Para superar a materia, o alumno deberá obter unha calificación mínima de 5
sobre 10 na suma das calificacións da proba obxectiva e as
prácticas de laboratorio. Para poder sumar as dúas notas o estudante deberá
obter unha nota mínima de 3,5 sobre 10 na proba obxectiva. Se non obtén esta
nota mínima, a nota da materia será a correspondente a nota da proba obxectiva.
Estudantes con matrícula a tiempo parcial e dispensa académica:
Indicar o profesor a situación de este tipo de
estudantes. A entrega dos traballos ten que realizarse nada datas establecidas
para tódolos estudantes.
Segunda oportunidade e Convocatoria adelantada:
O estudante ten que facer o exame da proba obxectiva nestas convocatorias,
sendo os criterios para obter a nota total os indicados ó principio deste
apartado. En canto a nota obtida nas Prácticas de Laboratorio manterase,
podendo subir esta nota ó facer as entregas dos traballos de prácticas, non
podendo recuperarse a parte da nota que se corresponde co traballo nas clases de
prácticas.
Plaxio:
En calquiera entrega na que se detecte plaxio, a entrega será valorada cun
cero. O plaxio na proba obxectiva será sancionado dacordo coa normativa vixente
da universidade