Método de avaliación da materia: Avaliación continua (Curso + Exame final)
Avaliación por curso (65% da cualificación da materia):
- Probas obxectivas teóricas: realizaranse tres controles teóricos (1 por cada bloque temático), que será tipo test ou resposta curta e entre 10 e 20 preguntas (a través da plataforma Moodle) (40% da cualificación obtida por curso).
- Traballos prácticos individuais: Realizaranse un mínimo de tres traballos prácticos individuais, un por cada bloque temático. Presencial e con indicacións do profesor na aula. (60% da cualificación obtida por curso).
O profesor poderá expor actividades complementarias de recuperación, cuxa nota repercutirá en nótaa media de traballos prácticos realizados durante o curso, esíxese a asistencia ás sesións interactivas
Exame final (proba obxectiva presencial) (35% da cualificación da materia):
- Exame teórico (exame tipo test e resposta curta, entre 10 e 40 preguntas) supón o 40% da nota da proba obxectiva. Presencial. Nota mínima para aprobar >4
- Exame práctico (propoñerase 1 ou 2 exercicios similares aos traballos prácticos realizados durante o curso)o que supón un 60% da nota da proba obxectiva.Presencial.
A cualificación da materia será a media ponderada da avaliación por curso e da nota do exame final.
Aclaracións relevantes:
Se a cualificación media obtida por curso é superior a 8, o alumno quedará eximido de presentar o exame final, neste caso obterá unha nota máxima de 6,5.
Requisitos para presentar exame final: (incluíndo o caso dos alumnos con dispensa académica) o alumno estará obrigado a presentar as probas teóricas por curso e presentar os traballos individuais nas datas fixadas polo profesor. En caso contrario, a cualificación obtida por curso será NON PRESENETADO.
Se por razóns sanitarias, non se poidan realizar as actividades
presenciais previstas, realizaranse de forma telemática, a través das
plataformas da UDC e serán desenvolvidas seguindo as indicacións
impartidas polo profesor.