Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
a) Profundar en contidos de catalogación asistida por computador reforzando aspectos da práctica catalográfica sobre casos especiais na descrición de monografías e publicacións seriadas. |
A4 A7 A8
|
B3 B5 B6
|
C2 C8
|
b) Coñecer as características, aplicación e limitacións dos principais sistemas SIGB comerciais con especial atención a aplicacións catalográficas. |
A7 A8
|
B1 B3 B5 B6 B9
|
C2 C8 C10
|
c) Profundar en aspectos de aplicación de estándares IBERMARC e MARC 21 e coñecer as características e as limitacións deses sistemas. |
A4 A8
|
B1 B2 B3
|
C2
|
d) Abordar as razóns que explican os límites de aplicación dos sistemas expertos nas tarefas de catalogación orixinal. |
|
B1 B2 B3 B5 B6 B9
|
C2 C8 C12 C15
|
e) Saber caracterizar os denominados “documentos especiais” e coñecer e aplicar os instrumentos prescriptivos necesarios para o seu procesamento documental. |
A4 A8
|
B2 B3 B6 B9
|
C2 C8 C10
|
e) Abordar a caracterización e evolución histórica dos catálogos en liña. |
A4 A7
|
B2 B5 B6 B9
|
C2 C8 C10 C12 C15
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
I. INTRODUCCIÓN |
- Definición de catalogación
- A catalogación como operación da cadea documental e a análise documental
- Un paso previo á catalogación: A descrición bibliográfica
- Fases da catalogación.
- Finalidade da catalogación
-Definición de rexistro bibliográfico ou ficha catalográfica
-Partes do rexistro bibliográfico
- O catálogo e os seus obxectivos
- A normalización no marco da análise formal
- MARC 21 (estrutura e terminoloxía) |
II. DEFINICIÓN, CARACTERÍSTICAS E TIPOS DE RECURSOS ELECTRÓNICOS |
-Tipoloxía dos recursos electrónicos
-Recursos continuados
-Codificación dos recursos electrónicos nas posicións 06 e 07 da cabeceira e nos campos 008, 006 e 007 |
III. DESCRIPCIÓN E ESTRUCTURA DOS RECURSOS ELECTRÓNICOS |
- Fontes de información dos recursos electrónicos
- Fontes de información das publicacións seriadas e os recursos integrables
- A lingua e escritura da descrición, omisións, abreviaturas, uso de maiúsculas, erratas, símbolos, etc.
- Cambio de título
- Directrices de CONSER |
IV. AS ÁREAS DA DESCRIPCIÓN BIBLIOGRÁFICA |
- Área de título e mención de responsabilidade
- Área de edición
- Área de material
- Área de publicación, distribución, etc.
- Área de descrición física
- Área de serie
- Área de notas
- Área de número normalizado e condicións de adquisición
|
V. OS PUNTOS DE ACCESO |
- Puntos de acceso bibliográficos
- Puntos de acceso de materia
- Clasificación dos recursos electrónicos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
B2 B3 B5 B6 B9 C2 C8 C10 C12 C15 |
2 |
40 |
42 |
Traballos tutelados |
A4 A8 B1 |
2 |
30 |
32 |
Portafolios do alumno |
A7 B3 C2 |
10 |
0 |
10 |
Presentación oral |
A7 B6 C10 |
9 |
0 |
9 |
Sesión maxistral |
B2 B3 B6 B9 C8 C10 C12 C15 |
21 |
0 |
21 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
Método de avaliación dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, puidendo combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta curta (pechada ou non) e outras algo máis extensas para que o alumno reflexione sobre os contidos tratados na materia. |
Traballos tutelados |
Realización por parte do alumnado dun traballo autónomo orientado á profundización nos contidos da materia, baixo a vixilancia e seguemento da profesora. Proporcionaranse instrucións precisas para a súa realización. Exporase na aula. |
Portafolios do alumno |
Cartofol que reúne virtualmente (a través da plataforma moodle) os traballos dos alumnos, fundamentalmente consistentes en resumo, comentario ou respostar a preguntas sobre lecturas, vídeos, conferencias, etc. que permitirán profundar sobre os contidos traballados e actividades de carácter práctico e exercicios de catalogación. |
Presentación oral |
Ó longo das aulas procurarase a interación entre o alumnado e profesorado de xeito ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os traballos que se incluirán no portafolios. |
Sesión maxistral |
Exposición oral dos contidos básicos da materia, elaborados e expostos pola docente, que pode apoiarse en medios audiovisuais. Proposta de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba mixta |
Portafolios do alumno |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
As titorías da materia permitirán ao alumnado resolver dúbidas sobre os contidos, a forma de preparar o exame, traballos tutelados, traballos do portafolios e calquera outra actividade orientada ao longo do curso.
Empregaranse preferentemente as titorías presenciais e o correo electrónico e o chat de Teams. Acordándose previamente coa profesora, poderanse tamén realizar titorías por vídeo-conferencia a través de Teams.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
B2 B3 B5 B6 B9 C2 C8 C10 C12 C15 |
Realizarase un exame final teórico-práctico sobre os contidos vistos nas sesións maxistrais e nas interactivas. Incluirá un exercicio de catalogación dun recurso electrónico con MARC 21. |
40 |
Portafolios do alumno |
A7 B3 C2 |
Valorarase adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, as achegas por pare dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse criterios de avaliación máis concretos no momento da presentación das actividades aos alumnos. |
25 |
Presentación oral |
A7 B6 C10 |
Expoñerase o traballo tutelado. Farase chegar un power point con voz á a profesora dentro do prazo que indicará. |
10 |
Traballos tutelados |
A4 A8 B1 |
Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía utilizada.
|
25 |
|
Observacións avaliación |
Ao tratarse dunha materia da que non se imparten aulas durante o curso 2021-2022, será obrigatorio para TODO O ALUMNADO acordar unha titoría NAS DÚAS PRIMEIRAS SEMANAS DO CUADRIMESTRE co fin de establecer un plan de traballo idóneo. Establecerase entón un calendario para consensuar o tema do traballo tutelado e das prácticas do portafolios que o precisen e realizar as entregas. Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación, a condición de que se obteña un mínimo de 4 sobre 10 en cada unha das metodoloxías. Se a nota nalgunha destas metodoloxías é inferior a 4 suspenderase a materia. Cando sexa necesario acordar un tema, non se avaliarán as entregas non consensuadas coa profesora no prazo establecido para tal fin. Non se avaliaran os traballos que non teñan sido consensuados, como mínimo, un mes antes do final das aulas do periodo lectivo do cuatrimestre. Será obrigatorio presentar o traballo tutelado, a presentación oral en power point e o portafolios como mínimo 15 días antes do final das aulas do periodo lectivo do cuatrimestre. Cando se teña feito unha das entregas do portafolios, as restantes prácticas desa metodoloxía non entregadas nos prazos que se establezan cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados ou plaxiados. SEGUNDA OPORTUNIDADE: Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Para aprobar, respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. Será obrigatorio comunicar á docente como se abordará á avaliación nesta segunda oportunidade. Non se avaliaran os traballos que non teñan sido consensuados, como mínimo, un mes antes da data fixada para o exame pola Facultade de Humanidades. Será obrigatorio presentar o traballo tutelado e o portafolios como mínimo quince días antes da data fixada para o exame pola Facultade de Humanidades. Para presentarse ao exame é requisito imprescindible ter presentado previamente os traballos das restantes metodoloxías. ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA: Avaliaranse polo mesmo sistema que o resto do alumnado.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
(2004). Anglo-American Cataloguing Rules. Chicago: American Library Association
Estivill Rius, A., (2006). Catalogación de recursos electrónicos. Gijón: Trea
Herrero Pascual, C., (2002). Catalogación para formato IBERMARC. Murcia: Diego Marín
(2016). Formato MARC21 para registros bibliográficos. Biblioteca Nacional de España
Díez Carrera, C., (dir) (2005). La catalogación de materiales especiales. Gijón: Trea
Bereijo, A., (2003). Las Ciencias de lo Artificial y las Ciencias de la Documentación: incidencia de la Predicción y la Prescripción, en González, W. J.. (ed.) Racionalidad, Historicidad y Predicción en Herbert A. Simon, . A Coruña: Netbiblo
Martínez García, M., y Olarán Múgica, Mª., (2005). Manual de catalogación en formato IBERMARC y MARC 21. Madrid: Arco-Libros
(2013). MARC21 Bibliographic Format. National Library of Canada
(1999). Reglas de Catalogación. Madrid: Ministerio de Educación y Cultura |
|
Bibliografía complementaria
|
(). Cataloguer´s toolbox. <http://www.mun.ca/library/cat/>
(). Cataloguing tools by format. <http://www.mun.ca/library/cat/formtool.html>
(). MARC 21: MARC standards. <http://www.loc.gov/marc/>
(). TPOT: Technical Processing Online Tools. <http://tpot.ucsd.edu/>
Furrie, B., (). Understanding MARC bibliographic: Machine-Readable Cataloging. <http://www.loc.gov/marc/umb/> |
Os profesores poderán proporcionarán nas clases bibliografía específica para cada un dos temas e actividades a desenvolver, co fin de adecuar e actualizar de maneira continua os contidos da materia. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Análise Documental/710G02013 | Catalogación Descritiva de Documentos Especiais/710G02019 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Análise Documental/710G02013 |
|
|