Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A14 |
A13 - Coñecemento da enxeñaría de sistemas aplicada á definición dun buque, artefacto ou plataforma marítima mediante a análise e optimización do seu ciclo de vida. |
B5 |
CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo. |
B6 |
G01 Capacidade para resolver problemas complexos e para tomar decisións con responsabilidade sobre a base dos coñecementos científicos e tecnolóxicos adquiridos en materias básicas e tecnolóxicas aplicables na enxeñaría naval e oceánica, e en métodos de xestión. |
B11 |
G06 Capacidade para realizar investigación, desenvolvemento e innovación en produtos, procesos e métodos navais e oceánicos. |
B12 |
G07 Capacidade de integración de sistemas marítimos complexos e de tradución en solucións viables. |
C2 |
C1 Capacidade pra desenrolar a actividade profesional nun entorno multilingue |
C3 |
ABET (a) An ability to apply knowledge of mathematics, science, and engineering. |
C4 |
ABET (b) An ability to design and conduct experiments, as well as to analyze and interpret data. |
C7 |
ABET (e) An ability to identify, formulate, and solve engineering problems. |
C12 |
ABET (j) A knowledge of contemporary issues. |
C13 |
ABET (k) An ability to use the techniques, skills, and modern engineering tools necessary for engineering practice. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecemento da enxeñaría de sistemas aplicada á definición dun buque, artefacto ou plataforma marítima mediante a análise e optimización do seu ciclo de vida. |
AP13
|
BM5 BP1 BP6 BP7
|
CM2 CM3 CM4 CM7 CM12 CM13
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: |
- Conceptos xerais.
- Introdución á enxeñaría de sistemas.
- Utilidade de sistemas.
- Planificación da loxística.
- A loxística no ciclo de vida do sistema.
- Xestión loxística.
- Análise do custo do ciclo de vida. |
BLOQUE I: CONCEPTOS XERAIS |
Tema 1: Conceptos xerais.
Tema 2: Introdución á enxeñaría de sistemas.
Tema 3: Utilidade dos sistemas. |
BLOQUE II: A LOXÍSTICA DO CICLO DE VIDA |
Tema 4: Planificación da loxística.
Tema 5: A loxística no ciclo de vida do sistema.
Tema 6: Xestión loxística. |
BLOQUE III: CUSTO E SUSTENTABILIDADE DO CICLO DE VIDA |
Tema 7: Concepto de sostenibilidade e de ciclo de vida.
Tema 8: Avaliación ambiental de procesos e produtos. Análise do ciclo de vida.
Tema 9: Ferramentas para a aplicación da análise do ciclo de vida.
Tema 10: Análise do custo do ciclo de vida. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A14 B5 B6 B11 B12 C2 C3 C4 C7 C12 C13 |
20 |
17.5 |
37.5 |
Solución de problemas |
A14 B5 B6 B11 B12 C2 C3 C4 C7 C12 C13 |
10 |
15 |
25 |
Traballos tutelados |
A14 B5 B6 B11 B12 C2 C3 C4 C7 C12 C13 |
4 |
20 |
24 |
Estudo de casos |
A14 B5 B6 B11 B12 C2 C3 C4 C7 C12 C13 |
10 |
15 |
25 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Solución de problemas |
Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Traballos tutelados |
Estudo de casos |
|
Descrición |
Os traballos tutelados, a solución de problemas e o estudo de casos serán propostos ao longo do curso, polo que o alumnado será guiado no desenvolvemento dos mesmos, requirindo unha atención personalizada. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A14 B5 B6 B11 B12 C2 C3 C4 C7 C12 C13 |
Consistirá na realización de diversas entregas durante o curso. |
100 |
|
Observacións avaliación |
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia será avaliado da mesma forma que o alumnado xeral. Os criterios de avaliación da
segunda oportundiades son os mesmos que os da primeira oportunidade.
Neste contexto, gardaranse as partes aprobadas para a segunda
oportunidade. Os criterios de avaliación da convocatoria extraordinaria son os mesmos que os da primeira oportunidade. Nota: Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material
non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación
expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a,
poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.
Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Carlos Ruiz Amador (2012). Análisis del ciclo de vida y huella de carbono. UNED
Alfonso Aranda Usón (2006). El análisis del ciclo de vida como herramienta de gestión empresarial. Confederación Confemetal
ISO (2016). ISO 14040:2006 Environmental management — Life cycle assessment — Principles and framework. ISO
Sergio Álvarez Gallego (2017). La huella de carbono y el análisis del ciclo de vida. AENOR |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir
co obxectivo do plan de acción do Green Campus Ferrol: 1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
2.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e
profesionais. 3. Segundo se recolle nas distintas normativas
de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista,
utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas…) |
|