Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Investigación Cualitativa en Investigación Clínica Código 6538623029
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Movilla Fernandez, Maria Jesus
Correo electrónico
maria.jesus.movilla@udc.es
Profesorado
Fernández Basanta, Sara
Freijomil Vázquez, Carla
Movilla Fernandez, Maria Jesus
Correo electrónico
sara.fbasanta@udc.es
carla.freijomil@udc.es
maria.jesus.movilla@udc.es
Web
Descrición xeral Unha vez finalizada esta materia o estudante será capaz de integrar os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para desenvolver o deseño de unha investigación cualitativa.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Identificar os diferentes enfoques e tradicions da investigación cualitativa AI1
AI4
CM6
CM7
CM8
Describir os diferentes métodos e procesos da metodoloxía da investigación cualitativa AI1
AI4
BM1
BM3
BM4
BM7
CM7
CM8
Deseñar a práctica da investigación cualitativa AI1
AI2
AI4
AI5
BM1
BM3
BM4
BM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Fundamentos de metodoloxía de investigación cualitativa 1.1.- Características da investigación cualitativa
1.2.- Fenomenoloxía
1.3.- Etnografía
1.4.- Teoría Fundamentada
1.5.- Etnometodoloxía
1.6.- Investigación-Acción
1.7.- Método biográfico
Tema 2. Proceso e fases da investigación cualitativa 2.1.- Fase preparatoria
2.2.- Traballo de campo
2.3.- Fase analítica
2.4.- Fase informativa
Tema 3. Práctica da investigación cualitativa 3.1.- Definición do problema e acceso ó campo
3.2- Definición de roles
3.3.- Selección de informantes e recollida de datos
3.4.- Técnicas de recollida de datos: observación, entrevista, etc
3.5.- Análise de datos
3.6.-Rigor e credibilidade
3.7.- Informe de investigación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Foro virtual A4 A5 B4 C8 C7 C6 0 21 21
Análise de fontes documentais A5 A4 B3 B4 C6 C7 C8 0 50 50
Traballos tutelados A1 A2 A4 A5 B1 B4 B7 C8 0 65 65
Seminario A1 A4 A5 B3 B4 C6 0 14 14
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Foro virtual Espazo de discusión informal destinado aos estudantes para o tratamento dun tema ou problema, que se desenvolve a través dun contorno virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro).
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
As metodoloxías empregadas no desenvolvemento da materia incluen pola sua modalidade online atención personalizada

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A4 A5 B1 B4 B7 C8 Avaliación dos exercicios entregados e do traballo final onde se demostre o dominio teórico-metodolóxico da materia 90
Foro virtual A4 A5 B4 C8 C7 C6 Participación no foro virtual mediante un proceso de avaliación continua 10
 
Observacións avaliación

MATRICULA PARCIAL.



Os/As estudantes poderán solicitar DISPENSA ACADEMICA.



Os/as estudantes de matricula parcial deberán poñerse en contacto
ca profesora coordinadora da materia ó inicio do curso. 



Poderán realizar o mesmo proceso de avaliación que o descrito para
a PRIMEIRA OPORTUNIDADE ou unha proba obxectiva final sendo necesario acadar 5
puntos para superar a materia.

SEGUNDA OPORTUNIDADE E OUTRAS.



Poderán realizar o mesmo proceso de avaliación que o descrito para
a PRIMEIRA OPORTUNIDADE ou unha proba obxectiva final sendo necesario acadar 5
puntos para superar a materia.

OPORTUNIDADE ADIANTADA.



A avaliación consistirá en unha proba obxectiva sendo necesario
acadar 5 puntos para superar a materia.

MATRICULA DE HONRA.



 Poderá outorgarse ás puntuacions máis elevadas superiores a
9.


Fontes de información
Bibliografía básica Strauss A; Corbin J (2002). Bases de la Investigación Cualitativa. Colombia
Glesne C (2016). Becoming qualitative researchers. An Introduction. Pearson
Gordo López A (2008). Estrategias y prácticas cualitativas de investigación social. Madrid: Pearson Educación
Denzin NK; Lincoln YS (2000). Handbook of qualitative research. Thousand Oaks: Sage
Flick U (2004). Introducción a la investigación cualitativa. Madrid: Morata
Arantzamendi M; Lopez-Dicastillo O; Vivar C (2012). Investigación Cualitativa. Manual para principiantes. España: Ediciones Eunate
Perez Serrano G (1994). Investigación cualitativa. Retos e interrogantes. Métodos. Madrid: Editorial La Muralla
Perez Serrano G (1994). Investigación Cualitativa. Retos e interrogantes. Ténicas y análisis de datos. Madrid: Editorial La Muralla
Ruiz Olabuenaga JI (2003). Metodología de la Investigación Cualitativa. Bilbao: Universidad de Deusto
Creswell JW (2013). Qualitative inquiry & research design. SAGE
Bourgeault I; Dingwall R; Vries R (2010). The SAGE HandboSAGEok of Qualitative Methods in Health Research. SAGE

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Uso docente do inglés: será conveniente que o alumnado teña un coñecemento básico de inglés para manexar material bibliográfico e/ou ler algún texto escrito nese idioma e, sobre todo, consultar en Internet distintas páxinas relacionadas coa materia da clase. Recoméndase que os estudantes teñan un grao de coñecemento de inglés correspondente ao nivel A2 de usuario básico, recollido no documento do Marco común europeo de referencia sobre coñecemento de idiomas (http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/marco/cvc_mer.pdf)

Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través da plataforma Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades docentes realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

- Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías