Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Métodos de avaliación de programas Código 652G03023
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Ríos de Deus, María Paula
Correo electrónico
paula.rios.dedeus@udc.es
Profesorado
Ríos de Deus, María Paula
Correo electrónico
paula.rios.dedeus@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/dptos/fmide/index.php
Descrición xeral A materia implica o estudo de métodos e técnicas de avaliación, apoiadas nos coñecementos previos de investigación dende distintos enfoques. Concretamente, abórdanse contidos e competencias en materia de avaliación de programas, en sentido amplo, e analízanse pola súa repercusión as circunstancias e políticas que concurren nesta materia en cada momento e con unha mención especial nos aspectos éticos na investigación avaliativa e á formación metodolóxica indispensable para o traballo en equipo con outros profesionais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Ningunha
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que as referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A19 Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer o significado do concepto de avaliación en Educación Social. A6
Extraer información a partir de distintos casos de avaliación de programas, en sentido amplo. A14
A19
A21
B6
C6
Deseñar un Plan de Avaliación, a partir dun programa previamente especificado. A6
A14
A19
A21
B1
B2
B6
C6
C8
Construir distintos instrumentos e indicadores de avaliación. A6
A21
B1
Redactar un informe técnico de avaliación. B2

Contidos
Temas Subtemas
Perspectivas actuáis da educación social, programas e servizos socioeducativos
Investigación e avaliación de calidade
Modelos ou perspectivas de avaliación e calidade de programas e servizos socioeducativos
O proceso de avaliación da calidade dos programas e servizos socioeducativos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A6 A14 A19 A21 B1 B2 B6 C6 C8 16 30 46
Sesión maxistral A6 A14 A19 A21 B1 B2 C8 8 0 8
Discusión dirixida B6 C6 C8 6 20 26
Presentación oral B1 B2 B6 10 40 50
Proba obxectiva A6 A14 A19 A21 B1 2 10 12
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada levarase a cabo na aula ou en titorías individuais ou en pequeno grupo, segundo as necesidades presentadas ou demandadas polo alumnado.

A realización dunha titoría ao comezo do curso será obrigatoria para o alumnado non asistente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A6 A14 A19 A21 B1 B2 B6 C6 C8 Valórase:
Resultados de aprendizaxe
Participación activa no grupo
Designación de tarefas
Traballo en equipo
Respecto e colaboración
Organización do traballo
Actitude, motivación e implicación
Produto final ben elaborado
40
Discusión dirixida B6 C6 C8 Valórase:
A participación activa
Respecto e colaboración
10
Presentación oral B1 B2 B6 Valórase:
Traballo en equipo
Respecto e colaboración
Organización do traballo
Actitude, motivación e implicación
Produto final ben elaborado
10
Proba obxectiva A6 A14 A19 A21 B1 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Valorarase:
Adquisición das competencias da materia
40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é preciso ter aprobado todos os traballos realizados na clase, así como todas as actividades de avaliación.

Os e as estudiantes non asistentes, porsen en contacto coa docente para establecer a metodoloxía de avaliación da materia.

Terase en conta a presentación dos traballos, o formato, a redacción, as faltas gramaticales e as ortográficas. A detección dalgún deles suporá un punto menos na nota final.

A copia e plaxio de traballos será causa de suspenso.


Fontes de información
Bibliografía básica Lukas, J. F. y Santiago, K. (2009). Concepto, componentes y fases de la evaluación. En J. F. Lukas y K, Santiago (Eds). Evaluación educativa (2ª Ed) (pp. 87-126). Madrid: Alianza
REBOLLOSO, E.; FERNÁNDEZ-RAMIREZ, B. y CANTÓN, P. (2008). Evaluación de programas de intervención social.. Madrid: Edt. Síntesis
Hernández, J (2018). Evaluación socioformativa en procesos de formación en línea mediante proyectos formativos. Educar, Vol 54, No 1 (2018)
Perea, O. (2017). Guía de evaluación de programas y proyectos sociales. Plataforma de ONG de Acción Social
Lukas, J. F. y Santiago, K. (2009). Historia de la evaluación educativa. J. F. Lukas y K, Santiago (Eds). Evaluación educativa (2ª Ed) (pp. 63-86). Madrid: Alianza
Valdés, M. (2016). La evaluación de proyectos sociales: Definiciones y tipologías.
Cohen, E y Martínez, R. (2018). Manual formulación, evaluación y monitoreo de proyectos sociales. CEPAL
Ibarra Sáiz, M. S. y Rodríguez-Gómez, G. (2014). Modalidades participativas de evaluación. Un análisis de la percepción del profesorado y de los estudiantes universitarios. Revista de Investigación Educativa, 32 (2), 339-361
Nieto, S. (2010). Principios, métodos y técnicas para la investigación educativaMadrid: Dykinson. Madrid: Dykinson
Nieto, S., y Olmos, S (2010). Técnicas e instrumentos para la recogida de datos en la medida de actitudes y de información grupal. En S. Nieto y M. J. Rodríguez (Coord.). Investigación y Evaluación educativa en la Sociedad del Cono

Bibliografía complementaria SENLLE, A. e GUTIERREZ, N. (2004). Calidad en los Servicios Educativos. Barcelona: Edit. Díaz de Santos
STUFFLEBEAN, D. y SHINKFIELD, A.J. (1984). Evaluación Sistemática. Madrid: Paidós-MEC, 1987.
GENTO PALACIOS, S. (1996). Instituciones educativas para la calidad total. Madrid: Edt. La Muralla


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Métodos de investigación/652G03019
Técnicas de recollida e análise da información/652G03026

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas/652G03039

Observacións

Recoméndase enviar os traballos telematicamente e, de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías