O obxectivo desta materia é explicar os conceptos fundamentais da planificación e desenvolvemento das coleccións nas unidades de información, así como das técnicas existentes para a preparación de plans de desenvolvemento e de adquisición dos recursos informativos físicos e electrónicos e a xestión dos mesmos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen: todas (materia en extinción, non hai docencia).
Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha (materia en extinción, non hai docencia).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: titorías a través de Teams e correo electrónico cando o soliciten os/as alumnos/as.
4. Modificacións na avaliación: proba obxectiva mediante un cuestionario en Forms, no que se avaliarán os contidos teóricos e prácticos da materia. Tempo para a súa realización: 40 minutos. Cualificación: 100%
O alumnado pode e debe empregar e revisar toda a documentación relacionada cos temas da materia para dar resposta ás preguntas da proba.
Observacións de avaliación:
Os alumnos e alumnas que non poidan realizar a proba a través dos medios previstos, deben comunicar ao profesorado da materia tal circunstancia, ofrecendo unha motivación con suficiente antelación.
A realización fraudulenta da proba implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida.
Primeira e segunda oportunidade: mesma metodoloxía de avaliación.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ningunha.
Competencias do título
Código
Competencias / Resultados do título
Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe
Competencias / Resultados do título
Coñecer e comprender os conceptos da xestión de coleccións, e as súas implicacións sociais, éticas e tecnolóxicas
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8
B3 B4 B5 B6 B7 B8
C3 C4 C5 C7 C16 C17 C18 C19
Adquirir habilidades para traballar en planificación, formación e avaliación de coleccións
A2 A3 A5 A8
B1 B2 B3 B5 B8
C3 C5 C7 C10 C11 C12 C13 C14 C15
Coñecer e saber valorar a implicación das tecnoloxías nas coleccións
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7
B2 B3 B6 B8
C4 C7 C13 C16 C18 C19
Coñecer e adquirir habilidades sobre a importancia dos provedores, dos profesionais das unidades de información, dos usuarios e dos cidadáns na xestión de coleccións e os seus procesos
A2 A4 A6 A7
B1 B2 B3
C3 C4 C5 C6
Contidos
Temas
Subtemas
Módulo 1. Xestión de coleccións: marcos conceptuais, sociais e tecnolóxicos
Tema 1. Xestión de coleccións: marcos conceptuais, sociais e tecnolóxicos
Módulo 2. Desenvolvemento das coleccións
Tema 2. Planificación e Programa
Tema 3. Selección, adquisición e xestión de provedores
Módulo 3. Mantemento das coleccións
Tema 4. A avaliación de coleccións
Tema 5. A dixitalización de coleccións: planificación, proxectos e propiedade intelectual
Tema 6. O expurgo
Módulo 4. Coleccións electrónicas
Tema 7. Xestión de e-libros e revistas electrónicas
Tema 8. Xestión de repositorios institucionais
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado
Metodoloxías
Metodoloxías
Descrición
Proba mixta
Proba que pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación sobre os contidos teóricos e prácticos da materia para a avaliación dos coñecementos adquiridos.
Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Descrición
Resolver dúbidas, ampliar formulacións, suxerir actividades e distintas formas de traballo que axuden ao alumnado na súa aprendizaxe. Seguimento personalizado e constante de cada unha das tarefas desenvolvidas polos/as alumnos/as.
Na medida do posible, como se trata dunha materia en extinción, que xa non ten docencia, tentarase facilitar a atención personalizada ao alumnado que así o solicite.
Avalíanse o número de erros e acertos da proba. No caso das preguntas de resposta breve ademáis os contidos das mesmas: a adecuación ás preguntas realizadas, a capacidade de argumentación, o emprego da terminoloxía, a expresión escrita, a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), a creatividade e o espírito crítico.
O alumnado pode e debe empregar e revisar toda a documentación relacionada cos temas da materia para dar resposta ás preguntas da proba. Tempo de realización: 40 minutos.
100
Observacións avaliación
Primeira e segunda oportunidade: mesma metodoloxía de avaliación.
A realización fraudulenta da proba implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida.
Fontes de información
Bibliografía básica
-Agee, Jim (2007). Acquisitions to global: an introduction to library collection management in the 21st Century. Oxford
-Alabaster, Carol (2002). Developing an outstanding Core Collection: a guide for libraries. Chicago
-Alonso Arévalo, J. (2013). Plataformas de préstamos de libros digitales en las bibliotecas públicas
-American Library Association. Collection development Committee (1979). Guidelines for Collection Development. Chicago
-Bluh, Pamela; Hepfer, Cindy (2006). Managing electronic resources: contemporary problems and emerging issues. Chicago
-Dahl, Mark; Banerjee, Kyle; Spalti, Michael (2006). Digital Libraries: integrating content and systems. Chicago
-Fuentes Romero, J. (2010). La colección de materiales en las bibliotecas. Madrid
-García Gómez, F.J. (2006). Desarrollo y gestión de la colección local en la biblioteca pública. Buenos Aires
-Gaudet, F.; Lieber, C. (2000). El expurgo en la biblioteca. Madrid
-Gregory, V. L. (2011). Collection development and management for 21st Century Library Collections. New York, etc.
-Grupo Selección cooperativa (s.a.). Pautas para establecer una política de colecciones en una biblioteca pública
-IFLA (2016). IFLA Principles for Library eLending.
-IFLA (2010). IFLA: Donaciones para las colecciones: directrices para las bibliotecas [en liña], 2010
-IFLA (2014). Directrices para planificar la digitalización de colecciones de libros impresos antiguos y manuscritos
-IFLA (2012). Cuestiones clave para el desarrollo de colecciones con recursos electrónicos: una guía para bibliotecas
-Johnson, Peggy. (2014). Fundamentals of collection development & management. Chicago: ALA
-Johnson, Peggy (2013). Developping and managing electronic collections: the essentials. Chicago: ALA
-Kennedy, John (2006). Collection Management: a concise introduction. Wagga Wagga
-Mouren, R., dir. (2007). Manuel du patrimoine en bibliothèque. Paris
-Sayão, Luis [et al.] (2009). Implantação e gestão de repositórios institucionais: políticas, memória, livre acesso e preservação. Bahía: EDUFBA
-Serrano Vicente, Rocío; Melero Melero, Remedios, Abadal, Ernest (2014). Indicadores para la evaluación de repositorios institucionales de acceso abierto. Murcia
-Vicente García, Remedios de (2013). Los libros electrónicos en las colecciones de las bibliotecas públicas. Barcelona
Bibliografía complementaria
A profesora proporcionará nas titorías bibliografía específica para cada un dos temas e actividades a desenvolver, co fin de adecuar e actualizar de maneira continua os contidos da materia.
Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Biblioteconomía/710G02012
Planificación e Xestión de Unidades de Información/710G02021
Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Materias que continúan o temario
Observacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías