Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Intervención Non Farmacolóxica en Demencias Código 653540019
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
González-Abraldes Iglesias, Isabel
Correo electrónico
i.gonzalez-abraldes@udc.es
Web http://https://estudos.udc.es/gl/subject/4540V01/4540019/2021
Descrición xeral Nesta materia se estudarán as diferentes técnicas de intervención non farmacolóxicas no ámbito da deterioración cognitiva.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Proba obxectiva
*Metodoloxías docentes que se modifican
As clases maxistrais e as prácticas a través das TIC pasarán a darse de forma virtual a través da plataforma de Microsoft Teams. A proba obxectiva pasaría a realizarse empregando Moodle. A atención personalizada para a resolución de dúbidas farase mediante Microsoft Teams, Moodle e por correo electrónico.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos temas” da materia, para formular as consultas necesarias.
– Teams: 1 sesión semanal en grupo para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
- En caso de que o alumnado teña problemas de conexión a internet poderase utilizar a vía telefónica.
4. Modificacións na avaliación
Mantéñense as porcentaxes da avaliación, especificadas na guía docente, realizando o exame de forma virtual mediante a ferramenta Moodle.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao cómputo da asistencia, que se realizarán respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial e a partir de aí considerarase a asistencia ás clases virtuais no horario establecido previamente co alumnado.
- En caso de ser preciso, a oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a 1ª oportunidade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Estudar aspectos sobre a deterioración cognitiva e as demencias dexenerativas, como base para as terapias non farmacolóxicas de intervención propostas. AP1
BM1
BM4
Coñecer e ser capaz de aplicar diferentes terapias non farmacolóxicas que poden aplicarse en persoas con demencia. AP3
AM1
BM3
Profundar na abordaxe non farmacolóxica dos trastornos de conduta, desde unha perspectiva da prevención. AP2
BM2
BM5
Ser capaz de desenvolver e planificar programas de intervención nos procesos cognitivos, conductuales e emocionais dirixidos a persoas con demencia. AI1
AI2
CM7
Conseguir as habilidades necesarias para asesorar aos coidadores informais e outros profesionais sobre a intervención en demencias. AP4
AP5
CM6

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Deterioración cognitiva e demencia 1.1. Envellecemento normal e funcións mentais.
1.2. Cambios cognitivos no envellecemento.
1.3. Perda de memoria asociada á idade.
1.4. Deterioración cognitiva leve.
1.5. Demencia.
TEMA 2. Clasificación e características neuropsicolóxicas e clínicas das demencias 2.1. Demencias Clasificación.
2.2. Diagnóstico.
2.3 Diagnóstico Diferencial.
TEMA 3. Síntomas conductuales e psicolóxicos da demencia ( SCPD) 3.1. Bases biolóxicas e fisiopatológicas.
3.2. Síntomas psicolóxicos e conductuales.
3.3. Principais instrumentos de avaliación.
3.4. Fármacos de uso frecuente.
TEMA 4. Intervención nos síntomas conductuales e psicolóxicos
4.1. Intervención nos Síntomas psicolóxicos e conductuales.
4.2. Terapia conductual
TEMA 5. Terapias non farmacolóxicas nas demencias 5.1. Bases neuropsicológicas de la estimulación y actividad cognitiva.
5.2. Métodos y objetivos de intervención cognitiva.
5.3. Orientación a la realidad.
5.4. Reminiscencia.
5.5. Programas de estimulación y actividad.
5.6. Terapia cognitiva específica.
5.7. Técnicas de comunicación y Terapia de validación.
5.8. La Psicomotricidad como método de estimulación cognitiva.
5.9. Musicoterapia en Geriatría y Demencias: Aspectos metodológicos.
5.10. Terapias de Estimulación Multisensorial tipo "Snoezelen"
TEMA 6. Atención aos coidadores informais 6.1. Coidadores informais de pacientes con demencia.
6.2 Sobrecarga no coidador informal.
TEMA 7. Intervencións terapéuticas dirixidas a coidadores informais 7.1. Apoio formal. Programas psicoeducativos.
7.2. Grupos de axuda mutua.
7.3 Intervención psicoterapéutica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A2 A5 A4 A6 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C7 1 20 21
Proba de resposta múltiple A1 A2 A5 A4 A6 A7 B1 B2 B3 B4 1 8 9
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A4 A6 A7 B1 B2 B3 B4 C6 16 16 32
Recensión bilbiográfica A1 A2 A5 A4 A6 A7 B1 B2 B3 B4 B5 1 10 11
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados De revisión bibliográfica
Proba de resposta múltiple Exame tipo test composto por corenta preguntas con catro respostas cada unha das cales unicamente unha será correcta. As preguntas mal contestadas restarán 0,33 puntos sobre as correctas, non restando as non contestadas. Para superar o exame o alumno deberá obter unha puntuación final do 65% do total unha vez restados os puntos das falladas. Ej; 30 ben, 4 mal e 6 non contestadas. A puntuación final será 30-4 0,33=28,68=6,5
Sesión maxistral Valorarase a asistencia e participación en clase
Recensión bilbiográfica Análise crítica artigos científicos

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Daranse pautas aos alumnos para a realización dos traballos

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A1 A2 A5 A4 A6 A7 B1 B2 B3 B4 B5 Análise crítica artigos científicos 20
Traballos tutelados A1 A2 A5 A4 A6 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C7 De revisión bibliográfica 20
Proba de resposta múltiple A1 A2 A5 A4 A6 A7 B1 B2 B3 B4 Exame tipo test composto por corenta preguntas con catro respostas cada unha das cales unicamente unha será correcta. As preguntas mal contestadas restarán 0,33 puntos sobre as correctas, non restando as non contestadas. Para superar o exame o alumno deberá obter unha puntuación final do 65% do total unha vez restados os puntos das falladas. Ej; 30 ben, 4 mal e 6 non contestadas. A puntuación final será 30-4 0,33=28,68=6,5 55
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A4 A6 A7 B1 B2 B3 B4 C6 Valorarase a asistencia e participación en clase 5
 
Observacións avaliación

TRABALLOS TITORADOS: Se se detecta fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo do curso, implicará un fracaso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á seguinte oportunidade. Esta actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto dos profesores da titulación. No caso de que a irregularidade se repita nunha segunda avaliación, a Comisión poderá solicitar ao reitor que expulse temporal ou perpetuamente ao estudante do máster.


Fontes de información
Bibliografía básica Millán Calenti JC (2011). Cuidar y acompañar al enfermo con demencia. Madrid. Ed. Médica Panamericana
Millán Calenti JC (2011). Gerontología y Geriatría. Valoración e Intervención . Ed. Médica Panamericana
Millán Calenti JC (2006). Principios de Gerontología y Geriatría Madrid.. Ed. Mc-Graw Hill Interamericana

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Valoración en Xerontoloxía/653540002
Intervención en Xerontoloxía/653540003
Xerontoloxía Clínica I/653540005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendacións para o estudo da materia:

·        Asistencia regular ás clases.

·        Realización das prácticas de laboratorio.

·        Estudo diario dos materiais impartidos e da bibliografía básica.

·        Consulta da bibliografía complementaria recomendada.

·        Participación e discusión activa nas actividades que se organicen.

·        Realización das probas obxectivas que se vaian realizando.

Para contribuír á consecución dunha contorna sostible inmediata e cumprir o obxectivo estratéxico 2 do "IV Plan de Actuación do Programa Campus Verde FCS (2020-2022)", o traballo documental realizado neste ámbito:

a) A maioría solicitarase en formato virtual e soporte informático.

b) Se está realizado en papel:

- Non se utilizarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Utilizarase papel reciclado.

- Evitaranse borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías