Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1 - Coñecer e comprender os principios teóricos e metodolóxicos da xestión e documentación da información para aplicalos na súa actividade profesional |
A3 |
CE3 - Coñecer a realidade e os condicionantes sociais que inflúen na xestión da información |
B2 |
CB2 - Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en ambientes novos ou descoñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B3 |
CB3 - Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de facer xuízos a partir de información que, estando incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre responsabilidades sociais e éticas relacionadas coa aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B4 |
CB4 - Saber comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e os motivos finais que os sustentan- a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades |
B5 |
CB5 - Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito que sexa en gran parte autodirixido ou autónomo |
B6 |
CG1 - Capacidade de cooperación, traballo en equipo e aprendizaxe colaborativa |
B7 |
CG2 - Capacidade de reflexión e razoamento crítico |
B8 |
CG3 - Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos, información e operacións |
B9 |
CG4 - Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións |
B11 |
CG6 - Capacidade para comprender a importancia, valor e función da xestión dixital da información e documentación na actual sociedade das TIC |
C3 |
CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía que respecta a cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero |
C6 |
CT6 - Desenvolver a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento ambiental, económico, político e social sostible |
C7 |
CT7 - Valorar a importancia da investigación, a innovación eo desenvolvemento tecnolóxico no progreso socioeconómico e cultural da sociedade |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Distinguir as principais estratexias de procura para obter información empregando distintos recursos de información.
|
A3
|
B4 B5 B8
|
C6
|
Coñecer as principais institucións documentais e as características dos seus fondos. |
A1 A3
|
B3 B4 B6 B8 B11
|
C3 C6 C7
|
Coñecer e comprender os principios teóricos e metodolóxicos da xestión da información e a documentación para aplicalos na sua actividade profesional
|
A3
|
B2 B5 B6 B7 B8 B9
|
C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. INTRODUCIÓN Á TEORÍA DA INFORMACIÓN |
1.1. Introdución: Das orixes da escritura á sociedade da información e do coñecemento.
1.2. Conceptos principais.
|
2. TIPOLOXÍAS DE BIBLIOTECAS, ARQUIVOS E MUSEOS |
2.1. Concepto, funcións e tipoloxía de bibliotecas, centros de documentación, arquivos e museos.
2.2. Definición e tipos de documentos.
|
3. MANEXO DE FERRAMENTAS BIBLIOGRÁFICAS DIXITAIS |
3.1. Normas e estilos de citación e referencia bibliográfica
3.2. Xestores bibliográficos
3.3. Pautas de elaboración dunha bibliografía para traballos académicos.
|
4. BÚSQUEDA E RECUPERACIÓN DA INFORMACIÓN DIXITAL |
4.1. Introdución á selección, recuperación e avaliación da información.
4.2. Estratexias de búsqueda de información.
|
5. XESTIÓN DA INFORMACIÓN NAS ORGANIZACIÓNS |
5.1 Introdución: Conceptos, antecedentes e tendencias.
5.2 Principios da xestión de información
5.3 Procesos e fases
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
A1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 C3 C7 |
2 |
30 |
32 |
Sesión maxistral |
A1 A3 B2 B3 B4 B6 B11 C6 |
21 |
0 |
21 |
Traballos tutelados |
A1 B2 B3 B6 B7 |
1 |
40 |
41 |
Presentación oral |
B3 B4 |
8 |
6 |
14 |
Portafolios do alumno |
A1 A3 B4 B6 B7 B8 B9 B11 |
12 |
28 |
40 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
Método de avaliación dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, puidendo combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta curta (pechada ou non) e outras algo máis extensas para que o alumno reflexione sobre os contidos tratados na materia. |
Sesión maxistral |
Exposición oral dos contidos esenciais correspondentes aos temas do programa, que poderá ser apoiada por medios audiovisuais. Proposta de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas.
|
Traballos tutelados |
Realización por parte do alumnado dun traballo autónomo orientado á aplicación teórica e práctica dos contidos da materia, baixo a vixilancia e seguemento da profesora. Centrarase na elaboración dunha lista de referencias bibliográficas sobre un tema relacionado con el grado. Proporcionaranse instrucións precisas para a súa realización. Será obrigatorio consensuar o tema deste traballo coa docente dentro do plazo que se estableza a tal fin.
|
Presentación oral |
Ó longo das aulas procurarase a interación entre o alumnado e profesorado de xeito ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os traballos que se incluirán no portafolios. |
Portafolios do alumno |
Reunión virtual (a través da plataforma moodle) dos traballos dos alumnos que permitirán comprobar o seguimento dos contidos expostos, profundar nos contidos traballados e poñer en práctica as habilidades ensinadas. Realizaranse, entre outras posibilidades, procuras bibliográficas, procuras de información e consultas a diferentes recursos accesibles a través de Internet; actividades de resumo, comentario ou resposta a preguntas sobre lecturas, vídeos, conferencias, etc.; test de moodle ou google forms. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
Proba mixta |
|
Descrición |
As titorías da materia permitirán ao alumnado resolver dúbidas sobre os contidos, a forma de preparar o exame, traballos tutelados, traballos do portafolios e calquera outra actividade orientada ao longo do curso.
Empregaranse preferentemente as titorías presenciais e o correo electrónico e o chat de Teams. Acordándose previamente coa profesora, poderánse tamén realizar titorías por vídeo-conferencia a través de Teams.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A1 A3 B4 B6 B7 B8 B9 B11 |
Valorarase a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos.
|
30 |
Traballos tutelados |
A1 B2 B3 B6 B7 |
Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía utilizada.
|
30 |
Proba mixta |
A1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 C3 C7 |
Valorarase a adecuación das respostas ás preguntas plantexadas, o nivel de coñecementos demostrado, a ausencia de erros, as achegas persoais, así como a capacidade do alumnado para sintetizar, desenvolver, comparar ou relacionar de forma autónoma o contido teórico-práctico da materia. Terase en conta a expresión, corrección ortográfica e presentación, que poderán restar puntos.
|
40 |
|
Observacións avaliación |
Cando sexa necesario acordar un tema, non se avaliarán as entregas non consensuadas coa profesora no prazo establecido para tal fin. Cando se teña consignado unha práctica da metodoloxía portafolios, as restantes entregas desa metodoloxía non entregadas nos prazos que se establezan cualificaranse cun 0. Este será tamén ocaso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración e dos traballos copiados ou plaxiados.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. Para anos posteriores deberán presentarse novos traballos, o seu contido acordarase coa profesora. Será obrigatorio comunicar á profesora como se abordará á avaliación nesta segunda oportunidade. Será obrigatorio ter consensuado o tema do traballo tutelado como mínimo un mes antes da data fixada para o examen pola Facultade de Humanidades. Será obrigatorio presentar o traballo tutelado e portafolios como mínimo 15 días antes da data fixada para o examen pola Facultade de Humanidades. Para presentarse ao exame (proba mixta) será requisito imprescindible ter presentado previamente o portafolios e os traballos tutelados.
ALUMNOS CON ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA:
Terán que acordar unha titoría nas dúas primeiras semana de clase co fin de establecer un plan de traballo axeitado. Na primeira oportunidade, terán que decidir, de acordo coa profesora, se se acollen aos prazos de presentación de traballos da avaliación continua que serán comunicados ao longo do curso a través da plataforma Moodle ou se realizan unha entrega final de todos os traballos conxuntamente. Se os alumnos non solicitan esa primeira titoría nas dúas primeiras semanas de clase, entenderase que optan por presentar os traballos nas mesmas datas co resto do alumnado. Na segunda oportunidade, as datas de entrega límite serán as mesmas que para o resto do alumnado. O resto das condicións serán as mesmas que para os outros alumnos.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
RODRÍGUEZ BRAVO, Blanca (2011). Apuntes sobre representación y organización de la información. Gijón: Trea
CRUZ HERNÁNDEZ, Luis Alberto (2005). El bibliotecario hacia la gestión de la información. Escuela Nacional de Biblioteconomía y Archivonomía
LÓPEZ YEPES, José (1989). Fundamentos de Información y Documentación. Madrid:Eudema
PONJUÁN DANTE, Gloria (2007). Gestión de información: dimensiones e implementación para el éxito organizaciona. Gijón: Trea
COBARSÍ MORALES, Josep y Alexandre LÓPEZ BORRULL (2009). Introducción a la información y la documentación. Barcelona: UOC
SABÉS TURMO, Fernando y José Juan VERÓN LASSA (2008). La gestión de la información en la administración local. Sevilla y Zamora: Comunicación social
LÓPEZ YEPES, José Luís (2011). La sociedad de la documentación. Madrid: Fragua
CORDON GARCÍA, José Antonio et al. (2012). Libros electrónicos y contenidos digitales en la sociedad del conocimiento: mercado, servicios y derechos.. Madrid: Pirámide
CRUZ MUNDET, José Ramón (2005). Manual de Archivística. Madrid: Fundación Germán Sánchez-Ruipérez
LÓPEZ YEPES, José Luís, coord. (2006). Manual de Ciencias de la Documentación. Madrid: Pirámide
MOREIRO GONZÁLEZ, Jose Antonio (2000). Manual de documentación informativa. Madrid: Cátedra |
|
Bibliografía complementaria
|
Boletín de la ANABAD (). . ANABAD
Pecia Complutense (). . Madrid: Universidad Complutense
El Profesional de la Información (). .
Revista española de documentación científica (). .
Revista General de Información y Documentación (). . Madrid: Universidad Complutense
Anales de Documentación (). http://revistas.um.es/analesdoc/index . Murcia: Universidad de Murcia
BiD (). http://www.ub.es/biblio/bid/. Barcelona: Universidad de Barcelona |
A profesora poderá proporcionar nas clases bibliografía específica para cada un dos temas e actividades a desenvolver, co fin de adecuar e actualizar de maneira continua os contidos da materia. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Xestión da Información Fundamentos e Teoría/710G02073 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Arquivística/710G02017 | Biblioteconomía/710G04004 |
|
|