Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Xestión de Recursos Humanos Código 662G01043d
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Pérez García, Antonia
Correo electrónico
antonia.perezg@udc.es
Profesorado
Pérez García, Antonia
Correo electrónico
antonia.perezg@udc.es
Web http://antonia.perezg@udc.es
Descrición xeral O obxectivo da materia é estudar os procesos e estratexias de xestión dos recursos humanos da empresa turística. Así como os procesos motivacionais dos recursos humanos no ámbito laboral.

Plan de continxencia No caso de confinamento:

1. Modificacións nos contidos:

As clases e atención de dúbidas sobre os temas impartidos faranse a través de teams.
As titorías de traballos faranse a través dun foro en Moodle e Teams, para o envío dos avances dos traballos de grupo farase a través de Moodle.

Algunhas das tarefas serán adaptadas máis cara a reflexión individual e grupal colaborativo.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:

A través de Teams, Moodle e correo electrónico.

4. Modificacións na avaliación
Práctica: 60%
Teoría: 40% (a través dunha proba/exame)

Observacións de avaliación:

Para o alumnado que non seguise a avaliación continua desde o inicio do curso, estará obrigado a entregar todas as tarefas requiridas ao longo do curso nas datas que se indiquen, antes da data de peche da acta de xuño ou xullo, no caso de ir á 2ª oportunidade.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía


Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
-Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións turísticas -Dirixir e xestionar os distintos tipos de entidades turísticas, sendo capaz de resolver problemas específicos de xestión de recursos humanos cun razoamento crítico e compromiso ético. -Capacidade de análise e síntese que permita a xestión da toma de decisións dende o razoamento crítico e que tamén permita a adaptación aos cambios -Capacidade de organización e planificación con iniciativa emprendedora e de liderado sobre os recursos humanos da empresa, así como ser capaz de traballar de forma colaboradora e desenvolver habilidades de relacións interpersoais. A2
A5
A6
A12
A13
A26
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. CONCEPTO DE XESTIÓN DE RECURSOS HUMANOS 1.1. As tres áreas da xestión de recursos humanos
1.2. Importancia da xestión de recursos humanos no sector turístico
1.3. Obxectivos da xestión do persoal na empresa turística


Tema 2. POLÍTICA LABORAL E SALARIAL 2.1. Postos e tipos de contratación no sector turístico
2.2. Política salarial e factores
2.3. Complementos do salario


Tema 3. SELECCIÓN E RECRUTAMENTO DE PERSOAL


3.1. Fases previas: fontes de recrutamento, currículo vitae
3.2. Fases centrais: técnicas de selección (entrevistas, test e outras formas de selección)
3.3. Fases finais


Tema 4. INCORPORACIÓN AO POSTO DE TRABALLO


4.1. Acollida e incorporación á empresa
4.2. Manual do empregado. Información ao empregado
4.3. Período de aprendizaxe
4.4. Prevención de Riscos Laborais


Tema 5. FORMACIÓN DO PERSOAL NA EMPRESA TURÍSTICA


5.1. Avaliación de necesidades de formación
5.2. Plan de formación


Tema 6. A MOTIVACIÓN COMO FERRAMENTA PARA DIRIXIR O EQUIPO DE TRABALLO


6.1. Motivación e rendemento dos empregados
6.2. Técnicas e efectos da motivación
6.3. Valoración de Tarefas
6.4. Promoción do persoal


Tema 7. O TRABALLO EN EQUIPO E O SEU IMPACTO NA EMPRESA


7.1. O grupo eficaz na empresa turística
7.2. Dirección de grupos humanos
7.3. Interacción de grupos
7.4. Importancia da delegación


Tema 8. A COMUNICACIÓN INTERNA NA EMPRESA TURÍSTICA

8.1. Técnicas e estratexias de comunicación. Comunicación interna
8.2. As reunións de traballo
8.3. Comunicación no sector turístico


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 20 24 44
Estudo de casos A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 0 35 35
Traballos tutelados A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 0 35 35
Aprendizaxe colaborativa A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 0 20 20
Proba mixta A2 A5 A6 A12 A26 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 2 10 12
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral do profesor dos temas da materia

Estudo de casos Estudo de casos e situacións reais de empresas turísticas e do ámbito laboral actual dos cales se facilitará ao alumno/a datos concretos extraidos de informes, reportaxes e noticias de prensa así como doutros documentos audiovisuais de interese. Propoñeranse exercicios na aula e irase especificando a metodoloxía concreta para a súa realización.


Traballos tutelados Realización de traballos prácticos obrigatorios guiados individuais ou en grupos reducidos sobre diversas situacións empresariais relacionadas có sector. No devandito traballo o alumno/a terá que planificar/deseñar e clasificar os recursos humanos e as súas capacidades segundo tipo de empresa. O devandito traballo forma parte da avaliación final.


