Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Traballar aspectos de interese ocupacional e medio-ambiental desde a Atención do Adulto con Discapacidade Física desde o coñecemento da perspectiva xeral e integral da Rehabilitación Médica en contextos interdisciplinares. |
A3
|
B2 B6 B8 B9 B11 B12 B14 B29
|
C4
|
Mellorar as habilidades e actitudes do estudante de Terapia Ocupacional como acode e como profesional adquirindo as competencias xenéricas asignadas. |
A3
|
B5 B6 B7 B8 B10 B11 B29
|
C4
|
Coñecer aspectos relevantes da Rehabilitación médica e a Atención Integral do Adulto con Discapacidade Física como fundamento xeral e interdisciplinar previo ao estudo desde a perspectiva ocupacional e da contorna.
|
A3
|
B10 B11 B12 B29
|
C4
|
Desenvolverse como persoa, como profesional e como cidadán para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común, respectando os Dereitos Humanos e coidando a sustentabilidade do medio-ambiente. |
A3
|
B11 B29
|
C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
PROF. SERGIO SANTOS DEL RIEGO
|
|
Tema 1.- REHABILITACIÓN REUMATOLÓXICA. |
- Fundamentos básicos e xenerais de Rehabilitación Médica Reumatológica de interese para o terapeuta ocupacional:
- Reumatismos de partes brandas.
- Reumatismos dexenerativos: Formulación básica.
- Reumatismos inflamatorios: Formulación básica.
- Terapéutica integral interdisciplinar.
|
Tema 2.- TRAUMATOLOXÍA. QUEIMADURAS.
|
- Conceptos xerais e principais fracturas de membro superior, columna e membro inferior.
- Síntese da terapéutica rehabilitadora traumatolóxica integral e interdisciplinar.
- Lesiones músculo-tendinosas e de nervios periféricos
- Queimaduras. |
Tema 3.- FONIATRÍA E LOGOPEDIA.
|
- Foniatría e Logopedia. Actuacións e patoloxías.
- Outros aspectos. |
TEMA 4.- NIVEIS XERÁRQUICOS DO FUNCIONAMENTO DO CEREBRO. MÉTODOS DE FACILITACIÓN NEUROMUSCULAR PROPIOCEPTIVA.
|
- Niveis xerárquicos do funcionamento do cerebro.
- Principais métodos de Facilitación Neuromuscular propioceptiva (FNP).
- Outros aspectos.
|
Tema 5.- PATOLOXÍA DO ÁMBITO SENSORIAL E XENERALIDADES. PERSPECTIVA MÉDICA. |
- Discapacidade visual no adulto.
- Discapacidade auditiva no adulto.
|
XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX |
XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX |
PROF. ANTONIO MONTOTO MARQUÉS |
|
Tema 6.- REHABILITACIÓN EN PERSOAS CON DANO CEREBRAL: Fundamentos básicos e xenerais de Rehabilitación Médica Integral de interese para o terapeuta ocupacional. |
6.1.- ACCIDENTE CEREBROVASCULAR (ACV).
- Aspectos epidemiolóxicos.
- Tipos de ACV e Perfís clínicos.
- Clínica: déficits neurológicos.
- Diagnóstico.
- Tratamento rehabilitador: pronóstico de recuperación funcional. Valoración dos déficits (escalas). Achega da Rehabilitación na fase aguda. Obxectivos da Rehabilitación motora. Técnicas de reeducación.
6.2.- TRAUMATISMO CRANEOENCEFÁLICO (TCE).
- Definición.
- Epidemioloxía.
- Lesións focais. Dano axonal difuso.
- Medida de resultados no TCE.
- Niveis de resposta no TCE grave.
- Tipos de déficits.
- Abordaxe dos déficits cognitivos e conductuales.
- Estratexias da Rehabilitación na fase aguda
- Estratexias da Rehabilitación na fase subaguda
|
Tema 7.- AGNOSIAS. |
- Consideracións xerais sobre os sistemas sensoriais.
- Concepto de agnosia.
- Tipos de agnosias: visuais, auditivas, viso-espaciais, outras.
- Avaliación estandarizada.
|
Tema 8.- APRAXIAS |
- Concepto.
- Tipos de apraxia: motoras, construtivas, da marcha, buco-facial, entre outras.
- Avaliación estandarizada.
|
Tema 9.- AFASIAS. |
- Concepto.
- Tipos de afasia.
- Diferenza con outros trastornos.
- Valoración.
|
XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX |
XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX |
PROF. ANTONIO RODRÍGUEZ SOTILLO. |
|
Tema 10.- REHABILITACIÓN EN PERSOAS CON LESIÓN MEDULAR. |
9.1.- INTRODUCIÓN Á LESIÓN MEDULAR:
- Definición
- Lembro anatómico e funcional
- Antecedentes históricos
- Epidemioloxía da lesión medula de causa medica e traumática
- Fisiopatoloxía da lesión medular
- Aspectos antropolóxicos da lesión medular en Galicia e no mundo
9.2.- NOMENCLATURA:
- Nivel Neurolóxico
- Clasificación ASIA
- Síndromes clínicas
- Niveis funcionais segundo a Clasificación ASIA
- Obxectivos do tratamento.
- Patocronia do tratamento de Rehabilitación.
- Prognóstico da lesión medular.
9.3.- LESIÓN MEDULAR. FASE AGUDA.
- Diagnostico e erros frecuentes.
- Estudos radiolóxicos.
- Consecuencias clínicas e tratamento.
- Tratamento da lesión ósea. Prestacións en persoas con Lesión Medular.
- Salvación medular.
9.4.- COMPLICACIÓNS DA LESIÓN MEDULAR AGUDA E CRÓNICA.
- Consecuencias da lesión medular.
- Complicacións fase aguda.
- Consecuencias da lesión medular crónica.
9.5.- TRATAMENTO INTEGRAL DA LESIÓN MEDULAR, CUSTOS E PREVENCIÓN.
|
Tema 11.- TRASTORNOS DO MOVEMENTO, O EQUILIBRIO E A MARCHA. ENFERMIDADES DESMIELINIZANTES. |
- Enfermidad de Parkinson.
- Esclerosis Múltiple.
- Outras. |
Tema 12.- ATAXIAS. ENFERMIDADES DE PRIMEIRA e SEGUNDA NEURONA. MIOPATÍAS. |
- Ataxias.
- Esclerosis Lateral Amiotrófica (ELA).
- Neuropatías.
- Miopatías.
- Outras.
|
Tema 13.- POLÍTICAS DE XESTIÓN EN REHABILITACIÓN. PRESTACIÓNS. |
- Introdución á xestión en Rehabilitación. Áreas de xestión clínica.
- Catálogo de prestacións SERGAS.
- Catálogo prestacións para persoas con lesión medular.
|
XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX |
XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A3 B6 B7 B10 B11 B12 B29 C4 |
62 |
32.5 |
94.5 |
Estudo de casos |
B2 B5 B8 B9 B14 |
14 |
0 |
14 |
Actividades iniciais |
B6 C4 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
A clase maxistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
|
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Actividades iniciais |
Actividades que levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Permite adquirir as competencias de inicio e adaptación desta materia.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
|
Descrición |
A atención personalizada farase, globalmente, mediante tutorías personalizadas directas e virtuais, individuais e grupales.
Sobre a dedicación do estudio do alumnado con Matrícula Parcial:
Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 4/05/2017), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) da devandita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación da/o estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude da devandita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da Comisión académica do Grao en Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
B2 B5 B8 B9 B14 |
Examen único da sesión maxistral e estudo de casos por oportunidade. A materia compórtase, avalíase e revísase como un todo. De suspender, no se guardan cualificacións parciais de “partes de examen”.
|
0 |
Sesión maxistral |
A3 B6 B7 B10 B11 B12 B29 C4 |
Examen único da sesión maxistral e estudo de casos por oportunidade. A materia compórtase, avalíase e revísase como un todo. De suspender, no se guardan cualificacións parciais de “partes de examen”.
|
100 |
|
Observacións avaliación |
OBSERVACIÓNS ECOLÓXICAS:
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico do Plan Green Campus FCS, os traballos documentais que se realicen nesta materia:
a.- Mayoritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.
b.- De realizarse en papel:
- Non se utilizarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a realización de borradores.
CUALIFICACIÓN DA MATERIA REHABILITACIÓN DO ADULTO CON DISCAPACIDADE FÍSICA DO GRAO EN TERAPIA OCUPACIONAL: Un só e único exame escrito integrado por oportunidade, coa seguinte distribución de puntuacións:
A. O Prof. Sergio Santos del Riego avaliará sobre 4 puntos (40%).
B. O Prof. Antonio Rodríguez Sotillo avaliará sobre 3 puntos (30%).
C. O Prof. Antonio Montoto Marqués avaliará sobre 3 puntos (30%).
A cualificación final do exame teórico (sesións maxistrais e estudo de casos), e por tanto da asignatura, será o sumatorio de A+B+C. Só se revisará unha cualificación: a cualificación final, coa presenza conxunta -de ser factible- do profesorado da asignatura. Necesitarase unha cualificación igual ou maior a 5 puntos para aprobar a asignatura. Si a suma total fose inferior a 5 puntos, a cualificación final da materia será de suspenso/a.
INFORMACIÓN SOBRE A CUALIFICACIÓN FINAL:
En relación coa convocatoria/curso, realizarase so un exame escrito final/oportunidade: un na primeira oportunidade e outro na segunda oportunidade (xuño-xullo) para preservar a equidade no trato cos estudantes. As datas dos exames estarán establecidas segundo o calendario oficial aprobado en Xunta de Facultade.
A materia compórtase, avalíase e revísase como un todo. De suspender, non se gardan cualificacións parciais de "partes do exame".
O profesor responsable, co consenso do profesorado da materia, se reserva a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación, revisión ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación.
Sobre Plagios:
- "A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará
directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria
correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
• Miranda Mayordomo JL. Rehabilitación Médica. Aula Médica: Madrid; 2004
• Manual SERMEF de Rehabilitación y Medicina Física, 2005.
• Rincón Herrera E, Sánchez-Ortiz Muñoz M, Ramos Santos R. Terapia Ocupacional: intervención en distintas patologías. Alcalá la Real (Jaén): Formación Alcalá 2007.
• Grieve J, Gnanasekaran L. Neuropsicología para terapeutas ocupacionales: cognición en el desempeño ocupacional. Madrid: Panamericana 2009.
• Frontera, WR.; Gans, BM.; Walsh, NE.; Robinson, LR. De Lisa´s Physical Medicine and Rehabilitation: Principles and Practice. Lippincott Williams & Wilkins: Filadelfia, 2010.
• Crepeau EB. Willard & Spackman, Terapia Ocupacional. Buenos Aires: Médica Panamericana 2011.
• Polonio B, Romero D. Terapia Ocupacional aplicada al daño cerebral adquirido. Ed Médica Panamericana 2010
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
1.- Recomendacións sobre sustentabilidade medio-ambiental. Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "IV Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2020-2022)" os traballos documentais que se realicen nesta materia: a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático. b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. 2.- Caso de detección de fraudes, copias ou plaxios. Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0), invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria e remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do/a alumno/a do título cursado. |
|