1.- Segunda oportunidade: Os estudantes recuperarán a parte NON correspondente á evaluación continua (entendendo por tal as probas de resposta breve e a proba obxectiva) nun só exame que suporá o 40% da nota.
RECUPERACIÓN DA AVALIACIÓN CONTINUA: No caso de que o estudante coas calificacións de avaliación continua obtidas durante o primero cuadrimestre sumadas á máxima nota que poderían obter na proba de segunda oportunidade mencionada anteriormente (40%) no puidese alacanzar o aprobado (5 puntos), se lle realizaría unha proba adicional de resposta breve (que podería ser oral ou escrita) e que subsituiría a nota alcanzada nas probas de avaliación continua (Solución de Problemas e Presentación oral). Esta proba supondría un total de 3 puntos. De maneira que na segunda oportunidade podría optar a unha cualificación máxima de 7 puntos.
Para a solicitude da recuperación da avaliación continua habilitarase un prazo durante o segundo cuadrimestre no que os estudantes deberán poñerse en contacto co profesor para solicitar a realización da correspondente proba, renunciando a calificación da avaliación continua acadada anteriormente. A recuperación da avaliación continua realizarase durante o segundo cuadrimestre na data proposta polo docente da materia.
2.- Convocatoria adiantada:Só neste caso, se realizará unha proba mixta co fin de evaluar todas as competencias e contidos propios da materia. O resultado obtido nesa proba coincidirá coa nota final obtida polo alumno/a.
3.- Calificación de non presentado:
Corresponde ao alumnado que:
A) Só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.
B) Non se presente ás probas do periodo de evaluación oficial marcado polo decanato.
4.- Estudantes matriculados a tempo parcial e con "dispensa académica de exención de asistencia": Deberán comunicalo ao profesorado, antes do 30 de setembro, para acordar un calendario de entregas de supostos e casos prácticos que substituirán á presentación oral e á solución de problemas. As demáis cuestións manteñense sen cambios, seguindo as mesmas indicacións que o resto de estudantes.
5.- Condicións de realización dos exames:
- Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
- Os/as estudantes acreditarán a súa identidade dacordo coa normativa vixente.
As probas non realizadas puntuarán como 0 puntos e as realizadas en fraude suporán a cualificación de 0 puntos na convocatoria da materia (Art. 14 das normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario)
Os criterios de puntuación de cada unha das probas se darán a coñecer no momento da proba.
Nos exames/probas en caso existir preguntas tipo test as mal respondidas poderán puntuar en negativo