Aprendizaxe colaborativa Algunhas das tarefas teranse que realizar a través de foros ou wikis colaborativos en grupos nos que o alumnado traballará de forma conxunta na tarefa asignada para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros.
Proba mixta Exame mixto onde haberá unha parte test que valora a aprendizaxe de conceptos e outra parte de preguntas de desenvolvemento que valora a aprendizaxe de coñecementos.



Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Estudo de casos
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
O estudo de casos supón a atención personalizada de titorías individuais ou en pequenos grupos online. Os traballos guiados tamén supoñerán un seguimento e control do alumno/a. As titorías iranse expoñendo a medida que se explique o contido teórico do curso e a súa aplicación práctica.




Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A5 A6 A12 A26 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 Constará dun exame escrito obrigatorio composto dunha parte conceptual e outra de desenvolvemento ou aplicativas da materia, sendo imprescindible superar cada unha das partes.


60
Traballos tutelados A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización de traballos prácticos obrigatorios tutelados individuais que se terán que entregar nas datas marcadas para a posterior corrección do profesor/a.

15
Estudo de casos A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 Teranse que traballar os casos prácticos e entregar nas datas marcadas para a posterior corrección do profesor/a.

15
Aprendizaxe colaborativa A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización de tarefas obrigatorias (foros ou wikis) colaborativas, cuxa participación será avaliada polo profesor/a. 10
 
Observacións avaliación

Os traballos tutelados son
obrigatorios para a avaliación e o alumno/a terá que obter un mínimo de 5
para facer media co exame, chegando a 5 entre as dúas partes.

1ª Oportunidade: a parte práctica ten un valor dun 40%, a
parte teórica (exame) ten un valor dun 60%. Gardarse a nota aprobada da parte práctica de traballos obrigatorios feitos durante o curso ou da parte teórica (exame) para a 2ª oportunidade, sempre e cando se obteña un 5 (aprobado) en calquera das partes.

2ª Oportunidade: No caso de ser N.P. ou suspenso  (parte práctica) na 1ª oportunidade, o alumno/a poderá entregar todos os traballos obrigatorios requiridos para tentar aprobar a materia na 2ª oportunidade.

A nota da parte práctica (en caso de estar aprobada) gardarase só para o inmediato curso seguinte.

O alumno obtendrá a calificación de NP se non se presenta ao exame, aínda que presentase traballos durante o curso (independentemente da oportunidade).

Permítese unha dispensa de asistencia máxima dun 20%. A partires do 20% tense que xustificar por motivos de traballo, prácticas,  enfermidade ou dispensa académica de exención de asistencia, de non ser así, pode quedar afectado a porcentaxe de avaliación de ambas as partes. 

O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente, poderá facer os traballos obrigatorios, e
facerlos chegar ao profesor/a para a súa avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica García Isa, Isabel (2013). Gestión de Recursos Humanos en Empresas Turísticas. Paraninfo S.A.
Bayón Mariné, Fernando y García Isa, Isabel (1997). Gestión de Recursos Humanos. Manual para tècnicos en empresas turísticas. Madrid. Editorial Síntesis
Iglesias J.A. (1992). La gestión de Recursos Humanos aplicada al sector turístico. Barcelona, Bosch
Serrat i Juliá, Josep (1996). La Gestión del personal en la empresa turística. Centro de Estudios Ramón Areces S.A.
Agut, Sonia; Grandío, Antonio y Peris, Rosana (2011). Los Recursos Humanos en el ámbito turístico. Síntesis
Rubio Gil, Angeles (2001). Los Recursos Humanos en el sector turístico español: organización del trabajo y empleo. Ariel Turismo
Rodríguez Crespo, Mª José y Vallecillo Orellana, Araceli (2018). Manual para la gestión laboral de los Recursos Humanos en las empresas turísticas. Tecnos

Bibliografía complementaria Werther, William B. y Davis, Jr. Keith (2000). Administración de personal y Recursos Humanos. Madrid. Mc-Graw Hill
Bonache, J y Cabrera A. (2007). Dirección de personas. Madrid,Pearson Educación
Satre, M.A. y Aguilar, E.M. (2003). Dirección de Recursos Humanos. Un enfoque estratégico. Madrid. Mc-Graw Hill
Gómez Mejía, L. y otros (2008). Gestión de Recursos Humanos. Madrid. Pearson Educación S.A.
Dolán, S. (1999). La Gestión de los Recursos. Madrid.Mc-Graw Hill
Alcaide M., González M., Florez J. (1996). Mercado de trabajo, reclutamiento e formación en España. Madrid, Pirámide
Ordóñez, M (1996). Modelos y experiencias innovadoras en la gestión de los recursos humanos. Barcelona, Gestión 2000
Casanueva, C., García del Junco J. y Caro F.J. (2000). Organización y gestión de empresas turísticas. Madrid, Pirámide


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Direción Estratéxica de Empresas Turísticas/662G01042

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías