Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Afondar nas potencialidades do deseño visual e sonoro para a narrativa dun videoxogo e a súa xogabilidade |
AP10 AP11 AP18
|
BP2 BP14
|
CP1 CP4
|
Deseñar a escenografía dun videoxogo atendendo ao xénero e en coherencia co seu deseño narrativo e xogabilidade.
|
AP10 AP17 AP18 AP19
|
BP1 BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP11 BP12
|
CP1 CP3 CP4 CP5 CP6 CP7
|
Enfrontarse ao deseño sonoro dun videoxogo tanto no que respecta á creación de espazos como á selección de música e os sons-acción, dende unha perspectiva estética e/ou funcional.
|
AP10 AP11
|
BP1 BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP11 BP12 BP14
|
CP1 CP2 CP3 CP4 CP5 CP6 CP7 CP8
|
Abordar o deseño e creación de obxectos de atrezo específicos para cada contorna tendo en conta o deseño narrativo, xogabilidade e personaxes do videoxogo.
|
AP10 AP11 AP17 AP18 AP19
|
BP1 BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP11 BP12 BP14
|
CP1 CP2 CP4 CP6 CP7 CP8
|
Crear as contornas, escenografías e ambientación dun videoxogo, tanto dende unha perspectiva visual como sonora. |
AP11 AP17 AP18
|
BP2 BP5 BP6 BP12 BP14
|
CP2 CP6 CP8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución |
· Mundos do xogo
· Localizacións
· Estilo visual |
2. Deseño visual |
· Aspectos culturais, estéticos e semióticos
· Deseño visual y xogabilidade |
3. Escenografía e atrezzo |
· Arquitectura
· Vexetación
· Obxectos de atrezzo
· Fluxo de traballo |
4. Props |
· Cualidades e relevancia
· Equipamento dos personaxes
· Vehículos e maquinaria
· Evolución visual e narrativa
· Fluxo de traballo |
5. Deseño sonoro |
· Deseño de son para contornas interactivas
· A música nos videoxogos
· Efectos de son
· Voces
· Fluxo de traballo |
6. Ambientación |
· Iluminación e cor
· Efectos ambientais
· Paisaxes sonoros |
7. Documentación |
· O libro de arte de entornos. Contidos e desenvolvemento
· Props. Ficha de especificidades
· Documento de deseño sonoro. Contidos e desenvolvemento |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A10 A11 A19 B2 B4 B6 B12 B14 C1 C2 C4 C5 C6 C8 |
6 |
42 |
48 |
Presentación oral |
B1 B2 B3 B4 C1 C3 C4 |
2 |
2 |
4 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A10 A11 A18 B1 B5 C7 |
3 |
0 |
3 |
Sesión maxistral |
A17 A18 B1 B3 B5 B11 C3 C7 |
9 |
10 |
19 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Desenvolvemento do deseño de espazos, escenografía, ambientación e props dun videoxogo tanto dende unha perspectiva visual coma sonora. |
Presentación oral |
Presentación do traballo. A presentación centrase naqueles aspectos más salientables do deseño levado a cabo ademais de responder a cuestións relativas ás decisións adoptadas no plano estético/narrativo.
|
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Conferencia a cargo dun profesional experto no deseño de contornas en xeral, ou dalgún aspecto concreto do temario. |
Sesión maxistral |
Clase expositiva ilustrada con exemplos de videoxogos.
Nas sesións maxistrais poderanse desenvolver actividades encamiñadas a facilitar a comprensión da materia así como discusións dirixidas, que esixan ao estudantado amosar a adquisición de conceptos e coñecementos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Presentación oral |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
Nesta materia estableceranse fórmulas para a atención aos estudantes, a resolución de cuestións e o seguimento do traballo persoal/grupal tanto nas clases e horas oficiais de tutorías, como noutros momentos, a través de Moodle e outras canles TIC.
No caso de estudantes con Dispensa académica, dado a orientación práctica desta materia, estableceranse fórmulas personalizadas de titorización que faciliten ao/á alumno/a o seguimento da asignatura e o desenvolvemento do traballo, sempre respetando a organización e posibilidades docentes.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A10 A11 A19 B2 B4 B6 B12 B14 C1 C2 C4 C5 C6 C8 |
Deseño de espazos, escenografía, ambientación e props dun videoxogo tanto dende unha perspectiva visual coma sonora.
Esta avaliación atenderá a os criterios fixados na clase. |
80 |
Presentación oral |
B1 B2 B3 B4 C1 C3 C4 |
Presentación do traballo.
Teranse en conta aspectos como contidos, expresión oral, participación e/ou capacidade de síntese, entre outros. En calquera caso, ditos criterios de avaliación concretaranse na aula.
|
20 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia é preciso ter aprobado o traballo tutelado (mínimo 4 puntos) e obter un mínimo de cinco puntos na calificación final (sumatorio de traballo tuleado e presentación oral). Para a avaliación da materia cómpre presentarse as dúas actividades con peso na nota final: traballo tutelado e presentación oral. No caso de non desenvolver algunha destas actividades, ou non facelo en tempo e forma, sinalarase un "Non presentado" na correspondente convocatoria. A realización fraudulenta das probas ou actividades de evaluación implicará directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquer cualificación obtida en toda as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria. Polo tanto, aqueles traballos que conten con algún apartado, deseño ou proposta copiada, serán calificados cun cero, co consecuente suspenso na materia. Os/as estudantes con dispensa académica deberán presentarse e superar ambas partes -traballo e presentación oral- se ben, no caso de incompatibilidades, poderán desenvolver a presentación oral noutra data-hora previamente acordada coa docente. En calquera caso na primeira titoría se comunicarán os aspectos e especificacións destas tarefas, deseñando un itinerario personalizado en función as posibilidades e intereses docentes-discentes. Convocatoria de decembro e segunda oportunidade: No caso de que o/a alumno/a non teña entregado os elementos requeridos para superar con éxito a evaluación ordinaria, deberá entregalos en calquera das demáis convocatorias. Se si entregou os materiais requeridos pero estes teñen sido objecto de correcións ou suxerencias de mellora (que impediron superar a asignatura na convocatoria ordinaria), na seguinte convocatoria á que concorra deberá presentar ditos materiais coas melloras ou cambios que se lle comunicaron e/ou as ampliacións de contido requeridas polo/pola docente da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Shell, Jesse (2008). Art of Game Design: A Book of Lenses. Burlington. Morgan Kaufmann
González Jiménez, Daniel (2014). Arte de videojuegos: da forma a tus sueños. Paracuellos de Jarama. Ra-Ma
Brandon, Alexander (2005). Audio for games: Planning, process and production. Brandon, Alexander
Pardew, Less (2005). Beginning Illustration and Storyboarding for Games. Boston. Thomson CourseTecnology PTR.
Hoffert, Paul (2007). Music for new media. Boston. Berklee Press
Galuzin, Alez (2016). Preproduction Blueprint: How to plan game environments and level designs paperback. WorldoflevelDesign.com |
Nesta materia Moodle constitúe a principal fonte de información dado o seu emprego como espazo para centralizar e organizar os diferentes recursos didácticos. Nesta esta plataforma o/a alumno/a terá á súa disposición material de consulta, exemplos de apoio, así como diversos recursos -como bancos de son ou música creative commons- necesarios tanto para un correcto seguimento da materia e desenvolvemento do traballo como para ampliar e enriquecer os contidos tratados na aula. |
Bibliografía complementaria
|
Chion, Michel (1994). La audiovisión. Introducción a un análisis conjunto de la imagen y sonido. Barcelona: Paidós |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Taller de Deseño de Videoxogos I/730529005 | Deseño Narrativo/730529003 | Arte de Concepto I. Personaxes/730529007 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Deseño de Personaxes/730529010 | Arte de Concepto II. Contornas/730529017 | Deseño de Xogabilidade/730529011 | Deseño de Niveis/730529013 | Taller de Deseño de Videoxogos II/730529015 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostido e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol". A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
· Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático
· Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
· En caso de ser necesario realizalos en papel:
- Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
- Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais
- Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
-
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
|
|