A. NORMATIVA DE AVALIACIÓN:
Condicións de avaliación: está prohibido acceder á
aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior
e/ou almacenamento de información.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.
Identificación do/da estudante: o/a estudante terá que
acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.
B. TIPOS DE CUALIFICACIÓN:
Cualificación de non presentado: corresponde ao alumnado,
cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación
inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación
alcanzada.
Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia: os/as estudantes con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de
asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que os alumnos a tempo
completo.
C. OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de
avaliación indicados.
Segunda oportunidade: os criterios de avaliación son os
mesmos para todas as oportunidades de avaliación.
Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada séguense
os mesmos criterios que para a primeira e segunda oportunidade.
D. OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:
a) Exame (proba de resposta múltiple):
30% da cualificación.
b) Traballos tutelados:
70% da cualificación.
A nota agregada (a+ b) deberá ser igual ou superior a 5
puntos sobre 10 para poder superar a materia. Os criterios de avaliación son os
mesmos para a primeira e a segunda oportunidade de cada convocatoria, así como
para a convocatoria adiantada. No caso de non superar a materia na primeira
oportunidade, pódese gardar a puntuación do traballo tutelado (parte b) para a segunda oportunidade e para a
convocatoria adiantada, ou se pode facer un novo traballo de maneira
individual, que deberá presentarse tres días antes da data sinalada para o
exame oficial.