Datos Identificativos | 2021/22 | ||||||
Asignatura (*) | Segundo Idioma Moderno II: Alemán | Código | 662G01048 | ||||
Titulación | |||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | ||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | |||
Idioma |
|
||||||
Modalidade docente | Híbrida | ||||||
Prerrequisitos | |||||||
Departamento | Letras |
||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
||||
Web | |||||||
Descrición xeral | Esta materia foi deseñada para dotar os futuros graduados duns coñecementos e habilidades medios necesarios para comprender e facerse comprender en situacións habituais da vida cotiá en países de fala alemá, así como para poder desenvolver unha conversación de temas cotiáns e turísticos cunha persoa de fala alemá. Ademais proporcionaráselle ao alumnado uns coñecementos lingüísticos que lle permitan desenvolver as competencias lingüísticas medias (oral e escrita) para que sexan capaces de desenvolver tarefas en empresas do sector turístico con clientes de fala alemá ou outras empresas de países de fala alemá. | ||||||
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: .- Traballos tutelados mediante exercicios de expresión escrita .- Obradoiro de tarefas e exercicios *Metodoloxías docentes que se modifican: .- A proba oral modificarase según as circunstancias .- A proba mixta pasará a facerse mediante cuestionarios Moodle e tarefas. .- Modifícase a sesión maxistral, que pasa a reducirse en duración e os contidos pasan a complementarse con vídeos, presentación e outros materiais dispoñibles para o alumnado a través de Moodle/Teams 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado .- Foro Moodle: póñense a disposición do alumnado diferentes foros para poder consultar dúbidas que podan xurdir sobre os obradoiros e traballos tutelados, así como sobre calquera outro aspecto da sinatura. Ademais abrirase un foro exclusivo para dúbidas finais que podan xurdir incluso unha vez rematada a sinatura. Os foros estarán accesibles ata o final do curso. .- Tarefas Moodle: para cada tarefa que teña que entregar o alumnado contará cunha explicación pormenorizada dos requirimentos da tarefa na descrición do apartado correspondente en Moodle. .- Teams: previa a realización das tarefas, traballos ou cuestionarios, destinarase un tempo de explicación verbal sobre a mesma mediante Videoconferencia onde os alumnos poderán formular tódalas dúbidas que poidan ter. Ademais destinarase unha última sesión a través de Videoconferencia para resolver tódalas dúbidas ou peticións dos alumnos, así como para facilitarlles recursos que poidan ser de axuda para complementar todo lo aprendido na sinatura e que o poidan consolidar de cara ao próximo curso. .- Correo electrónico e mensaxes en Moodle: se ben es preferible que as dúbidas se compartan nos foros habilitados, os alumnos tamén poden poñerse en contacto co profesor a través de correo electrónico ou mensaxe de Moodle para facer consultas individuais, solicitar encontros virtuais, etc. 4. Modificacións na avaliación: .- Traballos tutelados (30%) .- Obradoiro (30%) .- Cuestionarios (40%) *Observacións de avaliación: .- No caso de detectar en algunha das probas indicios de copia ou utilización ilícita de recursos o alumno pasará a ser cualificado na sinatura como suspenso automaticamente, con independencia das cualificacións obtidas nas probas restantes. APLICABLE A TODALAS CONVOCATORIAS. .- Elimínase o sistema da entrega dos traballos tutelados. Non é necesario entregar as correccións nin o dosier final. APLICABLE A 1ª CONVOCATORIA. .- Requisitos para superar a materia na 1ª OPORTUNIDADE: 1. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación. 2. Asistir e participar regularmente as sesións e actividades da clase. 3. Entregar os traballos tutelados nas datas indicadas (mínimo un 80%). .- Requisitos para superar a materia na 2ª OPORTUNIDADE de XULLO: 1. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación: - Traballo final 30% - Cuestionario de comprensión lectora 20% - Cuestionario final 50% Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): .- A cualificación final da sinatura será aquela que resulte dos cuestionarios mais os traballos tutelados. Os traballos terán que ser entregados en la fecha que se estableza, para o que o alumnado terá que estar en contacto con outros compañeiros ou ben co profesor. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. O alumnado xa dispoñe de todos os materiais de traballo ao comezo do cuadrimestre. |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías |