Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os fundamentos básicos de xestión dunha empresa de téxtil/moda, tanto a nivel estratéxico como operativo e funcional. |
A2 |
Coñecer os aspectos da contorna que inflúen na evolución do mundo da moda e as súas empresas, con especial incidencia no impacto das cuestións económicas e legais. |
A3 |
Desenvolver destrezas para as relacións interpersoais e a interactuación con axentes do contorno e interno (clientes, provedores, medios, colaboradores...). |
A8 |
Ser capaz, con base no coñecemento do contorno social, de deseñar e pór en marcha estratexias de márketing eficaces, que consideren especialmente as variables de comunicación e distribución: mensaxes, medios, canles, relación co cliente etc... |
A10 |
Ter os fundamentos económico-financeiros necesarios para coñecer o estado dunha empresa de moda e xestionala adecuadamente desde unha tripla perspectiva de liquidez, solvencia e rendibilidade. |
A11 |
Ter unha perspectiva internacional do sector da moda e dominar ferramentas de planificación e xestión das estratexias de internacionalización posibles. |
A14 |
Ter unha perspectiva clara do papel das persoas na organización, e coñecer as ferramentas de xestión de recursos humanos necesarias para conseguir delas a máxima implicación e rendemento. |
A16 |
Incorporar criterios de sostibilidade nos procesos de toma de decisión da empresa (e por extensión aos mercados de moda). |
A17 |
Saber implantar programas de responsabilidade social corporativa (nos mercados de moda). |
B1 |
Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa en contornos interdisciplinares. |
B7 |
Capacidade para analizar tendencias (razoamento crítico). |
B8 |
Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións. |
B9 |
Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C9 |
Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender os conceptos fundamentais da dirección estratéxica. |
A1 A2 A10 A14
|
B1
|
C1 C2 C3
|
Coñecer e poñer en práctica as ferramentas de análise estratéxica. |
A1 A2 A3
|
B1 B2 B3 B7 B9
|
C1 C2 C3 C8
|
Identificar a estratexia que permite á empresa acadar unha vantaxe competitiva, logo de analizar e avaliar a contorna (xeral e específica) e os recursos e capacidades da empresa. |
A2 A3 A8 A11 A16 A17
|
B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9
|
C2 C3 C4 C9
|
Comprender a importancia da correcta implementación e control da estratexia empresarial. |
A2 A3 A10 A14
|
B1 B2 B3 B7 B8 B9
|
C3 C9
|
Coñecer a importancia da cultura (intra)emprendedora. |
A2 A3
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9
|
C3 C5 C7 C8 C9
|
Ser capaz de traballar en equipo, desenvolver a capacidade de análise e síntese da información e o razoamento crítico, e mellorar as habilidades de comunicación sobre problemas estratéxicos existentes nunha empresa. |
A3
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9
|
C1 C2 C3 C4 C7 C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
I. Introducción á dirección estratéxica |
1. Dirección estratéxica: conceptos básicos, proceso e axentes |
II. Análise da contorna estratéxica |
2. Análise externa: contorna xeral e específica
3. Análise interna: recursos, capacidades e vantaxe competitiva
4. Misión, visión e obxectivos. Goberno corporativo
5. Dinámicas de estratexia empresarial |
III. Desenvolvemento, implantación e control de estratexias |
6. Avaliación de estratexias
7. Estratexia corporativa
8. Estratexia competitiva
9. Implantación e control do plan estratéxico |
IV. Outras estratexias |
10. Estratexia de emprendemento
11. Estratexia de internacionalización |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Discusión dirixida |
B1 B2 B3 B4 B7 C1 C2 C4 C7 C9 |
6 |
4 |
10 |
Lecturas |
A1 A2 A3 A10 A11 A14 A16 A17 B2 B5 B7 C5 |
0 |
15 |
15 |
Presentación oral |
B3 B4 B6 B7 B8 C1 C2 C3 C7 C9 |
2 |
5 |
7 |
Proba mixta |
A1 A2 A8 B1 B2 B3 B5 B7 B9 C1 C2 C5 |
1 |
15 |
16 |
Traballos tutelados |
B3 B4 B6 B8 C2 C4 C7 C8 C9 |
1.5 |
20 |
21.5 |
Seminario |
A2 A3 A10 A11 A14 A16 A17 |
2 |
1 |
3 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A8 A10 A11 A14 A16 A17 C4 C5 C8 C9 |
21 |
10 |
31 |
Foro virtual |
B2 B3 B4 B7 B9 C1 C2 C4 C9 |
0 |
3 |
3 |
Estudo de casos |
A1 A2 A3 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C4 C5 C7 C8 C9 |
10 |
30 |
40 |
|
Atención personalizada |
|
3.5 |
0 |
3.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Discusión dirixida |
Mediante esta dinámica abordaránse diferentes temáticas enfocadas a que o alumnado reflexione sobre diferentes aspectos da materia e adopte unha posición crítica. |
Lecturas |
Lecturas sobre diferentes temáticas para abordar e/ou profundar nas cuestións abordadas na aula. |
Presentación oral |
Presentación oral, de forma individual ou en grupo, de traballos realizados na aula ou de estudos de casos que deberán entregarse por escrito. |
Proba mixta |
Exame final sobre os contidos teóricos da materia que poderá combinar diferente tipoloxía de preguntas (preguntas de resposta breve, preguntas de ensaio, exercicios prácticos e preguntas obxectivas ou tipo test). |
Traballos tutelados |
Realización dun traballo en grupo e presentación final do mesmo. O contido e características deste traballo daranse a coñecer ao alumnado nas primeras sesións de clase.
|
Seminario |
Realización de seminarios con profesionais expertos en temas da materia, sempre que sexa posible. |
Sesión maxistral |
Presentación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa fin de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
|
Foro virtual |
Existirán dous foros virtuais, a saber:
- Foro virtual de debate: canle que o alumnado poderá empregar para a proposta de debates e a participación nestes.
- Foro virtual de aprendizaxe: canle que o alumnado poderá empregar como espazo para o intercambio e a reflexión de aprendizaxes e a proposta de novas actividades. |
Estudo de casos |
Resolución, individual ou en grupo, dos casos propostos. Estes casos iranse detallando ao longo do curso, conforme ao plan de traballo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
A atención personalizada descrita desenvolverase principalmente en torno ao traballo tutelado, e concíbese como momentos de traballo persoal co profesorado da materia para a atención e seguimento do traballo realizado por cada un dos grupos de traballo. Recoméndase a asistencia do alumnado a estas reunións, cuxa forma e momento concretos nos que terá lugar se indicarán ao longo do curso en función do plan de traballo da materia. Con todo, durante o curso o alumnado poderá empregar as horas de titorías para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grado na UDC" (Arts. 3.b e 4.5) realizará as súas actividades coa asistencia e participación nas dinámicas que se recollen nos apartados de "Planificación" e na "Atención personalizada", a través dos grupos de traballo que se conformen na materia. A actividade realizarase atendendo ás observacións de avaliación sobre a flexibilidade de asistencia-participación e os requisitos para superar a materia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A1 A2 A3 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C4 C5 C7 C8 C9 |
Avaliación dos casos propostos e realizados individual ou grupalmente.
Nalgúns dos casos propostos (a especificar durante o curso en función do plan de traballo proposto) a avaliación poderá realizarse por pares.
No estudo de casos valorarase a coherencia e adecuación das respostas ás preguntas formuladas, a presentación formal e a expresión escrita, a consulta de fontes bibliográficas... |
10 |
Traballos tutelados |
B3 B4 B6 B8 C2 C4 C7 C8 C9 |
Avaliación do informe escrito e exposición oral do traballo en grupo proposto.
Esta avaliación realizarase tendo en conta criterios como o dominio de contidos específicos, a expresión escrita e a presentación formal, o manexo da información, a claridade da presentación e da presentación... |
30 |
Proba mixta |
A1 A2 A8 B1 B2 B3 B5 B7 B9 C1 C2 C5 |
Exame final sobre o contido da materia que terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames da facultade.
O exame pode combinar diferentes tipos de preguntas (preguntas de ensaio, preguntas de resposta curta, preguntas de opción múltiple...). |
50 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A8 A10 A11 A14 A16 A17 C4 C5 C8 C9 |
Valorarase a asistencia e participación activas nas sesións maxistrais e nas actividades realizadas nas sesións interactivas (exemplo, participación en debates ou discusións dirixidas na aula, resolución de actividades, resposta a preguntas formuladas...). Poderán tamén realizarse pequenos cuestionarios, sen necesidade de previo aviso, sobre os contidos vistos ao remate dalgunha das sesións expositivas ou interactivas.
|
10 |
|
Observacións avaliación |
1. Segunda oportunidade: os criterios de avaliación aplicaranse tanto á primeira como á segunda oportunidade, incluídos os estudantes Erasmus e de intercambio. 2. Convocatoria anticipada: se hai estudantes que desexan realizar a convocatoria anticipada en decembro (Art. 19 "Normas para a avaliación, revisión e reclamación de cualificacións de grao e máster"), só terán que facer a proba mixta ( 60% da nota), traballo supervisado (30% da nota) e casos prácticos (10% da nota). O traballo tutelado debe realizarse de xeito individual. Os estudantes que se presenten a esta convocatoria deberán avisar ao profesorado da materia con suficiente antelación. 3. Cualificación de 'Non presentado': En todas as convocatorias (primeira e segunda oportunidade e convocatoria avanzada) clasificaranse como 'Non presentadas' as que non acudan ao exame final. 4. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia: os estudantes con “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia” terán as seguintes ponderacións: o 50% procederá do exame, o 30% procederá da realización de traballo en equipo supervisado (resultados acadados, pero sen contar a asistencia á aula), o 10% procederá da realización de casos prácticos e o 10% restante procederá das actividades requiridas nas clases (pero sen contar a asistencia ás sesións ). Neste caso, a asistencia ás clases non será un requisito, pero estes alumnos deberán entregar as actividades realizadas na aula e a súa nota será a mesma que a do resto de alumnos. 5. Outras observacións de avaliación: NOTA MÍNIMA: Os estudantes deberán obter unha nota mínima de 4 sobre 10 na proba mixta e nos traballos supervisados; doutro xeito, a nota final será "Suspenso" (sendo a nota media da materia a nota obtida no exame final), aínda que a nota media dea unha puntuación igual ou superior a 5 puntos. O control da asistencia dos alumnos ás sesións interactivas presenciais pódese levar a cabo aleatoriamente. As cualificacións obtidas polos alumnos na avaliación continua como resultado do traballo supervisado realizado en equipo, a participación nas sesións e a realización de casos prácticos (ata o 50%) só serán válidas durante o curso académico en cuestión. . Está prohibido o acceso ás salas de exames con calquera dispositivo de transmisión e/ou almacenamento de datos (teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, etc.). O comportamento fraudulento nalgunha das seccións obxecto de avaliación producirá a cualificación de "Suspenso (0)" na avaliación final.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA: Lynch, R. (2015). Strategic management. Pearson. Seventh edition. ISBN: 978-1-292-06468-0. Dispoñible en: http://17imc.ir/uploads/uploads/newfiles/Strategic%20Management%20by%20Richard%20Lynch%20(z-lib.org).pdf.pdf Hitt, M.A., Ireland, R.D., Hoskisson, R.E. (2020). Strategic management: competitiveness & globalization: concepts & cases. Boston: Cengage. 13th edition. Jiménez Quintero, J.A. (2017). Dirección estratégica. Madrid: Pirámide. Barney, J.B., Hesterly, W.S. (2008). Strategic management and competitive advantage: concepts and cases. New Jersey: Pearson Prentice Hall. 2nd ed. Pearce, J.A., Robinson, R.B. (2008). Strategic management: formulation, implementation and control. Boston: McGraw-Hill. 11th. ed. David, F.R. (2007). Strategic management concepts. New Jersey: Prentice Hall. 11th edition. Bueno Campos, E.; Morcillo Ortega, P., Salmador Sánchez, M.P. (2006). Dirección estratégica. Nuevas perspectivas teóricas. Pirámide. |
Bibliografía complementaria
|
|
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA: Jiménez Quintero, J.A., Aldeanueva Fernández, I. (2018). Dirección estratégica internacional. Madrid: Pirámide. 2ª ed. Navas López, J.E., Guerras Martín, L.A. (2016). Fundamentos de dirección estratégica de la empresa. Pamplona: Thomson. 2ª ed. Sánchez, R., Heene, A. (2004). The New Strategy Management. Organization, Competition, and Competence. New York: John Wiley&Sons, Inc. Navas López, J.E., Guerras Martín, L.A., García Muiña, F. [et al.] (2015). La dirección estratégica de la empresa: teoría y aplicaciones. Madrid: Thomson Civitas. 5ª ed. Grant, R.M. (2006). Dirección estratégica. Conceptos, técnicas y aplicaciones. Thompson. 5ª Ed. Guerras Martín, L.A., Navas López, E. (2007). Dirección estratégica de la empresa. Teoría y aplicaciones. Thomson-Civitas, Madrid. 4º Ed. Mateo Dueñas, R., Sagarra Porta, Ramón (2004). Creación de empresas. Teoría y Práctica. Mc Graw Hill. Porter, M.E. (2009). Estrategia Competitiva. Editorial Pirámide, Madrid. Porter, M.E. (2010). Ventaja Competitiva: creación y sostenibilidad de un rendimiento superior. Editorial Pirámide, Madrid. Ventura, J. (2008). Análisis Estratégico de la Empresa. Paraninfo, Madrid. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda/710G03004 | Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento/710G03005 | Internacionalización da Empresa de Moda/710G03025 | Modelos e Técnicas de Simulación Empresarial: Xogo de Empresa/710G03026 | Xestión da Cadea de Subministración de Moda II: Xestión de Operacións/710G03017 | Xestión Sustentable da Cadea de Valor da Moda/710G03018 | Xestión da Cadea de Subministración de Moda III: Loxística e Transporte/710G03019 | Recursos Humanos e Habilidades de Xestión en Empresas de Moda/710G03020 | Planificación e Control de Xestión en Empresas de Moda/710G03022 | Xestión Contable e Financeira na Empresa de Moda/710G03015 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Xestión da Innovación Industrial en Moda/710G03029 | Negocio Dixital da Moda/710G03031 | Taller 1: Plan de Empresa de Moda/710G03032 |
|
Materias que continúan o temario |
Prácticas Externas/710G03037 | Traballo Fin de Grao/710G03038 |
|
Observacións |
Recoméndase a revisión e seguimento do curso da materia no campus virtual, onde se deixarán os materiais e se informará das actividades a realizar. Tamén se recomenda a lectura frecuente da prensa económica e a asistencia ás clases interactivas con ordenador portátil ou tableta electrónica. Os traballos da materia entregaranse a través da aula virtual, en soporte dixital; e se non é posible, recoméndase a impresión en papel reciclado, a dobre cara e evitando o uso de materiais plásticos. |
|