Datos Identificativos | 2021/22 | ||||||
Asignatura (*) | Deseño de Personaxes | Código | 730529010 | ||||
Titulación |
|
||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | ||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | |||
Idioma |
|
||||||
Modalidade docente | Presencial | ||||||
Prerrequisitos | |||||||
Departamento | Socioloxía e Ciencias da Comunicación |
||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
||||
Web | |||||||
Descrición xeral | A materia pretende formar ao alumnado nas técnicas máis comúns de creación e ideación de personaxes, tanto no plano físico coma no psicolóxico, abordando as diferentes etapas do proceso creativo, os principais tipos de personaxes e a evolución dos mesmos ao longo do xogo, así como a súa adaptación a contextos especializados (ensino formal e informal, igualdade, ámbito institucional...). | ||||||
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos Non haberá. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen *Metodoloxías docentes que se modifican: A docencia expositiva e a interactiva (traballos titorizados) pasará a ser online. A presentación dos mesmos realizarase tamén por medio da plataforma Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Ningunha *Observacións de avaliación:Ningunha 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai |
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe | Competencias / Resultados do título | ||
Deseñar personaxes para videoxogos. | AP7 AP17 AP18 AP19 |
BP1 BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP11 BP12 BP14 |
CP1 CP2 CP3 CP4 CP5 CP6 CP7 CP8 |
Definir tanto o aspecto como a personalidade e comportamento dos sinalados personaxes. | AP7 AP17 |
BP1 BP2 BP11 BP12 BP14 |
CP2 CP3 CP4 |
Crear a historia de cada personaxe, a súa evolución e cambio ao longo do videoxogo, así como as interrelacións entre os distintos personaxes. | AP7 |
BP1 BP2 BP3 BP5 BP11 BP12 BP14 |
CP2 CP3 CP4 |
Comprender que esa historia determina o comportamento dos personaxes e que o seu deseño será a base para a creación dixital dos mesmos, da súa personalidade e a súa forma de actuar, moverse e comunicarse no xogo. | AP7 AP17 AP18 AP19 |
BP2 BP6 BP12 BP14 |
CP6 CP7 CP8 |
Manter a coherencia entre o deseño de personaxes e a narrativa e xogabilidade definidas para o xogo. | AP7 |
BP2 BP3 BP4 BP6 BP11 BP12 BP14 |
CP2 CP3 CP4 |
Contidos |
Temas | Subtemas |
TEMA 1: Introducción | 1.1. Personalidade 1.2. Audiencia 1.3. Plataforma 1.4. Obxectivo 1.5 Orixinalidade |
TEMA 2: Concepto de personaxe | 2.1. Etapas creativas 2.2. Aspecto visual e físico 2.3. Personalidade e psicoloxía 2.4. Tipos de personaxes 2.5. Lonxevidade |
TEMA 3: Evolución dos personaxes | 3.1. Historia en tres actos 3.2. Evolución visual e física 3.3. Evolución psicolóxica 3.4. Evolución segundo tipos de personaxe |
TEMA 4: Deseño de personaxes en contextos especializados | 4.1. Ensino formal 4.2. Educación non formal 4.3. Igualdade 4.4. Política e institucións públicas |
Planificación |
Metodoloxías / probas | Competencias / Resultados | Horas lectivas (presenciais e virtuais) | Horas traballo autónomo | Horas totais |
Sesión maxistral | A7 A17 A18 B1 C8 | 8 | 10 | 18 |
Traballos tutelados | A7 A17 A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B11 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | 7 | 42 | 49 |
Eventos científicos e/ou divulgativos | A7 A17 A18 A19 B1 B2 B3 B11 C5 C7 C8 | 3 | 1.5 | 4.5 |
Presentación oral | A7 A17 A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B11 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | 1 | 0.5 | 1.5 |
Atención personalizada | 2 | 0 | 2 | |
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Clases expositivas nas que se desenvolverán os temas indicados no punto de contidos, explicando teorías e tendencias relacionadas con cada un deles e amosando exemplos específicos que faciliten a comprensión. |
Traballos tutelados | Os alumnos/as, agrupados en parellas, elaborarán un traballo final consistente na concepción, creación e deseño de dúas personaxes para videoxogos. Para elo, en cada sesión irán avanzando en traballos parciais, supervisados polo profesor, de acordo coa seguinte orde: 1. Planificación, 2. Deseño básico, 3. Evolución física 4. Evolución psíquica. Finalmente, na última clase cada parella exporá e xustificará a súa proposta ante o profesor e os compañeiros/as de materia, que, á súa vez, avaliarán tamén o traballo presentado. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Unha das sesións, preferentemente a cuarta, estará destinada a unha conferencia, con formato de masterclass, a cargo dun/ha profesional do sector. |
Presentación oral | Como foi sinalado no apartado de traballos tutelados, na última clase as diferentes parellas, que foron traballando nos seus personaxes ao longo das distintas sesións, exporán e xustificarán a súa proposta ante o profesor e os compañeiros/as de materia, que, á súa vez, avaliarán e analizarán tamén o traballo presentado. |
Atención personalizada |
|
|
Avaliación |
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A7 A17 A18 B1 C8 | Salvo nos casos de dispensa académica, valorarase a asistencia e participación activa nas sesións maxistrais. | 15 |
Traballos tutelados | A7 A17 A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B11 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | O traballo tutelado, entendendo por tal a entrega final que deban facer os alumnos/as a través do Moodle, así como os traballos parciais feitos na aula (que serán incorporados ao traballo final) constitúen o criterio fundamental de avaliación da materia, pois neles serán plasmados os coñecementos adquiridos ao longo das sesións maxistrais e do seminario. | 70 |
Presentación oral | A7 A17 A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B11 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Tamén será tida en conta para a avaliación total a exposición que fagan os alumnos/as do seu traballo final na última das sesións da materia, valorándose aspectos como a claridade expositiva, a capacidade de argumentación ou a xustificación e coherencia do traballo realizado en relación cos obxectivos marcados. | 15 |
Observacións avaliación | |||
Para a avaliación deste traballo final, ademais das cuestións de contido relativas á creación e deseño de personaxes, serán valorados positiva ou negativamente aspectos formais como a presentación e deseño do documento ou a calidad da expresión escrita, xa que que se trata de competencias básicas do alumnado universitario e de reproducir no posible os condicionantes de trabajos profesionais. Para superar a materia deberá obterse un mínimo 3,5 puntos (35 sobre 100) no traballo tutelado e un 0,75 (7,5 sobre 100) na presentación oral.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
|
|
Bibliografía complementaria |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente | ||
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente | ||
|
Materias que continúan o temario | ||
|
Observacións | |
Green Campus1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
2. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |