÓRICO DE CADA LECCIÓN NO CAMPUS VIRTUAL CON ANTERIORIDADE A ESE DÍA, DE XEITO QUE OS ALUMNOS/AS POIDAN ACCEDER A ESE MATERIAL ANTES DAS AULAS INTERACTIVAS QUE SE DESENVOLVEN A CONTINUACIÓN. * AS AULAS INTERACTIVAS EN ÁMBOLOS DOUS GRUPOS (A e B), SON PRESENCIAIS E SE DESENVOLVERÁN CON NORMALIDADE NA AULA.
Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado |
|